Agregador de novas

O CPEIG e AMTEGA convídannos a tirar proveito da economía dixital

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 09:47

[[[[ Hoxe temos unha cita con nós mesmas/os e coas nosas capacidades innovadoras, vistas (reflectidas) a través de diversos casos de éxito no ámbito TIC. Estamos a falar da Xornada Transformación Dixital e Talento (#XtdT), unha innovadora xuntanza de empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital e das nosas ideas para sacarlle proveito. A cita vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
O equipo de relatores que participarán no encontro, “seleccionados polo seu perfil inspirador”, está formado por Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo de Cyberclick.
O auditorio 2 do Edificio CINC Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, é o lugar elixido para dar acollida ás charlas, en horario de mañá. Ademais, o mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.
Programa de actividades
· 10.00 H. Apertura da xornada. Mar Pereira, directora da AMTEGA e Fernando Suárez, presidente do CPEIG
· 10.15H. Presentación de Javier Luxor.
· 10.30H. Constantino Fernández, presidente executivo de Altia Consultores, co relatorio Retos da xestión do talento en servizo de transformación dixital.
· 11.15H. Enrique Dans, profesor de Innovación no IE Business School, co relatorio Carreira profesional: coa innovación como clave.
· 12.00H. Pausa para café
· 12.30H. David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick, falará de A empresa máis feliz do mundo.
· 13.15H. Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn
·14.00H. Peche da xornada
O CPEIG e a AMTEGA unen esforzos na organización da Xornada Transformación Dixital e Talento na procura “dun punto de encontro da mocidade e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais, e con empresas que achegan a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC”.
O seminario inscríbese no convenio de colaboración que manteñen a AMTEGA e o CPEIG.

Categorías: Ciencia

Primera detección de ondas gravitacionales acompañadas de luz

Investigación y Ciencia - Lun, 10/16/2017 - 00:00
El evento, correspondiente un colisión de estrellas de neutrones, marca el nacimiento de la «astronomía de multimensajeros» en radiación gravitacional y electromagnética.
Categorías: Ciencia

Una nueva teoría para unas inexplicadas explosiones de radio cósmicas

Investigación y Ciencia - Dom, 10/15/2017 - 00:00
Entre los fenómenos más misteriosos del universo están unos brotes de radio cósmicos de enorme potencia, que en el caso de una de las fuentes se repiten. Una nueva teoría explora si intervienen lentes galácticas hechas de plasma.
Categorías: Ciencia

Global networks of small telescopes will chase companion signals of gravitational waves

Nature - Ven, 10/13/2017 - 23:34

Seeing cosmic events is one thing, but what if you could hear them and taste them, too?

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22828

Categorías: Ciencia

Facebook permite pedir comida a domicilio nos EE.UU.

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 20:30

Continua a incorporación de novos servizos nas aplicacións móbiles de Facebook, e desta volta sorpréndennos abrindo a posibilidade de realizar pedidas de comida a domicilio nos EE.UU., de xeito que os usuarios da aplicación teñen agora un novo xeito de pedir a servizos como EatStreet, Delivery.com, DoorDash, ChowNow e Olo sen saír de Facebook nin instalar as súas respectivas aplicacións, así como para pedir tamén a restaurantes como Jack in the Box, Five Guys, Papa John"s e Panera.
Facebook busca facer doada a localización de restaurantes aos que realizar un pedido, no que poderiamos considerar un xeito de competir a plataformas de éxito como Just Eat, ao igual que co seu Marketplace procura ocupar o nicho que en España domina Wallapop. De feito, a nova función de Facebook funciona dun xeito moi semellante a Just Eat, de xeito que podemos explorar restaurantes, comprobar o seu menú e realizar o pedido, aínda que desta volta parece que Facebook actuará unicamente como intermediario, pois cando, por exemplo, se fai un pedido a través deDelivery.com, é preciso contar previamente cunha conta no servizo (podendo realizarse ao momento identificándose coa propia conta de Facebook).
Este servizo de pedidos de comida limítase a EE.UU. e xa está dispoñible nas aplicacións para iOS e Android e tamén para a versión de escritorio de Facebook.

Categorías: Ciencia

Rúa Dixital presenta en América un software pioneiro para a xestión de bancos de sangue

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 20:30

A empresa compostelá Rúa Dixital, centrada en desenvolvemento web, mercadotecnia en liña e visualización en buscadores, vén de presentar na outra beira do Atlántico un software pioneiro que facilita a xestión de bancos de sangue. A presentación levouse a cabo nun encontro referencial americano no ámbito da saúde e da ciencia, o XXV Congreso Internacional do Grupo Cooperativo Latinoamericano de Hemostasia e Trombosis (CLAHT), que se celebra desde estes días en República Dominicana.
O sistema dado a coñecer por Rúa Dixital, o sistema Onega+, foi creado en base a experiencia acumulada por centos de profesionais e usuarios dos centros de transfusión (coñecedores das principais demandas e necesidades destes centros) e contou para coller corpo co traballo de médicos especialistas.
Segundo informa Rúa Dixital, é unha ferramenta con capacidade para adaptarse a diferentes contornas sanitarias, segura, eficaz e rendíbel dende o punto de vista económico e empresarial (froito da eliminación de non conformidades, aforro de tempo e optimización na toma de decisións).
José Luís Bueno, responsábel do Servizo de Transfusión e Unidade de Hemoterapia non Transfusional do Hospital Universitario Porta de Hierro-Majadahonda, está a ser o encargado de presentar este novo software no devandito congreso, no que participan profesionais de Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, O Salvador, Ecuador, Guatemala, Honduras, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.

Categorías: Ciencia

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago apúntase cunha manchea de actividades á International Games Week

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 18:45

O evento International Games Week, como o seu nome indica unha semana de actividades sen fronteiras arredor dos xogos (os xogos como instrumento para a educación e a solidariedade, non como simples recursos para sermos máis competitivos), vai ter participación galega. Máis en detalle a da Biblioteca Pública de Santiago, a Biblioteca Ánxel Casal, que vai concorrer por vez primeira nun evento que vén da man da fronte común das bibliotecas norteamericanas (a entidade ALA, American Library Association) e no que tamén toman parte activa milleiros de voluntarios de todo o planeta “reconectando comunidades” mundiais a través das súas bibliotecas e a través da que, alén da lectura, vén sendo a cousa que máis teñen en común estas comunidades: a arela de xogar. A Semana dos Xogos da Biblioteca Ánxel Casal desenvolverase do 27 de outubro ao 3 de novembro. Boa parte do programa de actividades terá un cariz dixital.
Por exemplo a primeira Xornada League of Legends, que se celebra o 27 de outubro en horario de 17.00 a 21.00 horas no salón da actos da biblioteca compostelá. Esta xornada incluirá unha clase maxistral a cargo dun ex-xogador profesional e unha competición (o primeiro torneo LOL BPS). Ademais, segundo sinala a biblioteca, achegaráselles aos participantes unha ocasión inmellorábel para coñecer outros seareiros de League of Ledends. A entrada a esta quedada será libre até completar a capacidade da sala.
Amais da dita actividade, a Biblioteca Ánxel Casal manterá dende o 23 de outubro até o 3 de novembro unha mostra bibliográfica arredor da temática da International Games Week, a mostra Xogos e videoxogos, visitábel no segundo andar do edificio.
Por outra banda, os días 30 e 31 de agosto celebraranse unhas xornadas de xogos libres, tamén no salón de actos e consistindo nun convite directo aos seareiros para acudir, xuntarse e interactuar con todo tipo de xogos de mesa. Estes mesmos días a xoguetería Chafarís, situada na Algalia de Arriba, organiza unhas xornadas de xogos de lóxica para nenas e nenos de 2 a 13 anos, na sala de actividades infantil (primeiro andar), con horario de 16.30 a 20 horas.

Fachada da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago

A maiores, entre o luns 30 e o venres 3 de novembro, levarase a cabo a actividade Xogamos coas tabletas, no segundo andar da biblioteca. Trátase dun convite a probar as tabletas da Ánxel Casal, cargadas para a ocasión con xogos que estarán dispoñíbeis unicamente durante a International Games Week.
O día 3 de novembro, amais de todo o devandito, celebrarase unha xornada divulgativa sobre videoxogos. Será no salón de actos, con entrada libre até completar a capacidade da sala e en horario de 18 a 19 horas. Falarase do poder dos videoxogos para achegarnos vantaxes na nosa vida formativa e social... ou todo o contrario, dependendo do uso que lles deamos (beneficios e posíbeis riscos). Segundo informa a biblioteca, trátase dun espazo de encontro para o coñecemento das propostas lúdicas dixitais que temos no mercado, incidindo nos diferentes tipos de achegas, nos seus efectos positivos e nas principais preocupacións que xeran, afondando tamén nas repercusións de empregalos no ámbito do fogar. A sesión estará guiada e dinamizada por Silvia López Gómez, asesora pedagóxica e deseñadora de xogos serios en DIMElab. A xeira de divulgación estará aberta a todos os públicos: nais, pais, adolescentes, avós, avoas, nenas e nenos.
Amais da dita sesión, ás 19.15 horas está previsto que se presente o monográfico Aprendendo con videoxogos, pormenorizado estudo-investigación elaborado para o número 68 da Revista Galega de Educación. Participan Xesús Rodríguez Rodríguez (director) e Silvia López Gómez (coordinadora).
Amais de todo isto, na mesma xornada do 3 de novembro, darase a coñecer (ás 20.00 horas) o libro Historia de Nintendo: más de 125 anos de entretemento do documentalista Uxío Pérez. Trátase, en palabras da biblioteca compostelá, dunha “obra divulgativa sobre esta coñecida empresa que nos sorprende de principio a fin pola súa evolución e a enorme cantidade de feitos curiosos que protagonizou en todo o mundo”. Neste estudo, o autor fai tamén un repaso ás sagas ou xogos que “foron verdadeiros éxitos de ventas” ou nacementos accidentados coma o de Mario, “todo acompañado dunha sólida base documental para ilustrar cada unha das explicacións”, engade a Biblioteca Ánxel Casal.

Categorías: Ciencia

Prepare for larger, longer wildfires

Nature - Ven, 10/13/2017 - 17:39

Climate change makes land management more urgent than ever, says Kathie Dello.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22821

Categorías: Ciencia

Oculus Dash permitirá correr aplicacións informáticas en fiestras virtuais

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 14:57

No filme Minority Report podiamos ver a Tom Cruise controlar un sistema informático baseado en holografías que podía manexarse directamente cos dedos (empregando unhas luvas especiais) e aínda que a xeración de imaxes no aire non sexa unha tecnoloxía madura, o control por xestos xa leva anos entre nós, e durante o evento Oculus Connect desvelaron unha actualización do software de Oculus Rift que nos leva a pensar que o futuro que presentaba a película baseada nunha historia de Philip K. Dick está máis preto de facerse realidade do que podiamos pensar.
Falamos concretamente de Rift Core 2.0, unha renovación do software da solución de realidade virtual de Oculus (compañía propiedade de Facebook) que non se conforma con facilitar o acceso a mundos virtuais e videoxogos, senón que tamén quere introducirse no noso día a dia, cun menú de inicio redeseñado e, moi especialmente, co novo Dash.
Oculus Dash é unha interface de sistema que abre a porta á computación inmersiva, xa que permite moverse polos menús mediante unha interface baseada nos controis de movemento Touch, pero sen limitar a experiencia a acceder ás aplicacións propias da realidade virtual, ou sexa, que permite que poidamos presentar no mundo virtual xanelas que poderemos colocar ao noso redor e que representarán a aplicacións informáticas, ou sexa, que permitiranos experimentar un escritorio holográfico virtual, o que resultará especialmente atractivo para desenvolvedores, que poderán depurar as súas aplicacións de realidade virtual mentres as están usando.
Rift Core 2.0 chegará en probas a partires do mes de decembro.

Vídeo de demostración de Oculus Dash

Categorías: Ciencia

O director xeral de Samsung Electronics renuncia ao seu posto

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 14:20

Grande sorpresa nas últimas horas ao saberse da dimisión do vicepresidente de Samsung Electronics, Oh-Hyun Kwon, que vén de anunciar a súa intención de non manterse ao cargo da división de negocio de Solucións para Dispositivos e tampouco buscará a reelección como membro do cadro de directores (do que remata o seu mandato actual en marzo de 2018). Kwon tamén renuncia á dirección xeral de Samsung Display, a división de pantallas da compañías surcoreana.
Kwon recoñece que a súa retirada foi unha difícil decisión, pero considera que é necesaria para a empresa, argumentando que están a vivir «unha crise sen precedentes» (no que parece unha alusión á condena de 5 anos de cadea para o máximo responsable da compañía) e considera que é o momento para renovar o liderado «para unha mellor respostas aos desafíos emerxentes da rapidamente cambiante industria das TIC».
Foi no ano 1985 cando Kwon entrou a formar parte de Samsung como investigador nos laboratorios de semicondutores nos EE.UU., ocupando dende entón numerosos cargos de responsabilidade, como a dirección xeral da división de semicondutores dende 2012, que resulta ser precisamente un dos negocios da compañía que máis beneficios xerou nos últimos anos, de aí que resulte sorprendente a renuncia, xa que non é habitual que os directivos deixen os seus cargos cando semella que están no seu mellor momento.

Categorías: Ciencia

En marcha unha plataforma tecnolóxica única para as lonxas ao abeiro do Programa Primare

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 12:12

O Programa Primare da Xunta, dirixido a modernizar os nosos sectores tradicionais, vén de achegar unha serie de novidades importantes para os ámbitos da pesca e o agro. No eido mariño, as novidades materialízanse no fornecemento de procesos dixitais para as lonxas. Segundo informa a Xunta, até 35 lonxas poderán beneficiarse de melloras tecnolóxicas nas súas instalacións, “que permitirán unha xestión máis eficiente da súa actividade, sobre todo en materia de comercialización, rastrexabilidade e seguridade alimentaria” e tamén en aspectos relacionados coa xestión económica. É unha das actuacións previstas no Programa Primare da Xunta, que impulsa a AMTEGA en colaboración coas Consellerías do Mar e do Medio Rural.
A modernización das lonxas desenvolverase a través de dúas liñas de actuación. Por unha banda, melloraranse tanto as infraestruturas como o equipamento tecnolóxico e, pola outra, porase a disposición das lonxas unha plataforma tecnolóxica única, que integrará os sistemas de xestión, comercialización, e emisión de notas de venda, informatizando a xestión duns procesos que até o de agora se viñan realizando de maneira manual e illada. “Esta medida”, explica a axencia que dirixe Mar Pereira, “redundará nunha axilización destes procedementos, posibilitará as poxas en liña, e mellorará a comercialización”. E engade: “As lonxas poderán sumarse á renovación, de maneira totalmente voluntaria, a través da Consellería do Mar”.
O proxecto de modernización, que está en fase de licitación, abrangue a modernización da infraestrutura tecnolóxica das lonxas, melloras nos sistemas de xestión (con servizos que faciliten as xestións da actividade da lonxa: contabilidade, cobros e pagos, relación coa administración, comercialización, subministración, prestación de servizos, ...) e de comercialización (de xestión das capturas descargadas, clasificación, pesada, poxa e a emisión dos documentos precisos para a súa venda e comercialización, ...).
Ademais, con estas accións de modernización, mellorarase a xestión das lonxas en todo o que ten que ver coa comercialización, a rastrexabilidade e a seguridade alimentaria. Asemade, contribuirase a aumentar a eficiencia e a seguridade e a mellora das condicións de traballo.
Para levar a cabo estas actuacións nas lonxas, a Consellería do Mar investirá máis de 3,8 millóns de euros que se distribuirán nas anualidades 2016, 2017, 2018 e 2019. Esta cantidade será co-financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
No campo, o Programa Primare investirá preto de 3,5 millóns de euros no desenvolvemento de tres solucións tecnolóxicas, que non existían no mercado, para ofrecer servizos de valor engadido para mellorar a competitividade deste ámbito. A previsión é adxudicar a comezos do 2018 os tres proxectos. A partir dese momento as empresas terán de prazo un ano para crear as tres soluciones que conformarán un sistema global para a xestión do campo, que se comezará a probar en xuño de 2019.
A primeira das solucións permitirá a xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental de maneira xeorreferenciada (algo preciso para o control da actividade agraria) que integrará os datos capturados mediante sensores transportados por UAV (vehículos aéreos non tripulados) ou outros dispositivos tecnolóxicos. Este sistema permitirá obter imaxes das parcelas con calidade de abondo para o seu posterior tratamento, así como datos relativos á xestión dos cultivos como poden ser a altura do terreo, a altura do cultivo ou grao de humidade.
Para transformar estes datos en información útil, crearase unha plataforma de procesado de información de parcelas agrarias, que permitirá obter mapas xeográficos, nos que identificar as parcelas, a súa morfoloxía topográfica, mesmo os cultivos e outros datos obtidos a través dos sensores. Toda esta información estará almacenada nunha plataforma con capacidade para explotala de forma útil, tanto por parte da Administración como dos axentes do sector primario.
A terceira solución prevista centrarase no deseño e posta en funcionamento dun sistema intelixente para automatizar os traballos sobre o terreo e a toma de decisións asociadas ás axudas europeas en Galicia. En base á información obtida coas solucións anteriores, este sistema permitirá axudar a determinar os tipos de parcelas e que os técnicos poidan tomar decisións sen trasladarse sempre fisicamente á parcela.

Categorías: Ciencia

A UVigo xunta alumnos de másteres matemáticos para resolver desafíos empresariais con Big Data, ML e simulación

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 11:33

Vigo vai acoller os días vindeiros, entre o 16 e o 20 de outubro, a cuarta edición dun obradoiro estudantil para resolver problemas industriais reais botando man de cousas como análise de Big Data, Machine Learning (ML) ou simulación, entre outras metodoloxías de traballo en auxe e espallamento e das que, queirámolo non, imos escoitar falar (e moito) de aquí en adiante. En termos máis concretos, o IV Iberian Modelling Week (IV IMW) busca recrear unha contorna laboral para que o alumnado de másteres con formación matemática traballe sobre retos concretos expostos por empresas. Segundo explica Javier Roca,profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da UVigo e membro do comité científico e organizador do evento, “trátase dun escaparate moi interesante para aqueles estudantes que queren que as empresas lles coñezan, e, para estas, resulta unha oportunidade de coñecer profesionais formados”.
O evento desenvolveranse con tres retos expostos. Estes desafíos, sinala Roca, “son tres exemplos de transferencia de tecnoloxías”, como a información a gran escala (Big Data), as máquinas pensantes e con capacidade de aprendizaxe (Machine Learning) e a simulación numérica no eido das telecomunicacións, o deseño de edificios e a industria da pedra.
O primeiro día do obradoiro, os alumnos elixirán o desafío que máis lles interesa e sobre el traballarán o resto das xornadas baixo a supervisión dun dos científicos que estivo involucrado na súa resolución. Tamén, poderán asistir representantes das compañías.
O encontro, que é de balde, está dirixido a alumnos españois e portugueses de másteres de matemáticas. Segundo explican os organizadores, o seu carácter internacional débese a que se trata dunha iniciativa conxunta do grupo de investigación Statistical Inference, Decision and Operation Research (SiDOR) da UVigo, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática-Industria (Math-in), en colaboración coa Rede Portuguesa de Matemática para a Industria e a Innovación (PT-MATHS-IN).
Estes son os tres problemas a resolver: Big Data, Non te vaias aínda (Como manter no tempo ao cliente da nosa operadora de telefonía? Como saber que usuarios están insatisfeitos e quérense dar de baixa? E deses, cales son irrecuperábeis e cales poderían pensalo dúas veces se se lles melloramos as condicións?), Simulación: cara a onde sopra o vento (Como emprazar dispositivos aeroxeradores e optimizar a súa disposición no exterior dun inmóbel? Como cuantificar o potencial eólico dispoñíbel nas proximidades dun edificio ou infraestrutura, por exemplo na azotea dunha casa ou sede empresarial?) e Visión artificial e ML: automatización de procesos (Como mellorar a elaboración de placas de lousa, facendo fincapé no control de calidade, un proceso que aínda se ten que facer de maneira manual e téndose que revisar cada peza fabricada, unha por unha e por separado?).
A Iberian Modelling Week celébrase anualmente desde 2014 e alterna sede en España e Portugal. A súa primeira edición organizouse conxuntamente polo Centro de Estudantes de Matemáticas da Asociación Académica da Universidade de Coimbra (Portugal) e o Laboratorio de Matemática Computacional do Centro de Matemática da Universidade de Coimbra. A partir de entón, pasou a ser asumido pola Rede Portuguesa de Matemáticas para a Industria e a Innovación (PT-MATHS-IN) e pola Rede Española Matemática-Industria (Math-in).

Categorías: Ciencia

A USC e Sanidade crearán unha app para mellorar a adherencia aos tratamentos

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 11:08

Impulsar e mellorar a adherencia os tratamentos farmacolóxicos da cidadanía galega. Este é o gran obxectivo da aplicación móbil (app) que desenvolverán a Consellería e de Sanidade e a Universidade de Santiago ao abeiro dun convenio marco de colaboración inserido no ámbito das TIC e a saúde (o que se coñece como eSaúde) e que está previsto que dea lugar a actividades conxuntas de I+D entre a USC e a Consellería de Sanidade, validando diferentes tecnoloxías do devandito ámbito de actuación.
A aplicación cuxos detalles veñen de avanzar o SERGAS e máis a USC, a app Calendula, permitirá facer cousas como realizar o seguimento da medicación, descargar a medicación actual, revisar pautas horarias, recibir avisos e alarmas, rexistrar tomas de medicación, xestionar as boticas anexas (botiquíns), recibir avisos de efectos secundarios ou consultar os prospectos da medicación. Trátase do primeiro froito do acordo marco entre a USC e Sanidade.
Ao abeiro do acordo, a Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información encargarase da coordinación das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sanitarias e a realización a supervisión da plataforma tecnolóxica que dea soporte a estas actividades dentro do Sistema público de Saúde de Galicia, en coordinación coas unidades competentes na materia. Pola súa banda, a USC, a través do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS), porá a disposición os investigadores e os medios técnicos axeitados para levar a cabo a bo fin as actividades de I+D mencionadas.

Categorías: Ciencia

Conta atrás para a nosa gran cita das tecnoloxías intelixentes: Machine Learning Workshop Galicia

códigocero - Ven, 10/13/2017 - 10:38

O vindeiro 19 de outubro celébrase na ETSE da Universidade de Santiago un dos grandes eventos tecnolóxicos deste outono, a nova edición do Machine Learning Workshop Galicia (MLWG), un encontro dirixido a avaliar o potencial presente-futuro das máquinas “pensantes”, co fin de estudar a súa aplicabilidade en múltiples ámbitos produtivos. O workshop, previsto para o 19 de outubro, virá novamente da man do CiTIUS, que coordina o evento coa colaboración do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) e AtlantTIC (Universidade de Vigo). A xeira de traballo, “punto de referencia entre a industria e os investigadores arredor do Machine Learning”, comezará cun relatorio inaugural a cargo de Sorin Cheran, membro da filial francesa de HPE, na que se presentarán novas arquitecturas paralelas para solucións baseadas en aprendizaxe profunda (Deep Learning).
De seguido, desenvolveranse máis de vinte relatorios que abordarán temáticas tan diferentes como a visión artificial, o procesado de linguaxe ou a mellora dos procesos de fabricación, así como a mercadotecnia ou o diagnóstico de patoloxías, entre outra cuestións de gran interese. Os organizadores esperan que esta xeira de traballo sirva de “catalizadora” para o pulo de novos proxectos baseados en intelixencia artificial e lembran que o prazo de inscrición ficará aberto ata o día do evento a través do formulario online publicado na web oficial.
Nun plano máis detallado, o temas a tratar na xornada serán moitos e variados (aprendizaxe de máquinas, Deep Learning, información a gran escala ou Big Data) pero xirarán todos eles arredor do estado de cousas da tecnoloxía intelixente, ou sexa, tecnoloxías con capacidade de avaliar grandes cantidades de información e tomar as mellores decisións ao respecto en base a algoritmos avanzados. Do que se trata en boa medida, segundo nos conta o CiTIUS, é de visualizar no mercado o que até agora ficaba en parte invisíbel, pechado nos espazos de investigación dos diferentes grupos de traballo pero cun amplo potencial a nivel social, científico e empresarial.
Segundo nos conta o CiTIUS nun plano máis concreto, nesta edición “daráselles prioridade aos traballos que mostren a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais co fin de visualizar perante a industria o potencial destas tecnoloxías”. Tamén se valorarán os traballos que, aínda sen contar con algún caso de uso de transferencia real por atoparse nunha fase inicial de desenvolvemento, conten cun potencial importante de aplicabilidade no tecido socioeconómico ou industrial.

Comité científico:
Ricardo Cao (CITIC-UDC, ITMATI)
Milagros Fernández Gavilanes (AtlantTIC - UVIGO)
David Mera Pérez (CiTIUS-USC)
Andrés Gómez Tato (CESGA)
Félix Díaz Hermida (CiTIUS-USC)

Categorías: Ciencia

¿Por qué las ranas venenosas no son víctimas de su propio veneno?

Investigación y Ciencia - Ven, 10/13/2017 - 00:00
Un estudio genético revela el motivo por el que las neurotoxinas de la piel de algunas ranas no ejercen efecto en su mismo sistema nervioso.
Categorías: Ciencia

FDA advisers back gene therapy for rare form of blindness

Nature - Xov, 10/12/2017 - 23:36

Therapy that targets disease-causing mutations could become the first of its kind approved for use in the United States.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22819

Categorías: Ciencia

European drug regulation at risk of stalling as agency prepares to leave London

Nature - Xov, 10/12/2017 - 20:30

Post-Brexit plans to relocate the European Medicines Agency could trigger severe staff losses, its head has warned.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22817

Categorías: Ciencia

European Medicines Agency chief raises alarm at forced relocation

Nature - Xov, 10/12/2017 - 20:30

Guido Rasi says that ensuring the safety of drugs could be compromised.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22818

Categorías: Ciencia

Male scientists share more — but only with other men

Nature - Xov, 10/12/2017 - 20:30

Evolutionary differences blamed for squeezing out female researchers.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22820

Categorías: Ciencia

Weather-company CEO is Trump's pick to lead climate agency

Nature - Xov, 10/12/2017 - 08:25

Barry Myers would bring private weather-forecasting experience to the National Oceanic and Atmospheric Administration.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22311

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas