Agregador de novas

Ni 0,05 ni ningún otro umbral fijo: prosigue la discusión sobre p.

Investigación y Ciencia - fai 14 horas 3 min
Un grupo de científicos discrepa de la propuesta de adoptar un umbral fijo que haga más difícil atribuir a un resultado la condición de estadísticamente significativo.
Categorías: Ciencia

A Xbox One proba o soporte de webcams USB

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 21:05

Os usuarios de Xbox One podían integrar a súa imaxe nos vídeos de emisión en directo se contaban cun sensor Kinect, pero a última versión de proba do software de sistema da consola de Microsoft activa o soporte de webcams de terceiros, de xeito que os xogadores que queiran retransmitir as súas partidas a través de Mixer poden aproveitar a webcam USB que teñan no seu PC (como as populares webcams de Logitech) para poder integrar a súa imaxe co da partida que están a xogar na consola.
Esta novidade chega no chamado Preview Alpha Ring do programa Insider de Xbox, comezando a estar dispoñible hoxe (algúns usuarios poden tardar semanas en recibila) e pouco a pouco irase probando para a súa posterior aplicación a calquera usuario de Xbox One, xa que Microsoft quere manter esta funcionalidade en probas mentres non se proben un bo número de webcams e poidan pulir esta prestación da Xbox One.
A integración da imaxe dunha webcam dende a Xbox One ten unha grande diferenza fronte ao uso do sensor Kinect, que consiste na eliminación do son da cámara, xa que as webcams carecen normalmente de tecnoloxía de cancelación de eco que si ten Kinect, de xeito que os usuarios que queiran falar durante as retransmisións terán que usar un auricular con micrófono para recoller os seus comentarios en vivo.
Aparte de Mixer, outra aplicación que tamén tirará proveito do uso de webcams será Skype, que facilita así o xeito de realizar videoconferencias no salón a través da consola de videoxogos.

Categorías: Ciencia

A canle infantil Clan iniciará as súas emisións en HD en outubro

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 20:24

A primeiros de mes Televisión Española deu conta durante a presentación da nova programación de La 2 que esta canle pasará a emitir en alta definición o mes que vén, e esta semana, José Antonio Sánchez, presidente da Corporación da RTVE, anunciou durante a xuntanza mensual do Consello de Administración do ente que o 1 de outubro La 2 HD non botará a andar soa, senón que contará coa compaña de Clan HD, a versión en alta definición da súa canle infantil.
Deste xeito xa estarían en alta definición La 1, La 2, Teledeporte e Clan, quedando só en definición estándar Canal 24h. A estrea das emisións en alta definición non supón o cesamento das emisións en definición estándar, medida anti-económica, pero que busca atender ao servizo público, xa que moitos consumidores ao adaptarse á TDT adquiriron receptores que non son compatibles coas emisións en HD.
A incorporación á grella da TDT de La 2 HD e Clan HD iniciarase o 1 de outubro, aínda que é posible que nalgúns territorios non cheguen até primeiros de 2018. No caso galego a meirande parte dos repetidores inclúen estes programas de TDT no MUX 22 o no 54, de xeito que chegará con explorar manualmente tal frecuencia para recibir as novas canles unha vez inicien as súas emisións.

Categorías: Ciencia

O vindeiro luns presentarase en Compostela a nova edición de ViaGalicia

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 20:11

ViaGalicia, a aceleradora promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, presenta o luns, 25 de setembro, a súa quinta edición na Axencia Galega de Innovación ás 12:30 horas, evento no que explicaranse os obxectivos e as distintas fases do programa de aceleración de ViaGalicia. Ademais, expoñeranse algúns casos de éxito de proxectos acelerados en anteriores edicións e responderanse ás posibles dúbidas dos asistentes.
Esta nova edición, cuxo prazo de inscrición finaliza o vindeiro 29 de setembro, conta cun orzamento de 2,65 millóns de euros para apoiar proxectos de negocio a través dun completo programa de aceleración de 18 meses, dedicados a formación, asesoramento, mentoring, coworking e financiamento.
A inscrición de iniciativas innovadoras, para as que os emprendedores poderán obter ata 125.000 euros en axudas directas e de capital risco, pode realizarse a través da páxina web da iniciativa. Como novidade da quinta edición, impulsaranse dous proxectos de edicións anteriores, que participarán directamente na nova fase de aceleración.

Un programa en seis fases

Tras finalizar a fase inicial de inscricións, levará a cabo unha primeira selección de oitenta proxectos que participarán no Startup Day, xornada na que se avaliarán as habilidades dos emprendedores e do que sairán seleccionados corenta. Estes recibirán seis semanas de pre-aceleración nas sedes de ViaGalicia (situadas en Vigo e Lugo, segundo o seu lugar de inscrición) durante a fase de Academia, na que se lles achegarán as ferramentas necesarias para adquirir competencias que lles axuden a definir o seu modelo de negocio e mellorar as súas propostas de valor.
Na seguinte fase, Demo Day, deberán defender a súa proposta fronte ao Comité Técnico, formado por expertos de ViaGalicia e por representantes das entidades colaboradoras. Este comité seleccionará os quince mellores proxectos que pasarán á fase de Aceleración.
A Aceleración desenvolverase durante seis meses no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle (Nigrán), co apoio dun experto equipo de titores e mentores. Todo un traballo conxunto ata que, coas mellores garantías de éxito, os proxectos alcancen as métricas necesarias para presentarse a futuras roldas de investimento. Na última fase, Investors Day, os emprendedores defenderán o seu proxecto fronte a empresas, colaboradores e fondos de investimento para captar novos socios.

Categorías: Ciencia

O CESGA achéganos o día 26 á tecnoloxía cuántica: computación e intelixencia artificial

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 17:14
O investigador en tecnoloxías cuánticas, Enrique Solano

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai celebrar a semana vindeira catro eventos relacionados co cálculo avanzado ao servizo de múltiples eidos de investigación e dunha manchea de retos do noso día a día empresarial, científico e tecnolóxico. A primeira das actividades deste máis que completo programa do CESGA para a recta final de setembro desenvolverase o día 26. Trátase do II Workshop IqGal, a celebrar baixo o título Computación Cuántica e Intelixencia Artificial Cuántica. Contará coa presenza, en aberto, do profesor Enrique Solano, da Universidade do País Vasco (Bilbao).
Os obxectivos do evento pasan, en boa medida, por describir pedagoxicamente a fusión de paradigmas de informática cuántica con intelixencia artificial cuántica e cos conceptos englobados baixo a etiqueta de Machine Learning (máquinas con capacidade de aprender conceptos e tomar decisións). Ao mesmo tempo, abordarase a necesidade de afondar no desenvolvemento de hardware cuántico con software cuántico.
Segundo informa o CESGA, o profesor Enrique Solano é o director do grupo Quantum Technologies for Information Science (QUTIS), na Universidade do País Vasco en Bilbao. A súa equipa está considerada un dos think-tank teóricos máis creativos e influentes no amplo espectro das tecnoloxías cuánticas, sexa na computación cuántica, simulación cuántica, ou biomimética cuántica. De feito, unha gran cantidade das propostas feitas polo QUTIS foron recollidas e implementadas nos maiores laboratorios de tecnoloxías cuánticas, sexa en institucións científicas como ETH Zürich, ou grandes empresas tecnolóxicas como Google.
O programa do evento compleméntase cunha visita ao Laboratorio Óptico da USC, e (con participación de público limitada) coas intervencións dos investigadores Joaquín Ossorio (ITMATI, Universidade de Santiago), Marcos Curty (Universidade de Vigo) e Andrés Gómez (CESGA).

Categorías: Ciencia

Netflix engade soporte de HDR para os novos iPhone

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 14:22
A pantalla do iPhone X soporta a tecnoloxía de HDR Dolby Vision

Aínda que a tecnoloxía HDR a asociamos normalmente a televisores 4K, nos últimos meses está a chegar a dispositivos móbiles, e dende Netflix saben tirar proveito diso, e xa que este tipo de contido está restrinxido ao seu plan máis caro, ven atinado ampliar rapidamente o número de dispositivos soportados para animar aos subscritores a contratar o plan premium (que inclúe contidos en ultra alta definición e permite até 4 reproducións simultáneas).
Inicialmente vimos como o LG G6 era o primeiro dispositivo en soportar Dolby Vision coa aplicación de Netflix, para logo chegar o LG V30, o Sony Xperia XZ1, o Sony XZ Premium e o Samsung Galaxy Note8; e agora temos que Netflix vén de activar o soporte de Dolby Vision para o iPhone 8, o iPhone 8 Plus e o iPhone X, de xeito que os usuarios dos últimos produtos de Apple xa poden tirar proveito da calidade das súas pantallas consumindo series e películas á carta.
Cómpre lembrar que os contidos en 4K con HDR en Netflix e en calquera outra plataforma aínda son unha rara avis, limitándose principalmente a novas producións emblemáticas, xa que a incorporación destas tecnoloxías aínda é bastante cara e complexa, e en boa parte das ficcións suporía un esforzo que non valoraría o usuario final.

Categorías: Ciencia

O Mercado de Recimil acolle este sábado un obradoiro de robótica para os máis pequenos

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 09:40

Este sábado 23 de setembro, a partir das 10.30 horas, o Mercado de Recimil de Ferrol acollerá un obradoiro de robótica. A actividade, orientada “aos máis pequenos da casa” (nenas e nenos de entre 7 e 12 anos), xirará arredor da vertente máis creativa da robótica: a vertente que convida aos rapaces a facer enxeños coas súas propias mans, estimulando o seu maxín e a súa creatividade. Nun plano máis detallado, traballarán con pezas de Lego, sensores e motores para dar vida a diferentes aparellos robóticos (robots, vehículos, animais ou “o que suxira a imaxinación dos peques”. A idea é brindarlles aos cativos unha oportunidade para divertirse mentres os maiores elixen e mercan os produtos frescos do Mercado.
A actividade enmárcase dentro do programa de actividades que a Asociación de Comerciantes do Mercado de Recimil organiza ao longo do ano co apoio do Concello de Ferrol para dinamizar os seus negocios e animar a comprar nos diferentes postos. Para máis información, podemos consultar o Facebook do mercado, no que se vai dando conta puntual de todas as actividades a celebrar.
Respecto das inscricións no obradoiro, podemos facer a reserva en Espacio Vivo e nos teléfonos 981 944 912 ou 608 065 276.

Categorías: Ciencia

Arranca Pont-Up Store 2017, a mostra pontevedresa do noso pulo innovador

códigocero - Ven, 09/22/2017 - 09:39

O evento Pont-Up Store 2017, referente galego e estatal do emprendemento innovador deste mes de setembro, inaugúrase hoxe no espazo multiusos do recinto na praza de España de Pontevedra. O acto desenvolverase ante a presenza dos responsábeis de máis de 40 novas empresas, que estarán toda a xornada de hoxe amosando os seus produtos e servizos nos diferentes stands da carpa instalada na praza de España. Trala apertura, os representantes das entidades organizadoras e colaboradoras realizarán unha visita institucional ao recinto e ao Fab-Lab emprazado nas salas de exposicións da Facultade de Belas Artes e Escola Superior de Conservación e Restauración. O programa da Pont-Up Store 2017 inclúe máis de corenta actividades, entre obradoiros, seminarios, coloquios e encontros. Este programa desenvolverase nunha ducia de recantos da cidade. Por exemplo nas devanditas Facultade e Escola, onde se levan celebrando dende o día 19 obradoiros e coloquios sobre fabricación dixital e creatividade (ao abeiro do Fab-Lab).
Na inauguración participarán Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Dolores Gonzalez, vicerreitora de Estudantes; Guillermo Viña, xerente de Igape Nova; José Manuel Mourelo, xerente de RSC de Abanca; Alberto Costas, xerente de Alianzas Estratéxicas de R; Pablo Fernández, presidente de AJE Pontevedra; Carmen San Martín, director de Camp Tecnológico Galicia, e Pedro Figueroa, director do Pont-Up Store.
A cuarta edición da Pont-Up Store 2017 celébrase até o 23 de setembro e vén novamente da man do Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) no marco do proxecto e especialización CREA S2i. Amais, cóntase coa colaboración de tres ducias de empresas e institucións, co Concello como patrocinador principal e contando co apoio da Deputación.
O programa definitivo do evento foi presentado o pasado 7 de setembro polo seu director, Pedro Figueroa, quen salientou o poder de convocatoria da feira e o seu carácter multidisplinar, amais de “ter capacidade para xuntar empresas de múltiples sectores”, desde a moda, a alimentación ou ecoloxía, até o deseño gráfico, a educación e as novas tecnoloxías da información, outorgando ademais un “papel moi importante á economía social", como salientou o director dun evento que reúne a emprendedores de toda Galicia e no que “máis do 33% dos proxectos proceden das vilas e do rural”.
Como dixemos, Pont-Up Store terá como núcleo o recinto da praza de España no que, hoxe e mañá, 41 empresas con menos de tres anos e medio de traxectoria seleccionadas de entre máis de 120 candidaturas amosan á cidadanía os seus produtos e servizos. E fano nos 36 stands cos que conta este recinto e a través de diferentes actividades de dinamización, que abranguen propostas como a arte floral, o álbum ilustrado ou a cata de cervexas, así como no Puntazo Express, evento no que dez emprendedores presentarán o seu proxecto empresarial a perante directivos de compañías galegas referenciais.
A carpa verase complementada, entre outras moitas cousas, cun recanto de foodtrucks, tanto de emprendedores seleccionados como da PonteVan, promovida por diferentes institutos da cidade, así como pola súa prolongación nas salas de exposicións do edificio que comparten Belas Artes e Restauración.

Categorías: Ciencia

Jellyfish caught snoozing give clues to origin of sleep

Nature - Ven, 09/22/2017 - 02:08

The brainless marine creatures are the simplest organisms known to seek slumber.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22654

Categorías: Ciencia

High-energy cosmic rays come from outside our Galaxy

Nature - Ven, 09/22/2017 - 02:08

Giant observatory announces long-awaited result.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22655

Categorías: Ciencia

Origen evolutivo del plegamiento del ADN

Investigación y Ciencia - Ven, 09/22/2017 - 00:00
El modo en que el ADN de las arqueas se compacta tiene muchos puntos en común con el de los eucariotas.
Categorías: Ciencia

Instagram permite aplicar filtros faciais nos vídeos en directo

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 23:30

A partires de hoxe a aplicación de Instagram conta cunha nova funcionalidade: será posible xogar cos filtros faciais durante as retransmisións en vivo. Deste xeito, durante un vídeo en directo será posible engadir elementos á cara do usuario á vez que se comunica con amigos e seareiros.
O uso de filtros faciais poderá configurarse antes ou durante as retransmisións en directo, e como é costume neste tipo de vídeo, tamén será posible gardalos para a súa publicación a xeito de repetición nas historias de Instagram.
Aínda que falamos dunha novidade que comeza hoxe a súa implantación, podería tardar semanas en chegar a todos os usuarios de Instagram a nivel mundial.

Categorías: Ciencia

Os televisores UHD de Samsung poderán gozar dos partidos do Madrid e o Barça en 4K

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 23:00

Samsung anunciou hoxe o peche dun acordo con beIN CONNECT para ofrecer os partidos de LaLiga do Real Madrid C.F. e o F.C. Barcelona, así como a final da UEFA Champions League en formato 4K, ou sexa, que a través da aplicación de beIN CONNECT para Smart TV ultra alta definición de Samsung poderase gozar ao máximo de calidade destes encontros deportivos para os que a compañía surcoreana consegue a exclusiva en televisores conectados.
Os televisores 4K de Samsung xa contan actualmente coa aplicación de beIN CONNECT, precisando darse de alta para poder gozar en ultra alta definición dos partidos do Madrid e o Barça, que esta semana serían o Deportivo Alavés e Real Madrid C.F. a través de beIN LaLiga 4K e entre o Girona F.C. e o F.C. Barcelona en vídeo baixo demanda.
Samsung xa conta nos seus televisores coas aplicacións oficiais de Netflix, Rakuten TV e HBO España, de xeito que suma un dos mellores catálogos de aplicacións para Smart TV do mercado, para comodidade dos seus usuarios, que non teñen que empregar dispositivos adicionais para poder acceder a contidos nas distintas plataformas de streaming.

Categorías: Ciencia

A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 22:31

Os editores da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, están a organizar un concurso de debuxo para complementar visualmente o artigo de María Victoria Moreno, a vindeira homenaxeada na festa da nosa cultura do 17 de maio en 2018. O Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras está aberto a todos os internautas, pudendo achegar un debuxo ou material gráfico feito a través de calquera outra técnica artística. Os requirimentos son: que o deseño fornecido sexa dixital e que veña licenciado de xeito que sexa compatíbel coa política da Galipedia. Ou sexa, deberá facerse en Wikimedia Commons e dentro da categoría María Victoria Moreno.
O certame ten a súa orixe nunha realidade coa que teñen con convivir os autores da Galipedia dende a orixe do proxecto: a dificultade (por mor das políticas de uso de imaxes) para ilustrar certas entradas, sobre todo as correspondentes a persoeiros finados nos últimos oitenta anos. Segundo fan saber, “isto é debido a que non adoita haber imaxes deles, dispoñíbeis, que non estean suxeitas a dereitos de autoría”.
O prazo de publicación para entrar no concurso remata o 31 de decembro de 2017, inda que logo os participantes poden seguir cargando os deseños que queiran, fóra da competición. Finalizado o prazo de publicación haberá unha votación aberta na que se elixirá o retrato, que seguramente será a ilustración primeira que aparecerá no artigo de María Victoria Moreno. Este retrato e máis os dous seguintes con máis votos serán os que se repartirán os premios do concurso.
Tanto os ficheiros gañadores como os outros participantes, cargados no proxecto, poderán aparecer na páxina: Galería de imaxes de María Victoria Moreno.
O gañadores, amais da satisfacción de ver publicada a súa obra en varias páxinas de referencia na Rede (na Wikipedia en galego e noutras linguas, así como noutros proxectos irmáns, como, por exemplo, Wikiquote), optarán aos seguintes premios (por orde votos): un exemplar do libro de Eli Ríos (2016) Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno de Urco Editora, un bono de 100 USD para gastar na tenda de Wikimedia (https://store.wikimedia.org) e un bono de 50 USD para gastar na tenda de Wikimedia.

Categorías: Ciencia

United Kingdom sees dip in European research applications after Brexit vote

Nature - Xov, 09/21/2017 - 16:36

But overall data don't show a big impact on UK's involvement with European science.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22624

Categorías: Ciencia

Fossilized poo reveals that vegetarian dinosaurs had a taste for crabs

Nature - Xov, 09/21/2017 - 16:36

Ancient crustaceans in dino dung from Utah illuminate herbivores’ broad diet.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22649

Categorías: Ciencia

O CPEIG achega ao seu apoio ao obradoiro Novicrea 4.0 de Celanova, Verea e Bande

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 13:58

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de anunciar que vai colaborar cos Concellos de Celanova, Verea e Bande e máis coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a posta en marcha e desenvolvemento dunha actividade formativa directamente encamiñada a impulsar a inserción laboral da comarca ourensá. Estamos a falar do obradoiro de emprego Novicrea 4.0 novos vieiros de emprego, impulsado de xeito conxunto polos devanditos Concellos ourensáns para materializalo ao longo dos meses vindeiros (entre este mes de setembro e maio de 2018).
Esta actividade, na que participarán uns vinte desempregadas/os da bisbarra, está coordinada por Antonio Piñeiro, cuxo obxectivo (e do seu equipo) é fornecer dun obradoiro de emprego que, amais de ser un obradoiro, sexa un espazo de exploración para proxectos formativos de futuro, proxectos relacionados directamente coas TIC.
Segundo informa o CPEIG, o seu labor centrarase en dar apoio tecnolóxico e formativo ao proceso de selección de persoal (directivo, docente, alumnado-traballadores) do obradoiro de emprego. Esta colaboración inscríbese na liña de traballo deseñada polo CPEIG de apoio a todas aquelas entidades e organizacións que requiran do asesoramento externo do ente colexial que representa os profesionais da enxeñaría en informática.

Categorías: Ciencia

O creador de Buscadestinos.com imparte en Vigo un curso de WordPress

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 13:22

A semana que vén os profesionais de Vigo e contorna que anden na procura de coñecemento útil en materia de comunicación en liña, efectiva e económica, van ter oportunidade de acadalo. Máis polo miúdo, a través do Obradoiro sobre WordPress para principiantes que organizan AJE Vigo e Esterea na sede da primeira entidade (no número 21 da rúa Marqués de Valladares). A actividade será impartida os días 29 e 20 por José Alcañiz creador de Buscadestinos.com, Quipup.com ou a aplicación Wakaiti.
Alcañiz ten ás súas costas unha ampla experiencia como profesional vencellado ao mundo de Internet (dende 2000) e ten participado nunha manchea de proxectos web e de comercio electrónico.
Segundo informan os organizadores, trátase dun obradoiro eminentemente práctico onde se aprenderá a instalar, configurar e deseñar unha web ou tenda en liña, “sen necesidade de ter coñecementos de programación, e de maneira moi intuitiva”, explican dende AJE Vigo, engadindo que logo de crearen o seu espazo en liña, os alumnos terán recibirán formación sobre as ferramentas máis acaídas para xestionar páxinas web e tendas dixitais con WordPress. Asemade, coñecerán a estrutura troncal e o funcionamento de temas, widgets, menús e plugins co obxectivo de capacitalos para montar practicamente calquera tipo de web ou tenda de forma autónoma.
Alcañiz ten unha ampla experiencia como relatora e formador, sendo profesor da Escola de Negocios IESIDE Afundación desde 2010, e impartindo cursos de formación en novas tecnoloxías e mercadotecnia para a Universitat de Barcelona, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, AJE Vigo, Confederacións de Empresarios ou AMTEGA entre outros.
Horario do obradoiro
Venres 29 de Setembro, 16:00 - 20:00
Sábado 30 de Setembro, 10:00 - 14:00

Categorías: Ciencia

O curso de auditoria no ENS do CPETIG achegará contidos a 30 profesionais

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 13:04

O CPETIG, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), organiza a partir deste 22 de setembro un curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade (ENS), que capacitará ás persoas asistentes para levar a cabo as auditorías previstas no marco do RD 3/2010 de implementación do ENS no eido a administración pública. O curso, de 20 horas de duración, será impartido por Juan Luis García Rambla e Diego Cordero Domenech, de Sidertia. O obradoiro está estruturado en catro sesións que terán lugar mañá e os días 23, 29 e 30 de setembro no GH Los Abetos, de Santiago de Compostela. Segundo informan AMTEGA e o CPETIG participarán na actividade 30 profesionais.
Segundo informa o colexio que preside Marcos Mata, os contidos teóricos estarán centrados nos fundamentos da implementación do ENS e nas medidas para cada un dos marcos que constitúen a norma de seguridade. Estes, engade o CPETIG, “veranse complementados con sesións prácticas de revisión das medidas aplicábeis e da súa adecuación para o nivel establecido”.
Amais do devandito, a entidade profesional engade que os 30 participantes finalmente inscritos no curso “sairán cualificados para realizar as auditorías establecidas no real decreto, que deben levarse a cabo ao menos cada dous anos, dirixidas a asegurar o cumprimento do ENS”.
O colexio tamén fai saber que o ENS está deseñado para garantir o acceso, integridade, dispoñibilidade, autenticidade, confidencialidade, rastrexabilidade e conservación dos datos e informacións empregadas en medios electrónicos xestionados polas administracións públicas no exercicio das súas competencias.
Máis información do curso e inscricións en cursoens.cpetig.org

Categorías: Ciencia

Google faise con parte do equipo móbil de HTC por 1.100 millóns de dólares

códigocero - Xov, 09/21/2017 - 12:57

A relación de HTC e Google é moi longa, pois a compañía taiwanesa era a que estaba detrás dos primeiros smartphones con Android, de xeito que este fabricante encargouse de varios dos dispositivos da familia Nexus e dos actuais Pixel, pero a empresa non conseguiu transmitir a debida confianza ao consumidor, e nos últimos anos os seus móbiles non conseguiron despuntar en vendas de xeito que actualmente incluso carecen de presenza comercial en tendas físicas españolas (o que acontece en practicamente toda Europa).
O feito de que os móbiles insignia de Google sexan fabricados en moitas ocasións por HTC tampouco paliaba a situación dado que a súa distribución está moi limitada (os smartphones Google Pixel non se comercializan en España nin sequera a través da tenda en liña de Google), o que agudizaba a crise dun fabricante sobre o que había intensos rumores de adquisición por parte de Google como vía de saída á actual situación, pero finalmente atoparon unha solución parcial consistente nun acordo de cooperación con Google por valor de 1.100 millóns de dólares en efectivo.
Con esta operación Google non merca a división de móbiles de HTC, pero si faise con moitos dos seus empregados, especialmente os que estaban involucrados no desenvolvemento dos móbiles Pixel, de xeito que non se expulsa a HTC do mercado. Coa operación Google tamén recibe una licenza non exclusiva da propiedade intelectual de HTC, ou sexa, que Google poderá ter smartphones de seu captando o coñecemento de HTC. A transacción completarase a primeiros de 2018.
HTC continuará a traballar con Google no vindeiro smartphone Pixel (que presentarase en breve) e tamén manterá o seu negocio de realidade virtual, a liña HTC Vive, que en contraste co que acontece cos móbiles, está a ser moi ben considerada, de xeito que actualmente HTC é referente neste ámbito (pese a que a compañía considerada pioneira no mesmo é Oculus).
Temos así que a colaboración durante a última década de Google e HTC remata dun xeito tan drástico como cando Microsoft absorbeu a Nokia, senón que desta volta Google actúa máis como un salvavidas da compañía taiwanesa, dándolle unha inxección económica que precisa para manterse en activo e buscar avanzar en liñas de negocio como a Internet das Cousas que poidan garantirlle un futuro.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas