Agregador de novas

Australian students report high rates of sexual harassment and assaults

Nature - Mar, 08/01/2017 - 23:46

One in five say they were harassed on a university campus, according to first national study.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22397

Categorías: Ciencia

University says prominent Japanese cell biologist committed misconduct

Nature - Mar, 08/01/2017 - 20:38

University of Tokyo investigated anonymous allegations of manipulated images in papers by Yoshinori Watanabe.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22394

Categorías: Ciencia

Fears rise as Trump officials take reins on US climate assessment

Nature - Mar, 08/01/2017 - 17:30

Officials at the US Environmental Protection Agency are consulting global-warming sceptics as they weigh up a technical review.

Nature 548 15 doi: 10.1038/548015a

Categorías: Ciencia

Bacteria could be key to freeing South Pacific of mosquitoes

Nature - Mar, 08/01/2017 - 17:30

Islands in the region could be rid of the biting insects within a decade.

Nature 548 17 doi: 10.1038/548017a

Categorías: Ciencia

Chimpanzees are first animal shown to develop telltale markers of Alzheimer's disease

Nature - Mar, 08/01/2017 - 17:30

Analysis of chimp brains reveals protein plaques and tangles that signal brain disease in humans, but whether the animals can develop dementia is unclear.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22370

Categorías: Ciencia

A galega GamersWalk acadou 100.000 usuarios rexistrados nos seus primeiros sete meses

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 14:40
A equipa de GamersWalk, integrada por Rafael Fernández, Jon Torrado, Alberto Lamas, Manuel Alexandre Rivas e Juan Carlos Barros

A firma galega GamersWalk, especializada na distribución innovadora de videoxogos, vén de facer balance do seu primeiro medio ano de “vida”. Segundo informan os responsábeis da iniciativa, esta acadou xa, en sete meses de andaina, a cifra nada desprezábel de 100.000 usuarios rexistrados. A xuízo do equipo de GamersWalk, a comunidade xerada mostra “o gran poder de atracción da nosa innovadora plataforma de eSports con sede Oleiros”. Pero hai máis cifras. No seu balance tamén se fai saber que máis de 160 streamers participan de xeito activo no seu sitio web e que este xa rexistrou máis de 6.500 internautas simultáneos seguindo un mesmo streaming e con retransmisións das principais competicións de deportes electrónicos.
Máis en detalle, a equipa de GamersWalk (integrada por Rafael Fernández, Jon Torrado, Alberto Lamas, Manuel Alexandre Rivas e Juan Carlos Barros) explicou que o sistema de preguntas e respostas en tempo real, o StreamBattles conquistou a máis de 160 streamers que participan de forma activa na plataforma. Entre eles, cómpre salientar youtubers tan referenciais como TheAlvaro845, reputada figura do ámbito dos eSports en formato móbil. O presidente de GamersWalk, Juan Carlos Barros, aplaude unhas cifras “que demostran o enorme potencial dunha plataforma única que conta con picos de audiencia que van alén dos 6.500 usuarios simultáneos seguindo un mesmo streaming”.
Sobre un dos puntos fortes de GamersWalk, o seu dinamismo, engade que a plataforma atópase en “constante evolución” e que en datas vindeiras ampliaranse as súas funcionalidades con ferramentas exclusivas que mellorarán a experiencia de usuarios e streamers. E explica: “GamersWalk basea a súa estratexia en crear e dar resposta ás necesidades dunha comunidade moi activa que muda cada pouco; nós derrubamos as barreiras comunicativas para que os usuarios sexan protagonistas das mellores competicións de eSports”.
A equipa da empresa con sede en Oleiros tamén recorda que amais de ofrecer un contacto directo entre os streamers e a súa audiencia, GamersWalk retransmite as principais competicións internacionais de eSports como LCS, LCK, Liga Chispitas ou ESL Masters, entre outras.
O colectivo tamén lembra que nos últimos meses a plataforma realizou importantes alianzas con VFO (competición oficial de fútbol virtual baseada no videoxogo EA Sports FIFA) ou a firma ESL, considerada a maior compañía do sector no mundo.
Para Manuel Alexandre Rivas e Jon Torrado, co-conselleiros delegados de GamersWalk, os datos solicitados nos primeiros meses de vida da plataforma son “moi satisfactorios”, xa que “avalan un proxecto que crea un universo relacional que medra a un ritmo de vertixe e que recolle as demandas da propia comunidade de seareiros”. Engaden que “as alianzas fraguadas nos últimos meses poñen en valor un produto único que é quen de incrementar a interacción entre usuarios e streamers”.
Sinalar tamén que GamersWalk conta co apoio do presidente executivo de Carbures, Rafael Contreras, que apostou pola plataforma cun investimento de 600.000 euros para adquirir o 20% do proxecto.

Categorías: Ciencia

Medio Rural anímanos a xuntar forzas na gran comunidade galega de internautas contra o lume

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 14:39

Até o de agora, as galegas e os galegos sabíamos que podíamos ser moitas cousas na vida. Do que se cadra non tiñamos constancia é de que tamén podíamos ser devasas. Ou sexa, cortalumes para frear a destrución forestal. É posíbel selo? Segundo a Consellería de Medio Rural a resposta é si, categoricamente, e con todo o que isto implica: que cada un de nós sexa o elo dunha cadea de colaboración cidadá para loitar contra a lacra dos incendios. Disto, de crear unha comunidade virtual de activistas medioambientais que teña ampla repercusión no propio medio ambiente galego (do virtual cara ao real), é do que trata a campaña Faite Cortalumes de Medio Rural. Xa ten páxina web propia, soncortalumes.gal, onde podemos darnos de alta e engadirnos ao colectivo.
Para xuntar forzas coa comunidade xa formada só teremos que enviar un vídeo ou unha foto cos nosos datos persoais (cubrindo un formulario específico) á conta soncortalumes@xunta.gal. Segundo informa Medio Rural, “todos podemos ser cortalumes, un oficio que simboliza compromiso cos nosos montes, orgullo, sentido do deber, valor e responsabilidade”.
Trátase, en definitiva, dunha campaña de divulgación e concienciación cidadá fronte aos incendios forestais que xira arredor da páxina soncortalumes.gal e ten por obxectivo chegar a cada recanto de Galicia e conseguir que todas e todos formemos unha gran devasa humana, de “carácter simbólico” pero que sirva de complemento eficaz ás 10.500 hectáreas de devasas físicas e reais que existen nas nosas forestas.
A iniciativa foi presentada o 14 de xullo e xa conta co apoio e adhesión de múltiples facianas coñecidas da nosa cultura e de múltiples sectores institucionais e empresariais.

Categorías: Ciencia

Arcade Fire sorprende vendendo o seu último álbum nun fidget spinner USB

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 12:26

Nos últimos meses emerxeron os fidget spinners como todo un fenómeno global bastante efémero, e a banda canadense Arcade Fire parece ter atopado un orixinal xeito de subir ao carro, e publicou unha edición moi limitada do seu novo álbum, Everything Now, nun fidget spinner que agocha unha memoria USB no seu interior.
O produto vendíase a 90 euros e curiosamente esgotouse rapidamente, deixando claro que a idea era orixinal, e ao ser unha peza o suficientemente exclusiva fai que os seareiros da banda non dubiden ao pagar unha cantidade económica elevada para facerse co seu quinto álbum de estudio a un prezo moi superior do que custarían os seus 13 temas por separado (de feito, en CD véndese o álbum a 12 euros, en casete a 9 euros e en disco de vinilo a 21 euros).
Temos aquí un excelente exemplo de como a ansia coleccionista pode recuperar a venda de música en soporte físico, aínda que sexa unha práctica en clara recesión dende a popularización dos cada vez máis cómodos e completos servizos de streaming musical.

O novo álbum de Arcade Fire pode mercarse en distintos soportes físicos
Categorías: Ciencia

Spotify supera os 60 millóns de subscritores

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 11:48

O pasado mes de marzo Spotify presumía de ter superado a barreira dos 50 millóns e subscritores, e vese que a actual promoción na que ofrecían 3 meses de subscrición por 0,99 euros conseguiu captar a moitos usuarios de pagamento, porque en moi poucos meses conseguiron mellorar considerablemente as súas cifras, e agora dan conta de ter superado os 60 millóns de subscritores de pagamento.
Non só teñen un volume moi importante de subscritores, senón que tamén manteñen un bo número de usuarios de balde, de xeito que no mes de xuño tiñan rexistrados máis de 140 millóns de usuarios activos en 60 países que teñen acceso a un catálogo de máis de 30 millóns de cancións.
Estes bos resultados están a reactivar os rumores de que a finais de ano poderiamos ver como Spotify sae ao mercado bolsista, aproveitando así o seu rápido crecemento e a súa posición líder no sector (o seu principal competidor, Apple Music, aínda está a bastante distancia cuns máis que significativos 27 millóns de subscritores).

Categorías: Ciencia

O CESGA achega a empresas e institucións o seu novo servizo de Machine Learning

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 10:12

Os horizontes das nosas empresas teñen ao seu favor para espallarse grazas ás tecnoloxías do que se coñece como Machine Learning, que son os sistemas e recursos que fan que as máquinas teñan capacidade de xestionar e tomar decisións en base a grandes cantidades de información procesada. Se hai un referente en ML na nosa terra é o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA. Dalgunha maneira, caída de caixón: o centro acubilla tal experiencia con máquinas de cálculo avanzado, que o factor intelixencia nas mesmas só era cuestión de tempo. Ao fío disto, o CESGA vén de lembrarnos as posibilidades destas tecnoloxías para as institucións e as empresas, ao mesmo tempo que fortalece o seu apoio á comunidade de Machine Learning cun novo servizo para institucións e empresas.
Segundo nos contaba o propio centro na súa xornadas sobre ML do pasado mes de outubro, o ámbito Machine Learning é en certa maneira o caldo de cultivo do futuro. O punto de inflexión está marcado polo seguinte: a aparición de algoritmos e sistemas que son quen de “entender” a información. Canto máis medre esta, meirande e máis afinado será o entendemento.
Respecto das vantaxes concretas para estas entidades, o CESGA salienta que son aplicábeis a todo tipo de sectores (dende TIC á industria manufactureira) e que permiten cousas como a análise de vídeos en tempo real para extraer información útil, a identificación de obxectos en imaxes ou o procesado de series temporais para coñecer as posibilidades de que unha máquina falle en datas vindeiras. “As posibilidades son innumerábeis”, lembra.
Con todo, o CESGA tamén fai saber que as técnicas máis modernas (como o chamado Deep Learning) precisan dunha gran capacidade de computación. Esta pódese obter tanto polo uso simultáneo de moitos procesadores ou utilizando GPU, pero o emprego dun só computador “limita moito as posibilidades, tanto nos tamaños dos modelos como na procura dos parámetros axeitados destes”. Por este motivo, o CESGA quere apoiar a empresas, institucións e investigadores no seu traballo de definición de algoritmos de Machine Learning poñendo á súa disposición as capacidades computacionais do Finis Terrae II.
Nun plano máis concreto, o novo servizo de Finis Terrae II para Machine Learning inclúe a dispoñibilidade das contornas de desenvolvemento de ML máis utilizadas pola comunidade, adaptadas á arquitectura do computador para obter o máximo rendemento. Así, están dispoñíbeis Tensorflow, Caffee, Torch, Theano, Caffe2 e CNTK. Ademais do acceso a estas contornas, o persoal de soporte do CESGA pode axudar a empresas e entidades na execución eficiente dos seus procesos de adestramento de novos modelos. “A infraestrutura”, explica o centro, “compleméntase co acceso compartido dunha gran capacidade de almacenamento (de centenares de TBs) para ter acceso a todos os datos necesarios para o adestramento”.
E engade o CESGA: “Grazas ás capacidades computacionais do Finis Terrae II, é posíbel desenvolver modelos de Deep Learning máis complexos e competitivos, acelerar o seu adestramento, realizar procuras dos modelos que mellor se axusten aos seus datos, ou atopar os parámetros que permiten un adestramento máis eficaz, e todo iso nunha contorna rápida e eficaz”.

Categorías: Ciencia

O festival Feito a Man estrea aplicación desenvolvida por Balidea

códigocero - Mar, 08/01/2017 - 09:31

O festival compostelán Feito a Man presentouse este último día de xullo, facendo fincapé nun programa que se amplía polos catro costados, tanto en número de actuacións, como en diversidade artística (pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega), como en recantos da zona vella por abranguer. Serán, en termos concretos, case 80 espectáculos e outras tantas bandas/artistas a celebrar entre o día 3 e o 30 de agosto en diferentes recunchos da zona antiga de Santiago. O festival foi dado a coñecer no que será en boa medida o epicentro do mesmo, a praza de Feixóo. Contouse coa presenza do alcalde, Martiño Noriega; da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e de Manu Rodríguez e Ánxeles Porto, por parte da organización. A parte musical correu a cargo de Espiño. Na cita fíxose saber que o certame estrea este ano aplicación desenvolvida por Balidea. Amais, fortalécese a vertente de Feito a Man no plano dixital, con presenza en catro redes sociais e a páxina web de seu.
Feito a Man, para quen non o saiba, chega este mes de agosto á súa décimo cuarta edición. Vén da man, unha vez máis, da Asociación Cultural Cidade Vella e conta coa colaboración do Concello.
Segundo se informou no dito acto, unha das grandes novidades deste ano é a celebración de dous concertos especiais na praza da Quintana. Serán as dúas actuacións de meirande envergadura, ámbalas de pagamento: o 20 de agosto, un concerto dos escoceses Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras; e o día 30, para fechar o festival, terá lugar o espectáculo Camiñar sen fin. Concerto para Narf, no que participarán a xeito de tributo ducias de artistas do mundo da música e das artes escénicas.
O programa complétase con bandas como Oh Ayatollah, Espiño, Som do Galpóm, Os d"Abaixo, Valentin Caamaño Trío, Trifasic, Zapa, Chocolate Band, Mojo Experience, Pablo Sanmamed Trio, Alô Django, Garcia Mc, The Neighbour, Banda das Crechas, Grüvzilla, Leira Catro, The Show Bass, Puma Pumku, Noe Black ou Tres Pesos. Alén disto, tamén haberá bandas internacionais como Quique Escamilla (Canadá/México), Kyekyeku (Ghana), Kamankola (Cuba), DJ Najle (Colombia), Cygne (USA), Kaela Rowan Band (Escocia), Haema (Portugal), Michelle Alany and the Mystics (USA), Scratchy Sounds (Inglaterra), Mongrel State (Irlanda) ou Luiz Caracol (Portugal).
Viño de seu, aplicación móbil e páxina web
Segundo se engadiu no acto, alén da programación, o festival este ano estrea viño propio (un ribeiro con uva treixadura que leva o nome do festival) e tamén unha aplicación móbil, tanto para trebellos con sistema Android como para aparellos iOS, que se pode descargar de forma gratuíta e que nos servirá para consultar o programa de maneira cómoda e inmediata e saber, ao momento, a onde temos que acudir para ver as nosas actuacións preferidas. Segundo lembra a organización, coa app de Feito da Man tamén teremos marxe de abondo para a personalización. Ou sexa, que baseándose nas nosas preferencias e intereses, propoñeranos actividades que non “deberemos deixar de visitar se queremos mellorar a nosa experiencia dentro do festival”.
Como valor engadido a aplicación, que foi desenvolvida pola firma compostelá Balidea (especializada no deseño e creación de todo tipo de ferramentas tecnolóxico-dixitais avanzadas), amósanos tamén lugares de interese aos que acudir dentro da cidade de Santiago de Compostela.
Para quen queira estar ao tanto da axenda de actuacións, do contido das mesmas e dos lugares elixidos para cada concerto, dicirlle que tamén está activa (amais da aplicación) páxina web do festival, festivalfeitoaman.gal. A vertente tecnolóxica complétase coas contas de Twitter, Facebook Instagram e YouTube.

Categorías: Ciencia

Volvemos en Septiembre

Investigación y Ciencia - Mar, 08/01/2017 - 00:00
El servicio de noticias de actualidad científica se reanudará el próximo 1 de septiembre. Aquí tenéis las diez noticias más leídas entre enero y julio de 2017.
Categorías: Ciencia

Samsung anuncia un modem LTE capaz de descargar a 1,2 Gbps

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 21:30

A banda larga móbil non cesa de evolucionar, de xeito que cada vez o ten máis doado para competir coa banda larga fixa en velocidade e latencia, conseguindo así unha grande experiencia de uso e permitindo incluso de gozar de contidos en ultra alta definición ou de realidade virtual, e para dar conta do prometedora que serán as novas conexións móbiles Samsung anunciou hoxe que desenvolveu unha nova tecnoloxía de modems LTE que soportará 6CA por primeira vez na industria, ou sexa, que conseguirá velocidades de descarga de até 1,2 Gbps.
A primeiros de ano os Samsung Exynos 9 xa contaban con modems LTE de Cat. 16 e 5CA, que podían conseguir velocidades de descarga de 1 Gbps, mentres que os novos modems LTE de Cat. 18 e 6CA serán os que cheguen aos 1,2 Gbps, ou sexa, que mellorarán a súa velocidade un 20%, o que permitiría descargar unha película en alta definición en 10 segundos.
Deste xeito temos que probablemente o futuro Samsung Galaxy S9 incluiría unha tecnoloxía de comunicación que con algúns operadores (xa que a velocidade conséguese agregando conexións en diferentes bandas) podería conseguir velocidades de funcionamento que superarían a calquera das ofertas de conexión doméstica de fibra óptica actuais.

Categorías: Ciencia

An icy break up, Higgs history and a very messy eater

Nature - Lun, 07/31/2017 - 20:43

July’s sharpest science shots, selected by Nature ’s photo team.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22385

Categorías: Ciencia

Unha intrusión nos sistemas da HBO podería permitir filtracións de Game of Thrones

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 20:06

No que vai de ano as intrusións informáticas afectaron seriamente á industria audiovisual, facilitando a filtración de varios episodios da serie Orange is the New Black e incluso levando á Disney a ser vítima da extorsión dos ladróns dunha das súas películas antes da súa estrea, o que levou ás compañías a tomar moitas precaucións para evitar as filtracións que puidesen estragar a experiencia de consumo audiovisual dos seus seareiros, o que conseguiu limitar bastante os efectos das intrusións que puidesen producirse, pero que non son infalibles, como vén de comprobarse coa máis recente intrusión que afectaría á HBO e podería facer que as tramas dos vindeiros episodios de Game of Thrones aparecesen na Internet.
Os responsables do roubo de información aseguran ter 1,5 TB de datos da HBO, entre os que podería estar o guión do episodio da semana que vén de Game of Thrones, aínda que por fortuna está desbotado o feito de que puidese ser unha copia do propio episodio a que se puidese filtrar (como si aconteceu en anos anteriores) xa que actualmente a circulación das copias dos episodios está rigorosamente controlada.
Aínda que os responsables desta intrusión a definen como «a meirande filtración da era do ciberespazo», é moi posible que non pase de anécdota, pois simplemente estragar un par de sorpresas dun episodio en concreto dunha serie de televisión é algo moito menos importante do xigantesco roubo de datos que padeceu Sony hai un par de anos, con máis de 100 TB de datos filtrados á Rede, entre os que había películas que non se estrearan no cine, estragando completamente a súa carreira comercial nos EE.UU.
Neste caso a posible filtración resulta de grande interese porque as tramas de Game of Thrones están a ser moi seguidas e discutidas en liña, especialmente dende o momento no que a serie superou os acontecementos narrados nas novelas nas que se basea.

Categorías: Ciencia

As historias de Facebook poden facerse públicas

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 18:24
Ao colocar a privacidade dunha historia como pública abrímola non só a amigos, senón tamén a seareiros

Nos últimos meses Facebook emprendeu un duro ataque a Snapchat clonando boa parte das súas prestacións nas súas distintas plataformas, sendo o máis visible a adopción das historias en Messenger, Instagram e Facebook, con pequenos cambios en cada servizo en función da súas peculiaridades, e sen previo aviso nos últimos días realizouse un cambio deste formato efémero de publicación en Facebook, de xeito que a partires de agora podemos elixir se as historias de Facebook son visibles durante 24 horas só para os nosos amigos ou fanse públicas.
Cando falamos de historias públicas temos que entender que o concepto non é igual que o das publicacións ou as fotografías públicas, xa que estes contidos están visibles de xeito xeral a calquera usuario de Facebook, pero no caso das historias a súa visibilidade é limitada, e só podemos achegarnos a elas a través dunha barra superior que aparece nas aplicacións móbiles de Facebook, ou sexa, que estes contidos están moi restrinxidos, e no caso de facerse públicos o número de usuarios aos que se abre na meirande parte dos casos será moi reducida, xa que o que fará realmente é non limitar só os contidos a amigos, senón que os abrirá tamén ao seareiros (tipo de seguimento moi pouco habitual para usuarios normais, aínda que resulte máis común entre as celebridades, que poden así manter unha relación asimétrica con outros usuarios, ou sexa, achegándolles contidos sen aceptalos como amigos, pois o sistema ten limitado o máximo de amigos a 5.000, polo que cómpre aceptar amizadas con moderación).
Ao parecer este cambio nas historias de Facebook só vai ser un primeiro paso, de xeito que en breve tamén veremos historias que, en vez de ser de usuarios, serán de páxinas, achegando así este formato fresco e divertido a máis usos, para que empresas e marcas de distinto tipo poidan empregar os contidos efémeros en Facebook do mesmo xeito a como xa están a facer en plataformas como Instagram.

Categorías: Ciencia

Os enxeñeiros técnicos en Informática, preocupados polos problemas de seguridade de LexNET

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 17:47
Marcos Mata, presidente do CONCITI e do CPETIG durante a sinatura dun acordo recente con AMTEGA

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) que preside o galego Marcos Mata (tamén presidente do colexio galego CPETIG) vén de emitir un comunicado no que reflicte a súa fonda preocupación acerca do nivel de seguridade do sistema informático LexNET, que segundo lembra a entidade profesional informática leva “detido” dende o pasado venres tras ser detectado un buraco de seguridade que “deixaba ao descuberto información sensíbel que contería datos de especial protección”. A voz de alarma foi dada polo avogado José Muelas, decano do Colexio de Avogados de Cartaxena, que alertaba da dita eiva de protección o xoves 27. A continuación, o Ministerio de Xustiza recoñecía o problema e paraba o funcionamento do sistema informático LexNET. Como lembraremos, trátase dunha plataforma usada por xuíces, fiscais, avogados e procuradores. Sobre ela sustentan todos os seus procesos.
O CONCITI lembra que durante ese período de tempo no que se constatou a paréntese de seguridade, entre o xoves e o domingo, puidéronse provocar graves prexuízos para todos os trámites xudiciais. “O problema foi tan crítico que o Ministerio de Xustiza constituíu un gabinete de crise”, informa o consello xeral, mostrando ao mesmo tempo a súa “preocupación e malestar” pola falta de regulación no sector, “tanto para os profesionais como pola ausencia de normativa técnica en relación aos sistemas de información que poidan merecer tal singularidade”.
Dende CONCITI, malia que o Ministerio de Xustiza xa informara de que se está tentando emendar a devandita eiva, temen que non se diriman responsabilidades polo fallo, “sistema do que ademais non se coñece a empresa ou empresas que o desenvolveron, algo polo que o Goberno foi interpelado en varias ocasións no Congreso dos Deputados”, engade o consello xeral, que tamén emitiu a súa preocupación “polas responsabilidades relativas á vulneración de normativa en materia de protección de datos”.
CONCITI leva tempo advertindo das “consecuencias da falta de regulación tanto profesional como normativa no sector”. Ao seu xuízo, o acontecido con LexNET é un “exemplo do devandito”.

Categorías: Ciencia

Avansig, firma creada por investigadores do CITIC, estará na competición de startups de South Summit

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 16:42

Avansig, empresa de alicerce tecnolóxico creada por investigadores ligados ao CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña), vén de ser seleccionada na Startup Competition, organizada por South Summit, como unha das 100 firmas de novo cuño máis innovadoras do mundo. A escolma final do centenar de startups foi elixida por máis de 90 especialistas en tecnoloxías de vangarda. Avansig e as restantes empresas elixidas participarán na devandita cita internacional do ecosistema emprendedor, que se celebrará en Madrid do 4 ao 6 de outubro no espazo madrileño da N@ve e que, segundo explican fontes do CITIC, reunirá aos actores máis importantes do ecosistema emprendedor: investidores, startups e corporacións.
Entre os criterios que se tiveron en conta para a selección do centenar de proxectos, salientan cinco valores fundamentais: a innovación que achegan ao mercado, a súa viabilidade económica, a capacidade de adaptación (a diferentes contornas) e evolución da súa tecnoloxía, o equipo humano que está detrás e se son ou non “invertíbeis”.
Avansig, que conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de sistemas de navegación autónomos, foi seleccionada co proxecto Autonomous Smart Drones de entre un total de 3.500 proxectos, sendo un 53% internacionais, procedentes de máis de 72 países.
Como novidade nesta edición, a startup gañadora competirá por un millón de dólares en financiamento na Startup World Cup de Silicon Valley e contará cunha campaña de financiamento guiado por Seedrs, principal plataforma global de equity crowdfunding.
Para quen non saiba da natureza da actividade de Avansig, sinalar que se centra en boa medida no desenvolvemento de sistemas de vídeo vixilancia en edificios mediante o emprego de drones. Un exemplo disto é o proxecto SINDA (Sistema de Seguridade en Interiores con Drons Autónomos), do que falamos recentemente dende Código Cero, sinalando que se encamiña a xerar tecnoloxías de vídeo vixilancia en interiores mediante o emprego de drones autónomos baseados en visión artificial 3D.

Categorías: Ciencia

Medran un 10% os fogares galegos conectados á Rede

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 15:00
Táboa na que se compara a penetración da Internet nos fogares galegos, españois e europeos

Os resultados do diagnóstico sobre A Sociedade da Información nos fogares galegos, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), reflicte que o 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte os 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea.
Así, a dispoñibilidade de banda larga é superior nos fogares que contan con nenos en idade escolar obrigatoria onde roza o 94%, máis de 15 puntos porcentuais por riba de media autonómica. O número de persoas que viven no fogar novamente afecta de maneira positiva á contratación de Internet, superando o 90% de fogares con Internet contratado cando residen 3 ou máis persoas. En canto ás velocidades, un 22,3% dispoñen de conexión de 30 Mbps ou máis.
Respecto ao hábitat, todos os núcleos de entre 10.000 e máis de 50.000 habitantes superan a media galega de fogares conectados con porcentaxes de entre o 79 e o 84%. Ademais, no último ano os núcleos máis pequenos experimentaron un crecemento significativo. As poboación de ata 5.000 habitantes pasaron dun 54,4% de fogares con banda larga a máis do 67%. No seguinte tramo de máis de 5.000 a 10.000 pasouse dun 65,3% a un 73,4%.
O uso de Internet continúa a incrementarse en todos os tipos de hábitat analizados, estando especialmente estendido nos concellos de máis de 50.000 habitantes, onde supera amplamente a media galega e acada unha porcentaxe do 81,9%. Nos concellos máis pequenos (menos de 5.000 habitantes) achégase a case o 60%.

Os galegos superan a media estatal e europea no uso da eAdministración

A porcentaxe de internautas galegos que interactuaron coas Administracións Públicas para obter información (66,7%) é superior á porcentaxe acadada a nivel estatal e europeo, concretamente, a media autonómica supera en 8,6 puntos porcentuais á media estatal e en 16,7 puntos porcentuais á europea.
En canto á descarga de formularios, a media galega incrementouse nun 6,2% durante o 2016, acadando o 59,9%. O 65,4% das persoas que utilizaron Internet nos últimos 12 meses, utilizárono para enviar formularios cumprimentados ás Administracións Públicas, situándose novamente por riba da media estatal e europea.
En relación ás compras a través da Rede, un 37,2% dos internautas galegos mercaron a través de Internet nos últimos tres meses. A adquisición de bens ou servizos en internet incrementouse nun 3,3% respecto aos datos do ano 2015.

Categorías: Ciencia

A aprendizaxe das máquinas e o seu potencial para industria e sociedade, ao detalle da man do CiTIUS

códigocero - Lun, 07/31/2017 - 13:12

Debido ao crecente interese en todo o que teña que ver coa aprendizaxe das máquinas (Machine Learning, ML) e debido ás importancia das posibilidades que nos abre o feito de termos tecnoloxías que tomen decisións por nós (un feito de gran relevancia para as industrias), o ano vai rematar coa celebración dun gran evento galego para reflexionar sobre esta cuestións e, sobre todo, para xuntar baixo un mesmo teito a quen máis teña que contar sobre as mesmas. Falamos da xornada de traballo Workshop Machine Learning en Galicia 2017 (WGML2017), organizada polo centro CiTIUS da USC co apoio do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) e AtlantTIC (Universidade de Vigo). Diríxese a avaliar e mostrar a ampla gama de recursos e aplicacións que poñen en xogo as tecnoloxías ML. Será o 19 de outubro na sede do CiTIUS.
Recursos e aplicacións xa coñecidos (e outros por coñecer) como sistemas de procura, análise de textos, análises de redes sociais, recoñecemento de obxectos e caras, procesado do ADN, recoñecemento da fala, analítica de datos médicos, mellora e optimización dos sistemas de produción na industria, aplicacións de analítica para a intelixencia de negocio, e “un larguísimo etcétera”, en palabras da organización, que quere achegar unha visión total e certeira das potencialidades de todos estes recursos e das materias pendentes nos mesmos e nos que están aínda por vir. Segundo engaden os impulsores da xornada de traballo, “malia todos os beneficios achegados polo ML á sociedade e á industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que existe un futuro cheo de novos retos e oportunidades”.
Polo tanto, o obxectivo deste workshop é “presentar os proxectos e resultados de utilización das tecnoloxías ML nas universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e empresas de Galicia, tanto a nivel de utilización como desenvolvementos específicos de novos algoritmos, así como identificar as posibilidades destas tecnoloxías nos sectores referentes de Galicia, as necesidades de infraestruturas e as posibles sinerxías”.
Nesta edición daráselles prioridade os traballos que mostren a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais co fin de amosar á industria o potencial destas tecnoloxías.

Comité científico:

  • Ricardo Cao (CITIC-UDC, ITMATI)
  • Milagros Fernández Gavilanes (AtlantTIC - UVIGO)
  • David Mera Pérez (CiTIUS-USC)
  • Andrés Gómez Tato (CESGA)
  • Félix Díaz Hermida (CiTIUS-USC)


Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas