Agregador de novas

ABANCA lanza web para impulsar a reforestación en zonas afectadas polo lume

códigocero - Lun, 12/04/2017 - 16:00

ABANCA quere contribuír á recuperación dos montes arrasados polos lumes durante o pasado mes de outubro. Por este motivo vén de pór en marcha unha campaña de reforestación que terá dúas vertentes de desenvolvemento complementarias: por unha banda nas oficinas da entidade na nosa xeografía e, pola outra, a través da web www.unhanovaarbore.com. Mediante esta iniciativa vanse recadar fondos e axudar á reforestación do monte galego afectado pola catástrofe ambiental deste outono. A previsión, co impulso desta campaña, é plantar 4.608 árbores, unha por cada empregado. A medida é de facto unha campaña de Nadal, pero con vertente claramente solidaria e de responsabilidade medioambiental.
Segundo informou a entidade galega, a partir deste 7 de decembro, a cidadanía poderá sumarse a esta iniciativa e colaborar con 10 euros, a cambio ABANCA entregará un agasallo solidario, Unha árbore nova. O regalo contén un tronco de cartón reciclado co que se pretende simbolizar que este ano a árbore de Nadal está onde ten que estar: nas forestas galegas. Co diñeiro recadado, a entidade financeira, a través do seu programa de voluntariado corporativo, realizará tarefas de reforestación nas zonas afectadas polos incendios en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.
A iniciativa foi dada a coñecer hoxe polo director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía. Segundo fixo saber, a iniciativa estará presente en todas as sucursais do banco en Galicia e o presente solidario tamén se poderá conseguir a través da web www.unhanovaarbore.com e recibilo en casa. Unha árbore nova irá acompañado dun folleto explicativo coas distintas accións que se irán pondo en marcha para reforestar o monte queimado. Ademais, todas as persoas que axuden cunha árbore e queiran saber que se fará con ela, poden deixar o seu correo electrónico e iránselles contando todas as iniciativas que de maneira progresiva acompañarán este plan.
As tarefas de replantación das árbores iniciaranse a partir de marzo de 2018. Os empregados da entidade que forman parte do programa de voluntariado corporativo de ABANCA serán os encargados de plantar, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, as árbores que se adquiran.

Categorías: Ciencia

Estrella Galicia vende a súa cervexa de Nadal a través de Amazon

códigocero - Lun, 12/04/2017 - 14:00
A edición limitada de Nadal de Estrella Galicia chegou onte a Amazon.es

O pasado mes de abril sorprendía a fichaxe de Juan José Delgado de Amazon para Estrella Galicia, compañía na que pasaría a ocupar o cargo de Global Chief Digital Officer, un posto de nova creación para adaptar a empresa cervexeira ao novo cliente dixital. O que resultaba difícil de anticipar é que este directivo que traballaba para Amazon en Londres fose a emprender figuradamente o camiño de volta, xa que onte sorprenderon empregando Amazon como canle de venda para a edición limitada de Nadal de Estrella Galicia.
Deste xeito é posible adquirir en liña paquetes de 6 botellas de 75 centílitros de cervexa a un prezo de 21,60 euros, destacando esta edición pola estética das botellas, que lembra ás de cava, conseguindo así un toque orixinal. Incluso as botellas levan unhas etiquetas nas que empregaron tintas holográficas para crear un efecto de luminiscencia nas lámpadas representadas.
Non estamos ante o único produto de Estrella Galicia dispoñible en Amazon, xa que a tenda en liña conta con varias cervexas no seu catálogo, ofrecidas nuns casos a través de vendedores independentes e, outras ocasións, a través da propia Estrella Galicia. Tamén están dispoñibles algúns lotes de Estrella Galicia dentro do servizo Amazon Pantry, que facilita a compra de produtos do día a día grazas ao seu envío en caixas con cabida de até 20 quilos de peso ou 110 litros de volume cun gastos de envío fixos de 3,99 euros.

Categorías: Ciencia

Lowi regala 6 meses de HBO aos seus clientes

códigocero - Lun, 12/04/2017 - 12:59

O operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, pese a non ter servizo de televisión, xa que limítase a liñas móbiles e conexións á Internet por fibra óptica, vén de iniciar unha atractiva promoción a través da que tanto os seus clientes actuais como os novos poderán gozar de 6 meses de HBO sen custo adicional, agasallo co que celebran os seus 3 anos de vida e que incluso pode interesar aos que queiran simplemente subscribirse a HBO, xa que o servizo de vídeo baixo demanda comercialízase a 7,99 euros/mes, mentres que a tarifa máis económica de Lowi é de 6 euros/mes.
Para gozar da promoción é preciso ser cliente de Lowi antes do 31 de xaneiro, podendo así acceder á sección de promocións da aplicación móbil da compañía ou da área privada da súa páxina web para conseguir un código que pode canxearse na web de HBO no momento de rexistrarse.
Esta promoción resulta especialmente atractiva nestas datas, xa que así os usuarios de Lowi poderán gozar do catálogo de contidos de HBO durante o Nadal. Cómpre lembrar que, aparte das series reclamo como Game of Thrones ou WestWorld, HBO tamén ten unha boa selección de contidos para público infantil.

Na sección de promocións da aplicación móbil de Lowi pode conseguirse o código promocional para gozar dos 6 meses de balde de HBO
Categorías: Ciencia

Unha app de AtlantTIC para mellorar a expresión de persoas con autismo, premiada por Indra e Universia

códigocero - Lun, 12/04/2017 - 12:47

As tecnoloxías tamén están para romper barreiras, comunicativas e tamén sociais. Así o entenden os responsábeis do proxecto galego TalkAACtive, impulsado polo Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo (Centro AtlantTIC, Campus de Vigo) e dirixido a fornecer ás persoas autistas dunha aplicación móbil que lles permita, no ámbito laboral, practicar e autoavaliar a súa fala e escritura mediante pictogramas, e todo isto grazas a un sistema de xeración de linguaxe natural. Segundo puidemos saber, a iniciativa foi seleccionada (xunto a outros dos proxectos das universidades de Salamanca e Málaga) na segunda convocatoria de axudas a proxectos de investigación aplicada ao desenvolvemento de tecnoloxías accesíbeis, lanzada pola empresa Indra e a Fundación Universia.
O Grupo de Tecnoloxías da Información, que grazas á súa inclusión na dita convocatoria recibirá 24.000 euros para o desenvolvemento do proxecto, está formado por Enrique Costa, Milagros Fernández, Silvia García e Jonathan Juncal e o director do mesmo, Javier González Castaño. Para o impulso da ferramenta móbil, o equipo de AtlantTIC contará coa colaboración das asociacións Teavi e Autismo Ourense, con cuxos usuarias e usuarias probará a aplicación. “Primeiro falaremos coas asociacións para ver a que ámbito laboral orientan ás persoas con autismo e así ver cales son as necesidades de comunicación nese ámbito. Logo, crearíase a aplicación móbil para esas persoas, adaptándoas a ese ámbito e axudándolle a practicar a comunicación, para que cando se incorporen ao traballo saiban as frases usuais”, explican Milagros Fernández e Enrique Costa.
O xurado da II convocatoria de axudas a proxectos de investigación aplicada ao desenvolvemento de Tecnoloxías Accesíbeis, lanzada por Indra e a Fundación Universia, destacou dos tres proxectos seleccionados “a súa innovación e a excelencia tecnolóxica da solución formulada, así como a viabilidade para converterse nun produto ou servizo real que aínda non existe no mercado”. A súa utilidade práctica nunha contorna real de inclusión laboral, o alcance do seu impacto e a súa gratuidade ou baixo custo para as e os usuarios finais, foron outras cuestións valoradas polos integrantes do xurado, que destacou a elevada calidade dos máis de 70 proxectos que concorreron á convocatoria.
Por certo que a elección de TalkAACtive na dita convocatoria non é o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do Grupo de Tecnoloxías da Información no ámbito da comunicación de pictogramas e xeración del linguaxe natural. “Dentro do proxecto Accegal, que eu dirixo, temos publicadas varias aplicacións de comunicacións con pictogramas e unha das liñas de traballo do grupo é a xeración de linguaxe natural. A idea de unir estas dúas liñas foi previa a este certame e de feito o premio da Fundación Vodafone que recibiu Silvia García, cun dos galardóns Connecting for Good á Innovación en Telecomunicación, seguía esta liña”, lembra Costa.
O proxecto, titulado Librería para a xeración de linguaxe natural en castelán, ten o obxectivo de facilitar a comunicación de persoas con trastornos na fala a través da xeración de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras. A proposta que presentou e que conformaba o seu traballo fin de máster é unha adaptación ao castelán da librería SimpleNLG para a xeración automática de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras.

Categorías: Ciencia

O Gaiás deu acubillo á edición de despedida de TEDxGalicia

códigocero - Lun, 12/04/2017 - 11:32

Este sábado celebrouse na Cidade da Cultura a derradeira edición do TEDxGalicia, un evento que se despide logo de ter xuntado, nas súas anteriores convocatorias itinerantes, milleiros de profesionais da “innovación máis innovadora”, as novas tecnoloxías, os formatos artísticos emerxentes e as máis avanzadas metodoloxías de traballo cooperativo (as plataformas de micromecenado, o movemento Maker, etc). A ultima entrega de TEDxGalicia celebrouse novamente (por terceira vez) na Cidade da Cultura e baixo o lema Ultreia, o histórico saúdo peregrino que, no caso concreto desta xornada, foi empregado para facer un chamamento a ollarmos cara a adiante, tanto en innovación relativa a propostas, servizos e produtos, como nos xeitos de traballar adoptados.
No evento participaron case media ducia de relatores compartindo achegas sobre a ciencia, o ilusionismo, o mundo do viño, o arte de contar historias, as tendencias sociais, as comunidades en liña, a música infantil ou o xornalismo; charlas todas desenvolvidas baixo o formato TED, cunha duración máxima de 18 minutos e caracterizadas pola capacidade para trasladaren mensaxes que, en palabras dos impulsores do evento, “inspirasen cambios na audiencia”.
Esta convocatoria obtivo de novo “unha acollida excepcional por parte do público”, con todas as entradas esgotadas desde hai semanas. Os preto de cincocentos asistentes gozaron dunha edición na que, na quenda da mañá, participaron, entre outros, a cantante Uxía Senlle, presentando o proxecto de música infantil María Fumaça; o gaiteiro Anxo Suárez, descubrindo ao público as posibilidades da gaita en estilos musicais menos tradicionais; e o biólogo Xurxo Mariño, relatando a súa experiencia na descuberta de extraordinarios patróns científicos na súa volta ao mundo.
Xunto a eles, o público escoitou a Marta Álvarez, responsábel da cooperativa Muuhlloa, que elabora produtos de cosmética cen por cen galegos realizados a partir de leite ecolóxico; a investigadora e divulgadora Deborah García, autora do libro Todo é cuestión de química e coordinadora das xornadas de ciencia, tecnoloxía e arte no Museo Guggenheim de Bilbao; a viticultora Silvia Prieto, o filólogo Nel Vidal, o fotógrafo Xaime Cortizo ou o xeógrafo e o arquitecto Francisco García e Manuel Bugallo. Nas charlas tamén participaron, pola tarde, o ilusionista Pedro Volta, a contacontos Sole Felloza, a xornalista Raquel Rosa, o experto en redes sociais Javier Varela, o emprendedor Miguel Silva, o deseñador e desenvolvedor web Iñaqui Quenerapú, a especialista en tendencias sociais Silvia Fraga, a empresaria Tatiana López (conselleira delegada de Nanogap) ou da cantante Marina Gundín.
Como é habitual, todas as charlas TEDxGalicia estarán dispoñíbeis nos vindeiros días na súa canle de Youtube, contribuíndo a través das redes sociais a multiplicar a difusión destas ideas.

Miguel Silva, co-fundador de Cloud9 e Optimum Middle East, achegou un divertido toque robótico ao evento
A orixe deste tipo de xuntanzas

O TEDxGalicia segue o modelo do TED, organización de alcance global, non lucrativa dedicada á difusión de ideas en forma de charlas curtas e nas que teñen participado como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck ou Bono.
TED comezou en 1984 como unha conferencia na que converxeron Tecnoloxía, Entretemento e Deseño e hoxe en día abrangue case todos os temas (desde a ciencia aos negocios ou os problemas globais) en máis de cen idiomas. De maneira ás conferencias TED, teñen lugar os eventos TEDx co obxectivo de poder compartir estas ideas en todo o mundo.

Iñaqui Quenerapú empregó WordPress como exemplo de proxecto nacido dunha iniciativa frustrada.
Categorías: Ciencia

La Unión Europea autoriza el uso del glifosato por otros cinco años

Investigación y Ciencia - Lun, 12/04/2017 - 00:00
El popular herbicida ha sido calificado como «probablemente cancerígeno» por una agencia científica. Otras, en cambio, lo encuentran seguro.
Categorías: Ciencia

La Unión Europea autoriza el uso del glifosato por otros cinco años

Investigación y Ciencia - Lun, 12/04/2017 - 00:00
El popular herbicida ha sido calificado como «probablemente cancerígeno» por una agencia científica. Otras, en cambio, lo encuentran seguro.
Categorías: Ciencia

Un exoplaneta con una atmósfera absolutamente letal

Investigación y Ciencia - Dom, 12/03/2017 - 00:00
La cubierta gaseosa de WASP-18b es tan peculiar que los astrónomos no querían creerse al principio el resultado de sus mediciones. No solo es su atmósfera lo que hace que este exoplaneta sea extremo, pero en ella se han encontrado características no observadas antes.
Categorías: Ciencia

Xa poden actualizarse os DNIe con certificados dixitais revogados

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 23:30

A Dirección Xeral da Policía decidiu revogar os certificados dixitais dos DNI electrónicos cun número de soporte posterior ao ASG160.000 expedidos a partires de abril de 2015, por mor dun fallo de seguridade, e finalmente conseguiron aplicar as solucións técnicas necesarias para continuar a operar cos novos DNIe, polo que activaron de novo a funcionalidade de certificados electrónicos, de xeito que os usuarios con documentos afectados poden xa proceder a actualizalos ou renovalos nos Puntos de Actualización do DNI (PAD) existentes nas oficinas de documentación españolas.
Polo momento non se explicaron as solucións técnicas aplicadas, e cómpre lembrar que dos DNIe afectados pola vulnerabilidade mencionada continúan a ser válidos como documentos de identificación persoal.

Categorías: Ciencia

A escola de negocios dixitais HUB prepara un gran encontro sobre ciberseguridade e mercadotecnia

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 22:57

O vindeiro 12 de decembro, pola tarde, vaise celebrar na Coruña unha importante xuntanza para afondar na innovación empresarial e, dentro dela, a que incide directamente na ciberseguridade e máis na mercadotecnia dixital. No evento, un acontecemento sobre a transformación en dixital nas súas múltiples facianas, participarán recoñecidas/os relatoras/es do noso tecido económico, galegos e con presenza internacional.
A cita vén da man da HUB, que é, como lembraremos, a primeira escola galega adicada de maneira exclusiva a negocios dixitais (poñendo o foco no ecosistema TIC e constituíndo unha comunidade onde se xuntan profesionais, emprendedores, empresas e investidores). HUB, en palabras dos seus impulsores, é “o nexo unión entre as mentes inquietas galegas”.
No evento calcúlase que participarán unhas 200 persoas. Os relatores, nun plano máis concreto, falarán dos perfís con talento dixital máis demandados e as novas técnicas de recrutamento para atraelos, da procura e a aposta polas partes investidoras deses novos talentos dixitais, dos retos aos que se enfrontan as empresas no ámbito da seguridade dixital, das aptitudes, actitudes, habilidades e coñecementos dos novos perfís que se están demandando no eido dixital. Ademais, as sesións retransmitiranse en streaming directo.

Categorías: Ciencia

O EGM reflicte que a radio en streaming dobra en audiencia á onda media

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 22:30

A Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) presentou os resultados da terceira onda do Estudo Xeral de Medios (EGM) que recolle os resultados do traballo de campo realizado entre o 6 de setembro e o 14 de novembro, o que permite coñecer detalles como o consumo de medios de comunicación por parte da poboación española, o que nesta ocasión permite botar un ollo á audiencia da radio a través da Internet, diferenciando o streaming da descarga de podcasts.
Sabemos así que o promedio de oíntes que escoitan a radio durante o día é de 23,6 millóns, o que supón unha penetración do medio do 59,3%, dos que 1.775.000 faríano a través da Internet, optando 1.440.000 polo streaming e 384.000 polo podcast.
Que a Internet teña xa o 7,5% dos oíntes da radio, e o streaming o 6,1% é especialmente rechamante por facernos ver que o streaming dobra en cota á onda media (3,1%), mentres que o podcasting está aínda un pouco por debaixo da escoita de radio a través da TDT (2%).

Categorías: Ciencia

Anuncian un paquete de medidas para impulsar o 5G en España

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 21:28

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital anunciou hoxe o paquete de medidas para favorecer o desenvolvemento da tecnoloxía móbil 5G en España, con axudas públicas para a posta en marcha de proxectos pilotos e solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no 5G.
A primeiros do ano que vén procederase á licitación das primeiras bandas de frecuencia identificadas para o 5G, a dos 3,6 GHz (de 3.600 MHz a 3.800 MHz) e a dos 1,5 GHz (1.452-1.492 MHz) buscando que os operadores poidan iniciar os seus primeiros proxectos innovadores en 5G a partires de 2019, mentres que o itinerario de liberación da banda de 700 MHz (actualmente empregada por servizos de televisión) definirase o ano que vén e prevese que teña lugar entre 2019 e 2020, xa que no ano 2020 serán cando chegue a apertura comercial do 5G en toda Europa.
Confíanse en que a tecnoloxía 5G sexa a pedra angular da transformación dixital, con grande impacto nos sectores da automoción, a saúde, o transporte e os servizos públicos, facilitando a prestación de servizos que precisen dun grande largo de banda en mobilidade e supondo un pulo para a Internet das Cousas, como o coche conectado, o transporte intelixente ou a dixitalización do contorno rural.

Categorías: Ciencia

A Cidade da Cultura acolleu un novo foro sobre innovación educativa

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 19:00

O evento ao redor da innovación educativa InquEDU celebrou hoxe a súa primeira edición na Cidade da Cultura de Galicia, espazo que aproveitou para presentar proxectos pedagóxicos innovadores que se están a ensaiar con éxito en centros educativos galegos e que representan novas abordaxes didácticas a temas como a diversidade sexual, a igualdade de xénero, a aplicación das tecnoloxías dixitais nas aulas ou a aprendizaxe de idiomas.
A xornada co-organizada pola Fundación Galicia Sustentable e a Fundación Cidade da Cultura, no marco do seu programa de apoio ao emprendemento ten por obxecto darlle visibilidade aos novos modelos, recursos e ferramentas que se están a probar con éxito en centros da comunidade, ao tempo que se promove un debate que involucra a profesores, alumnos e docentes en torno aos cambios e desafíos na educación.
No que á aplicación de tecnoloxías dixitais se refire o máis salientable foi a intervención de Juan Sanmartín, profesor de Educación Secundaria e Coordinador TIC do C.P.R. Vila do Arenteiro (O Carballiño), editor en The Flipped Classroom e creador e administrador dunha páxina web de seu con recursos para revolucionar o ensino invertendo as aulas.
Nesta xornada, presentáronse tamén os gañadores do concurso ComunicatEDU, un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixido a fomentar a adquisición de habilidades orais entre o alumnado. InquEDU contou coa intervención da científica África González e o músico Roi Casal, como representantes de eduMOTIVA, unha iniciativa da Xunta dirixida a ofrecer aos centros de ensino experiencias de persoeiros de recoñecido prestixio profesional e relevancia social para favorecer entre o alumnado valores como a motivación, o esforzo, a superación ou a curiosidade.

Categorías: Ciencia

Culleredo e A Coruña acollen a gravación da webserie galardoada no IV Carballo Interplay como mellor proxecto

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 18:00

Os concellos de Culleredo (parroquia de Celas) e A Coruña están a acoller estes días as sesións de gravación da proposta galardoada na pasada edición do certame de contidos dixitais Carballo Interplay como mellor proxecto de webserie en galego (un galardón dotado de 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos). Estamos a falar da webserie Hai vida en Bran? Nas xeiras de gravación está a traballar un equipo capitaneado por Ángela Andrada (creadora e protagonista do proxecto). O resultado do traballo estrearase na vindeira edición do certame. Segundo fixo saber Andrada, a súa proposta diríxese a “cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”.
Máis en detalle, a nova serie conta a vida de Mariña, unha moza licenciada en Belas Artes e seguidora do glam rock que volve á casa da súa nai, na pequena vila de Bran, despois de intentar, sen éxito, abrirse camiño no mundo do cómic. Segundo nos contan dende Carballo Interplay, trátase dunha comedia “con forte presenza musical e pequenas tinturas dramáticas” que retrata a Xeración Xabarín, os mozos de soños rotos, criados enfronte dun televisor, “aos que se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan cun futuro incerto”. O equipo, amais de Andrada, está formado por Cristina Mariño, Pastor Rodríguez, Gonzalo Faílde e Daniel Celester. Tamén se conta para as sesións de rodaxe coas coñecidas actrices Isabel Blanco e Cris Iglesias.
Hai vida en Bran? estrearase na quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2018 e que está en pleno proceso de recepción de propostas, tanto para a sección oficial a concurso como para o premio ao mellor proxecto de webserie en galego, que de novo estará dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos e se resolverá cunha presentación en directo durante o festival. As persoas interesadas en participar poden facelo a través da web www.carballointerplay.com.

Categorías: Ciencia

SIVSA fornecerá de computadores a colexios públicos de toda Galicia

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 16:30

A empresa galega SIVSA, da que temos falado en Código Cero para salientar as vantaxes e características pioneiras das plataformas Fenix e Geenie, vai abastecer de computadores ao alumnado de colexios públicos de toda a xeografía galega. Este subministro vén dado pola adxudicación a SIVSA, por parte da Xunta de Galicia (a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA), da subministración e mantemento dos equipos informáticos para estudantes do proxecto Abalar-EDIXGAL, que facilita o acceso ás novas tecnoloxías a alumnos e profesores de toda Galicia. En virtude disto, a firma iniciará nas vindeiras semanas, e até final de ano, a achega de 14.600 computadores de última xeración nos colexios públicos galegos.
A Xunta valorou a elección por parte de SIVSA dun hardware HP deseñado e fabricado especialmente para o ámbito educativo, de calidade contrastada e cun soporte técnico de primeiro nivel. Estes equipos, explica a empresa con sede en Vigo, inclúen un procesador de última xeración, avanzado e de alto rendemento, “que permitirá aos alumnos utilizar eficazmente os programas, contidos dixitais e ferramentas máis avanzadas”. Ademais, SIVSA dotará tamén aos computadores de lapis apuntador, nas súas palabras unha ferramenta “de gran utilidade na dinámica da educación con soporte dixital”. Ademais do dito fornecemento, SIVSA realizará o soporte técnico e mantemento durante o próximos cinco anos, para garantir o uso dos equipos por parte do alumnado.

Categorías: Ciencia

Livetopic fai a súa presentación perante investidores e abre rolda de financiamento

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 14:27

Entre os proxectos que están a participar na actual edición de Innova by Conector (o programa de aceleración de ABANCA) atópase o proxecto Livetopic, que foi presentado o pasado martes, en todos os seus detalles, perante investidores potenciais da nosa contorna. Na cita, que se celebrou no Centro de Innovación da entidade galega na Coruña, os responsábeis de Livetopic presentaron os resultados obtidos até a data pola iniciativa (lanzamento da app de seu, resultados e premios) e mostraron a súa proposta de face ao futuro. Na presentación participou Antonio Casal, director comercial da empresa, que salientou que se trata dunha ferramenta que lle recomenda ao usuario “o que realmente necesita contratar”, “a diferenza do resto de competidores que o único que fan é mostrarche produtos”.
Segundo puidemos saber, a nova firma galega vén de abrir a súa primeira rolda de investimento para introducir melloras en usabilidade da aplicación móbil e para a posta en marcha de campañas de mercadotecnia e contratación de persoal, destinado isto último a prestar apoio ao departamento de Tecnoloxía.
Lembrar que Livetopic foi recoñecida recentemente co primeiro premio do INSEAD Venture Competition (o mesmo galardón que recibiu no seu día BlaBlaCar) e o primeiro premio do programa Santalucía Impulsa, como startup con importante proxección.
A nova firma está centrada en tirar proveito das máis avanzadas tecnoloxías para facer análises detalladas e independentes da nosa situación económica e financeira, achegándonos asesoramento sacar a máxima rendibilidade dos nosos aforros.

Categorías: Ciencia

LEGO enriquece os seus xoguetes cunha aplicacíon de realidade aumentada

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 12:48

Os posuidores dun dispositivo de Apple a partires do iPhone 6s e do iPad de quinta xeración con iOS 11, ou sexa, compatible con ARKit, poden gozar dunha nova aplicación dispoñible de balde na App Store que permite empregar a realidade aumentada para facer que varios conxuntos de xoguetes de LEGO cobren vida a través da pantalla do smartphone ou tablet, LEGO AR-Studio.
A nova aplicación é inicialmente compatible coa comisaría de policía, o tren e o parque de bombeiros de LEGO City, o dragón verde de NINJAGO e os novos lotes Cole"s Mech e Destiny"s Bounty da película de LEGO NINJAGO, que poderán explorarse e controlarse virtualmente, de xeito que poderemos vivir novas aventuras e gravar vídeos nos que podemos ver como as figuras de LEGO aparecen animadas, con efectos audiovisuais, que van dende o dragón cuspindo lume até o coche de bombeiros e o tren circulando cos seus correspondentes sons.
Para animar a xogar, a aplicación tamén agochará ladrillos de ouro virtuais para que os nenos os atopen e coleccionen. Un curioso xeito de aproveitar a realidade aumentada para engadir valor a produtos que hai que adquirir no mundo real.

Vídeo no que podemos ver a nova aplicación móbil en acción

Categorías: Ciencia

Viewnext e a UVigo achegan aos estudantes formación avanzada na empresa

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 11:53

Ao abeiro da Cátedra Viewnext, posta en marcha en 2016 pola dita empresa e a Universidade de Vigo (dirixida a impulsar o talento no sector tecnolóxico), vénse de anunciar a vindeira posta en marcha, para este curso académico, dun programa de aceleración curricular destinado a incentivar a formación especializada e a empregabilidade do alumnado do Máster en Enxeñaría Informática que se imparte na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense. O programa pretende “proporcionar maiores oportunidades laborais e de formación ao alumnado de mestrado” e “fomentar a captación e retención de talento por parte de Viewnext coa incorporación de persoal en formación con maior nivel de especialización e compromiso coa empresa”, segundo informaron os seus responsábeis.
Respecto das vantaxes que ten para o alumnado, salientaron as posibilidades que se abren para acceder á formación en tecnoloxías punteiras desde un punto de vista empresarial e poder compatibilizar unha actividade laboral co estudo dun mestrado. Para resolver este reto, a iniciativa propón un itinerario dunha duración de ano e medio paralelo e compatíbel cos horarios de realización do mestrado. Este itinerario comeza coa formación dos participantes durante tres meses a cargo da empresa, participando en cursos específicos de alta capacitación. Os estudantes seleccionados que superen esta primeira fase poderán incorporarse á empresa cun contrato laboral a tempo parcial tamén compatíbel cos estudos que están a realizar.
Debido á gran demanda de enxeñeiros informáticos que hai, subliña Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, “o que está acontecendo é que os nosos alumnos e alumnas comezan a traballar tan axiña como rematan os estudos de grao, ou mesmo antes de acabar a carreira, e non realizan o mestrado”. Polo tanto, a intención é “incentivalos para que o fagan”. A devandita formación, engade Francisco Javier Rodríguez, é a continuidade formativa do grao e forma ás futuras enxeñeiras e enxeñeiros en Informática, sendo equiparábel ao nivel formativo de enxeñeiro en Informática que había antes do Plan Boloña. “Esta adquisición de coñecemento permite ao alumnado acadar novos niveis profesionais dun xeito máis rápido e é apreciada polas empresas dado que dota aos estudantes de maior nivel competencial”, detalla.

Categorías: Ciencia

O CPEIG conmemora os seus dez anos de traballo coas principais entidades TIC da nosa terra

códigocero - Ven, 12/01/2017 - 10:57

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en compaña das principais entidades TIC da nosa terra, fixo este 30 de novembro un repaso polo que deu deu de si a década comprendida entre 2007 e 2017, ou sexa, polos seus dez anos de vida. Na cita, un animado encontro participativo onde se escoitaron múltiples voces e puntos de vista, participaron arredor dun centenar de persoas. Celebrouse no salón de actos do Centro ABANCA da Praza de Cervantes de Santiago e foi conducido polo divulgador Manuel Vicente, quen se apoiou nunha parte importante dos asistentes (membros do CPEIG e doutras entidades TIC da nosa terra) para, primeiro, facer memoria do acontecido mundialmente (e xenericamente) ao longo destes dez anos, do ocorrido tecnoloxicamente (disto encargouse Pilar Vila, vogal do CPEIG) e do acontecido en relación ao colexio (tarefa encomendada a Fernando Suárez, presidente do CPEIG).
O devandito complementouse coa visión achegada por Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL); Alejandro Lamas, videpresidente do Clúster TIC de Galicia; Carlos Vázquez Mariño, director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais de AMTEGA; Frankie Gomez, responsábel de Lacon Network; Fernando Prieto, da empresa Gato Salvaje; Manuel González, presidente de Puntogal; Manuel Meijide, director de Mundos Dixitais; Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e tamén vogal do CPEIG; e José Ramón Méndez, profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial da UDC. Tamén interveu, entre outros, Arno Fornella, investigador e profesor da Escola de Enxeñaría Informática de Ourense (amais de membro do Laboratorio de Informática Aplicada e coordinador dos traballos de desenvolvemento e lanzamento do picosatélite galego XaTcobeo). Tamén interveu amplamente Pilar Vila, vogal do CPEIG, elaborando un percorrido polos principais achados e acontecementos mundiais da nosa historia tecnolóxica recente (a comprendida, como dixemos, entre 2007-2017).
En relación ao CPEIG, a cita foi un repaso das principais actividades, logros e fitos acadados pola entidade ao longo da súa andaina. Fernando Suárez debullou os (“duros”) comezos do proxecto e os principais obxectivos primeiros do CPEIG (impulsar unha entidade que protexese e velase aos nosos profesionais da Enxeñaría en Informática, e fomentar ao mesmo tempo o progreso e a innovación). Tamén recordou que malia os dez anos de “vida” do CPEIG, a profesión é moito máis antiga ca iso (xa cumpriu os 40 anos) e que, malia o moito que se ten avanzado, hoxe en día fica pendente de solucionar definitivamente un problema que se arrastra dende hai anos: a falta de equiparación, en materia de recoñecemento público, da Enxeñaría en Informática con respecto ao resto das enxeñarías. Suárez tamén falou doutra das grandes preocupacións do colexio, que é a ausencia de mulleres no sector, unha baixa participación que, lonxe de atenuarse co paso dos anos, non deixa de ir a máis nas contornas previas aos ámbitos profesionais, ou sexa nos propios estudos de informática.
A cita, como dixemos, encadrouse nos eventos de conmemoración do décimo aniversario do CPEIG que a entidade profesional programou este 2017, ao abeiro do lema 10 anos conectad@s. O evento do 30 de novembro foi, de feito, a culminación desas conmemoracións.
O evento foi pechado pola directora da Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, quen fixo un percorrido polos principais logros da profesión e polo seu “papel como embaixadoras e embaixadores das vocacións STEM para difundir o amplo abano de posibilidades laborais que ofrece o sector tecnolóxico”. Tamén aproveitou para felicitar ao colexio por “esta década de traballo” e ao que recoñeceu “a súa colaboración na formación e difusión das TIC en diferentes iniciativas da Axenda Dixital de Galicia, claves para contribuír a xerar un clima de confianza entre os cidadáns e dinamizar o seu uso”.
A maiores, Pereira lembrou que, malia ser un perfil moi demandado, en Galicia só un 9,3% dos alumnos matriculados no sistema universitario cursa carreiras do ámbito científico-tecnolóxico. Ademais, dixo, só o 29,1% das persoas matriculadas en carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) son mulleres, unha fenda de xénero que xa se percibe antes da universidade, xa que só o 33% das mozas optan polo Bacharelato Científico-Tecnolóxico fronte ao 46% dos mozos. A directora de AMTEGA subliñou que “incrementar estas cifras é unha responsabilidade conxunta que implica a administración públicas, universidades, colexios profesionais e sector empresarial, e que se está a afrontar cun enfoque multidisciplinar”.

Categorías: Ciencia

Gravity signals could speedily warn of big quakes and save lives

Nature - Ven, 12/01/2017 - 02:52

The trick lies in capturing the weak gravitational shifts in the ground.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23045

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas