Ciencia

Lugo e a Fundación Telefónica formarán á mocidade local en ciberseguridade

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 22:32

O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, o corazón dixital do casco vello, vai acoller as semanas vindeiras o primeiro curso sobre ciberseguridade que a Fundación Telefónica celebra na nosa terra. Así o deron a coñecer hoxe a alcaldesa Lara Méndez, o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da fundación, Joan Cruz, e a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez. Segundo explicaron, o obradoiro ten aberto o prazo de inscrición, é de balde e conta coa colaboración do Concello. Ademais, engadiron, é “o primeiro destas características que celebra a Fundación Telefónica en Galicia”.
No acto, no que tamén estivo presente a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, a rexedora lembrou as vantaxes da formación TIC para mellorar as nosas opcións laborais e recordou tamén o compromiso do Concello coa creación de emprego (con axudas directas á contratación ou fomentando o emprendemento), facendo fincapé no feito de que nos pasados meses de xullo e agosto o Concello acadase máis dun millón de euros para catro proxectos de fomento de emprego, “que beneficiarán a máis de 200 lucenses”. Entre estes proxectos atópase o obradoiro TIC Arqueolóxico ou Lugo Cóidate, dos que falamos xa en Código Cero, salientando as posibilidades de formación que poñen en xogo.
Sobre o curso de ciberseguridade presentado hoxe, a alcaldesa dixo que “supón unha alternativa máis para o Edificio de Novas Tecnoloxías”, no que o Concello ofrece, para o que queda de ano, 14 cursos gratuítos con máis de 200 prazas; facturación electrónica, iniciación ás redes sociais, deseño web, mercadotecnia dixital, creacións de aplicacións móbiles ou retoque fotográfico.
Pola súa banda, Menéndez agradeceu o “cariño e cooperación do Concello” con esta iniciativa, que se enmarca dentro dos proxectos educativos, sociais e culturais que ofrece Telefónica nas comunidades onde está operando, a través da iniciativa Emprego Dixital.
Tal e como explicou Joan Cruz, neste curso poderán participar mozos e mozas de Lugo de entre 18 e 35 anos, que terminaran os estudos da ESO, non sendo precisa formación previa en novas tecnoloxías. O obxectivo, dixo, é “que as persoas inscritas adquiran coñecementos e habilidades que lles permitan incorporar as competencias do mundo da ciberseguridade, unha das especializacións técnicas máis demandadas e con máis futuro no mercado laboral actual”. Tamén engadiu que se trata “dun itinerario formativo nexo de unión entre a demanda real de empresas e o sistema educativo”. Inclúe formación teórico-práctica, coa participación de expertos no sector, en temas como o hacking ético, técnicas de proteccións para infraestruturas, contramedidas, entre outras. A maiores, inclúe formación en habilidades para a empregabilidade, como desenvolvemento de intelixencia emocional, traballo en equipo ou como realizar unha entrevista de maneira efectiva.
O curso arrincará o 11 de decembro e terá lugar no Edificio de Novas Tecnoloxías, en horario de mañá, de 08:30 a 14:30 horas. Durará 5 meses e, como colofón á formación, as persoas participantes poderán presentar os seus proxectos ante as empresas tecnolóxicas máis punteiras da nosa terra.
Todas as persoas interesadas en inscribirse deben facelo na páxina web de Fundación Telefónica, no apartado de empregabilidade, ou ben a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal.

Categorías: Ciencia

WhatsApp permítenos compartir a nosa posición en tempo real

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 22:03

Dende hai uns meses o Messenger de Facebook ofrece a posibilidade de compartir a nosa posición en tempo real por tempo limitado, funcionalidade especialmente práctica á hora de quedar cos amigos ou simplemente para que a persoa cara á que nos diriximos poida prever o tempo que tardaremos en chegar, e finalmente esta mesma prestación chega a WhatsApp, de xeito que hoxe comezan a súa distribución entre os usuarios da aplicación de mensaxería instantánea máis empregada actualmente.
Deste xeito, WhatsApp é máis práctico para xuntarnos cos amigos e para avisar aos familiares de que chegamos a salvo de volta a casa, coa garantía de que esta información queda limitada á conversa na que a compartimos, ou sexa, que os datos coa nosa localización están protexidos por cifrado de extremo a extremo, dando ao usuario tamén o control sobre con quen se comparte a localización e durante canto tempo (podemos deixar de compartir a posición en calquera momento ou esperar a que o contador de tempo chegue á súa fin).
Para empregar a función de compartir a ubicación en tempo real chega con abrir unha conversa cunha persoa ou grupo, tocar o botón de adxuntar, seleccionar Ubicación e ir á nova opción de Ubicación en tempo real, na que podemos seleccionar unha duración e premer logo a Enviar. Cada participante da conversa poderá ver a localización en tempo real no mapa, e se o fan varias persoas á vez, todas as localizacións compartirán mapa, facilitando así o encontro de amigos.
Esta nova funcionalidade para Android e iPhone chegará progresivamente aos usuarios durante as vindeiras semanas.

Categorías: Ciencia

Give researchers a lifetime word limit

Nature - Mar, 10/17/2017 - 19:13

Brian C. Martinson imagines how rationing the number of publications a scientist could put out might improve the scientific literature.

Nature 550 303 doi: 10.1038/550303a

Categorías: Ciencia

Japanese research leaders warn about national science decline

Nature - Mar, 10/17/2017 - 19:13

Concern mounts over budget cuts and other changes that undermine basic science.

Nature News doi: 10.1038/550310a

Categorías: Ciencia

Qualcomm proba con éxito o seu 5G para móbiles

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 13:19

Aínda que as redes móbiles 5G non serán unha realidade comercial até o ano 2020, os fabricantes xa están a realizar probas para facer posible esta nova xeración da telefonía móbil que ofrecerá velocidades moi elevadas e abrirá posibilidades para novos produtos e servizos. Como exemplo temos que hoxe mesmo Qualcomm anunciou que conseguiu establecer unha conexión de datos 5G valéndose do chipset Qualcomm Snapdragon X50 5G no espectro mmWave de 28 GHz. Tamén amosou o seu primeiro deseño de referencia para smartphones 5G para probas e optimización da tecnoloxía 5G coas limitacións de consumo e tamaño dun smartphone.
As probas efectuadas en San Diego conseguiron velocidades de descarga de 1 Gbps, para o que agregaron varias conexións 5G a 100 MHz, demostrando tamén a conexión de datos en mmWave a 28 GHz (tecnoloxía de banda estreita que prevese que incrementará significativamente a capacidade de rede).
Qualcomm xa foi a primeira compañía en anunciar un modem 5G o ano pasado, de xeito que agora estaría a dar conta dos seus avances neste ámbito para conseguir cumprir o seu obxectivo de ter produtos 5G no ano 2019, cando comezará o espallamento desta tecnoloxía.

Vídeo promocional do 5G móbil de Qualcomm

Categorías: Ciencia

FACUA denuncia que a resistencia á auga do iPhone 8 é publicidade enganosa

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 12:56

Dende que chegaron ao mercado os smartphones resistentes á auga é frecuente a polémica por mor de que os fabricantes non se fan responsables dos danos provocados por líquidos, o que levou a que mudasen a súa publicidade drasticamente para indicar que non son somerxibles e só soportarían molladuras accidentais, pero ese detalle non se está a salientar debidamente, ou iso entenden dende FACUA-Consumidores en Acción, asociación que vén de denunciar a Apple por publicidade enganosa no seu teléfono iPhone 8, que anuncia como «resistente ás salpicaduras e á auga» pero cunha garantía que matizan en letra pequena que «non cubre os danos producidos por líquidos».
FACUA presentou a súa denuncia ante a Dirección Xeral de Consumo da Comunidade de Madrid, onde Apple Retail Spain, S.L. ten sede, alertando a dito organismo que a publicidade vixente do fabricante para promocionar o novo smartphone expón o produto como impermeable, pero non asume a responsabilidade dos efectos á exposición de líquidos, o que consideran unha contradición que suporía un caso de publicidade ilícita para o consumidor.
A xuízo de FACUA, a publicidade de Apple pode levar a un consumidor a mercar un iPhone 8 sen coñecer realmente as súas características ou, cando menos, as prestacións que están cubertas pola garantía legal ofrecida.

Categorías: Ciencia

O programa Sé Dixital preséntase na Rede CeMIT

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 11:20

O IGAPE e a AMTEGA en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o operador de telecomunicacións Orange organizan o vindeiro xoves a xornada de presentación do programa Sé Dixital, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT en horario de 10:00 a 11:00 horas.
Sé Dixital é un programa para fomentar a transformación do tecido empresarial de municipios e vilas, co fin de acadar unha rápida e efectiva adaptación destas poboacións e os seus habitantes aos retos que require a nova economía dixital global. Este plan de formación online de balde contribúe a que empresarios e emprendedores locais desenvolvan as súas habilidades dixitais e melloren as súas actividades profesionais gracias ao aproveitamento das novas tecnoloxías.
O obxectivo é que todas as persoas que participen nestes cursos poidan adquirir formación nas competencias que esixe a nova economía dixital, algo fundamental para fortalecer a competitividade e impulsar o emprego e a transformación dixital nos municipios e vilas. Este programa inclúe vídeos explicativos e testemuñas sinxelas que son accesibles a través dunha plataforma de teleformación, con contidos que acadan as 20 horas de formación amena e directa, obténdose un certificado da EOI ao remate do programa.
As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela ou ben a calquera das aulas CeMIT de Boiro, Carballedo, Celanova, Fisterra, Leiro, Ortigueira, Porriño, Ribadeo, Sada ,Sarria e Valga, que amosaron o interese en retransmitir a través de videoconferencia a dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios.
Por outra banda, de xeito complementario e no marco do convenio asinado pola Xunta de Galicia, a través do IGAPE, a EOI e Orange, en breve está prevista a realización de cursos no marco deste programa nas seguintes localidades: Viveiro e Monforte de Lemos, na provincia de Lugo; Verín, Carballiño, O Barco e A Rúa, en Ourense; Carballo e Arzúa na provincia da Coruña; e Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Redondela e Marín en Pontevedra.

Infografía sobre o programa Sé Dixital

Vídeo promocional do programa Sé Dixital

Categorías: Ciencia

Arranca a quincena da ciberseguridade en seis aulas da rede CeMIT

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 09:40

A formación en materia de ciberseguridade centra as actividades da vindeira quincena en seis aulas da rede CeMIT, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que informa estas actividades formativas serán de balde, abertas a toda a cidadanía e que se van celebrar en xornadas de 3 horas desde as 11 da mañá ata as 2 da tarde, de luns a xoves, desde o 16 ata o 26 de outubro. A actividade está liderada desde a aula CeMIT de Cuntis, que se conectará a través de videoconferencia coas aulas de Bande, Boiro, Celanova, Oroso e Ortigueira, seguindo uns contidos formativos facilitados polo Instituto Nacional de Ciberseguridade-INCIBE.
AMTEGA tamén engade que estas actividades enmárcanse no proxecto do Banco de Tempo da rede CeMIT, que “facilita que unha das aulas guíe e comparta as súas iniciativas de formación coas restantes aulas participantes”.
Por certo que o único requisito para poder asistir a estas actividades gratuítas é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello - Bande, Boiro, Celanova, Cuntis, Oroso e Ortigueira-, ou a través da web http://cemit.xunta.gal.
Módulos formativos
Entre o 16 e o 26 de outubro desenvolveranse un conxunto de 8 módulos formativos de 3 horas cada un, co seguinte contido:
O meu ordenador é un zombie (luns 16/10/2017). Funcionamento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección.
Fundamentos do análise de sitios web (martes 17/10/2017). Funcionamento dun sitio Web. Detección, identificación, análise e forma de explotar as vulnerabilidades web.
Análise de malware en Android (mércores 18/10/2017). Prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android.
Espionaxe e cibervixilancia (xoves 19/10/2017)Análise das diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.
Programación segura de sitios web (luns 23/10/2017). Identificación dos principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras.
Fundamentos do análise de sistemas (martes 24/10/2017). Identificación, análise e explotación das principais vulnerabilidades dos servicios soportados por un servidor.
Seguridade Wi-Fi (mércores 25/10/2017).Seguridade dos dispositivos Wi-Fi. Funcionamento dun punto de acceso falso.
Forense en windows (xoves 26/10/2017). En que consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows.
O Banco de Tempo da Rede CeMIT é unha iniciativa que xurde nas aulas da rede coa finalidade de compartir actividades e optimizar os medios dispoñibles, intercambiando actividades entre aulas a través de recursos como a videoconferencia de alta calidade.

Categorías: Ciencia

Vitae ábrenos a porta da calidade no desenvolvemento cun novo curso sobre Angular 5

códigocero - Mar, 10/17/2017 - 09:40

Vitae Consultores, no seu camiño de poñernos ao tanto das tecnoloxías de meirande potencial para o noso día a día, ten no seu programa formativo deste outono unha actividade encamiñada a abrirnos novos horizontes de desenvolvemento informático. Trátase da quinta edición do Curso Angular 5 con TypeScript e Observables, un obradoiro de 20 horas previsto para os días 17, 18, 24 e 25 de novembro, na Coruña (Hotel Attica 21) e en horario de 16.00 a 21.00 horas (venres) e de 9.00 a 14.00 (sábados). Que podemos atopar neste curso? Pois basicamente introducirnos de cheo no que sería o esquema de traballo de aplicacións (framework) JavaScript máis empregado e prestixioso do mundo: Angular 5.
En palabras de Vitae, “esta nova versión foi redeseñada e reprogramada de arriba a abaixo, e o resultado é máis que un framework, é unha plataforma de desenvolvemento de calidade empresarial e capacidade de evolución sen precedentes”.
Entre as características e principais vantaxes de Angular 5 atópanse as seguintes: promove o emprego de TypeScript como linguaxe de partida, ten vocación de saír do navegador (conquistando servidores, escritores e teléfonos móbiles) e acompáñase de ferramentas de desenvolvemento, probas e guías de programación. Ademais, ten ao seu arredor, velando pola súa calidade, evolución e dispoñibilidade, un ecosistema-comunidade internacional a gran escala.
Segundo nos conta Vitae, os obxectivos do curso pasan por axudarnos a actualizar os nosos coñecementos para “estar á altura deste novo reto”, amais de ensinarnos os fundamentos e achegarnos as claves “para comezar a crear as aplicacións web do futuro”. Nun plano máis detallado, coñeceremos as mellores estratexias de migración ou convivencia con versións 1.x para optimizar o esforzo e o rendemento das aplicacións migradas ou híbridas, facendo fincapé en cal sería a mellor opción a elixir, mudar ou convivir segundo o escenario de partida.
En termos aínda máis concretos, desenvolveremos aplicacións multiplataforma con Angular 5, empregaremos TypeScript, dominaremos o novo renderizador deseñado para o máximo rendemento ou coñeceremos a arquitectura de grandes aplicacións baseada en módulos que agrupan compoñentes e inxección de servizos.
O curso está especialmente dirixido a programadores de aplicacións web e programadores de backend, aplicacións móbiles ou deseñadores web. Segundo lembra Vitae, é necesario que os participantes atesouren un coñecemento básico de JavaScript e HTML.
O obradoiro terá unha duración de 20 horas e presentará un enfoque eminentemente práctico.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

Categorías: Ciencia

¿Qué roe por abajo al hielo?

Investigación y Ciencia - Mar, 10/17/2017 - 00:00
Desde lo alto, a la plataforma de hielo de Dotson, en la Antártida occidental, se la ve como siempre: lisa como la palma de la mano. Sin embargo, por abajo la está vaciando un notable canal abierto en el hielo.
Categorías: Ciencia

A xornada XTdT, éxito de contidos e público

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 21:02

Finalmente a Xornada Transformación Dixital e Talento (XTdT), organizada este 16 de outubro polo CPEIG e AMTEGA para impulsar ideas e propostas novas a partir de ideas e propostas previas de éxito (presentadas por relatores de primeiro nivel), resultou ser todo un éxito, tanto no que se refire a contidos (moitos, variados e de valor) como no número total de persoas participantes, máis dun centenar. En palabras da organización, foi unha cita de primeiro nivel coa sabedoría e coas ganas de aprender. Celebrouse na Cidade da Cultura e foi inaugurada por Mar Pereira (AMTEGA) e Fernando Suárez (CPEIG). Os relatores deron a coñecer esclarecedores casos de éxito.
Os relatores que participaron no encontro foron Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo de Cyberclick.
A xornada, dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, contou coa presenza do mago mentalista Javier Luxor, que oficiou de animador-condutor do encontro TIC.

Categorías: Ciencia

Colliding stars spark rush to solve cosmic mysteries

Nature - Lun, 10/16/2017 - 17:21

Stellar collision confirms theoretical predictions about the periodic table.

Nature News doi: 10.1038/550309a

Categorías: Ciencia

Google permítenos localizar fotografías das nosas mascotas polo seu nome

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 16:30

O servizo de Fotos de Google leva tempo mellorando a súa intelixencia artificial, de xeito que facilita a localización de fotografías grazas á súa tecnoloxía de recoñecemento de imaxes, o que permítenos atopar instantáneas en función das persoas que saen nelas, os lugares nos que están tomadas, os elementos que saen... e agora dan un paso adiante no ámbito do recoñecemento de mascotas, de xeito que, aínda que até o momento puidésemos atopalas buscando palabras como perro ou gato, o sistema mellorou dabondo como para distinguir a cada criatura peluda comas e fose unha persoa, ou sexa, que ao buscar por Trotski, Lúa ou Misifú o sistema entenderá que estamos a preguntar por un cadelo ou gato en concreto, axudándonos así a recuperar as súas fotografías e facendo así doada a creación de álbums ou películas coas mesmas.
O sistema de recoñecemento de imaxes de Google Fotos tamén recoñece agora as razas dos animais, e incluso permite empregar a emoticona dun can ou dun gato para buscar imaxes destes animais.

Até o de agora Google Fotos só localizaba a mascotas de xeito xenérico
Categorías: Ciencia

Makers grandes e pequenos participaron nunha nova quedada argalleira nas Pontes

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 16:25

O Lar de Endesa das Pontes acolleu este sábado 14 unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, o proxecto argalleiro e Maker da Asociación Informática Amigus. A cita desta finde centrouse en dar forma a unha das máquinas que integrará o Fab Lab da dita entidade, o pantógrafo CNC. No encontro, ao que asistiron un bo número familias, tratáronse temas coma a Industria 4.0, a democratización da fabricación, ou o movemento Maker e as súas vantaxes (economía humanizada e cooperativa). Na zona de impresión 3D do obradoiro os participantes aprenderon a deseñar e producir unha manchea de pezas, amais de afondar en distintas aplicacións de materiais e en como usalos en todo tipo de sectores. A actividade abrangueu toda a cadea de actividade: dende a montaxe de impresoras até a impresión en si mesma, onde houbo marxe para acadar as mellores calidades posíbeis.
Segundo a organización, a zona que xerou máis interese para os argalleiros foi a de montaxe do pantógrafo CNC, onde todos os participantes puideron botar unha man á hora de darlle forma e descubrir os compoñentes e materiais para fabricar un pantógrafo e ver como funciona. Houbo tempo para rematar o desenvolvemento dun aparello destas características? Segundo a organización, os asistentes estiveron a piques de conseguilo ao longo das oito horas que durou o obradoiro, cubrindo boa parte do traballo previsto e deixando para o seguinte sábado “a parte da electrónica”.
Os máis pequenos tamén tiveron o seu espazo, na zona Amigus Labs Kids, onde mediante Raspberry PIs con OS Kano puideron aprender a debuxar mediante programación, traballaron en desenvolvemento de ferramentas con Scratch ou manipularon imaxes co GIMP, ademais de usar o Minecraft e a zona retro.
Amigus agradeceu por unha banda a participación activa dos asistentes ao obradoiro, en especial a Alvaro Rey, de MakerGal, “por compartir de maneira altruísta os seus coñecementos”; e, pola outra, o apoio das seguintes entidades colaboradoras no evento: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter.

Categorías: Ciencia

As redes Wi-Fi actuais poderían ser totalmente inseguras

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 12:32

As redes Wi-Fi teñen grandes problemas para manterse seguras, de aí que os seus protocolos se vaian actualizando para evitar vulnerabilidades doadas de aproveitar, e aínda que até o momento o sistema de seguridade máis empregado na actualidade, o WPA2, estaba considerado bastante fiable, están a advertir de que atoparon serias vulnerabilidades a nivel de protocolo, ou sexa, que todas as implementacións veríanse afectadas.
Falamos dunha grande ameaza a nivel global que hoxe podería detallarse se atendemos a información difundida polo US-CERT, xa que está previsto que este mediodía os investigadores que descubriron a vulnerabilidade alcumada como KRACK dean detalles sobre o funcionamento deste fallo de seguridade que permitiría saltarse a seguridade das redes sen fíos con WPA2.
O grande problema deste tipo de fallos de seguridade é que non chegaría con distribuír actualizacións a través de equipos informáticos, senón que normalmente precisaría da actualización da seguridade dos puntos de acceso sen fíos que empreguemos, ou sexa, que fabricantes e operadores terían que parchear os seus routers, algo que dificilmente acontecerá, cando menos a curto prazo, polo que durante os vindeiros meses haberá que ser prudente coas redes sen fíos, especialmente nas redes corporativas.
Para evitar grandes problemas co fallo de seguridade que se detallará a recomendación máis habitual é conectarse só a páxinas web que cifren as comunicacións mediante HTTPS e incluso facer uso de VPN para engadir unha capa máis de seguridade. Tamén hai quen recomenda ocultar as nosas redes Wi-Fi para minimizar a súa exposición a ameazas (aínda que realmente non é unha medida efectiva ante ataques serios).

ACTUALIZACIÓN: Marthy Vanhoef de Imec-DistriNet (KU Leuven) foi o investigador que descubriu os ataques de reinstalación de chave (KRACKs) que afectan ao protocolo WPA2, ou sexa, que afectaría a todas as redes Wi-Fi modernas protexidas, e permitiría a inxección e manipulación de datos, de xeito que incluso permitiría que un atacante introducirse ransomware ou outros tipos de malware nas páxinas web que visitemos. O fallo de seguridade afectaría a ordenadores persoais, dispositivos móbiles, routers... e presentarse nos congresos Computer and Communication Security (CCS) e Black Hat Europe, aínda que xa se publicou para a súa descarga a investigación ao seu respecto.
Na páxina oficial sobre KRACK detallan que os dispositivos con Linux ou con Android 6.0 ou superior son especialmente vulnerables a este tipo de ataques (por ser máis doados de enganar), o que fai que sexa extraordinariamente sinxelo o roubo de, por exemplo, credenciais de acceso a páxina web que non empreguen HTTPS, tal e como demostran en vídeo:


Un detalle curioso é que a vulneración das redes Wi-Fi con WPA2 non extrae en ningún momento o contrasinal da rede sen fíos, senón que consegue a infiltración na rede sen fíos sen precisar de tal información. Estiman que no 41% dos dispositivos con Android sería moi doado interceptar e manipular o seu tráfico a través de Wi-Fi, o que fai que este problema sexa moi preocupante (e potencialmente afectaría a todos os dispositivos con Wi-Fi actuais).

Categorías: Ciencia

Ábrese a inscrición para un Coruña Bloggers en clave feminina

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 11:55
Mar Castro falará do spam social o vindeiro día 25

O vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas celebrarase no salón de actos da Fundación Barrié na cidade da Coruña a edición número 12 de Coruña Bloggers, encontro solidario para interesados no mundo dos blogs, as redes sociais, a Internet e tecnoloxía en xeral que achega os últimos mércores de cada mes información interesante sobre o mundo 2.0 sendo a súa asistencia de balde, aínda que dende a organización pregan aos participantes acudir con cando menos 1 quilo de alimentos non perecedoiros para a súa doazón á Cociña Económica, estándose a pique de sueprar os 2.000 quilos achegados dende que comezou a organizarse esta iniciativa.
Os interesados en acudir o mércores 25 poden xa solicitar o seu convite a través da Rede, quedando así rexistrado o seu interese en asistir a este encontro que este mes terá lugar en clave feminina, xa que as relatoras serán a economista Isabel Loureiro, quen falará sobre o uso da Internet na procura de emprego, mentres que Mar Castro, consultora en comunicación e protocolo, abordará o spam social, ese grande problema cando as comunicación non desexadas, molestas ou irrelevantes non chegan só do correo electrónico, senón tamén das redes sociais.
A xornada desenvolverase até as 21:00 horas, cando os asistentes trasladaranse a un local de hostalaría próximo para a correspondente sesión de networking.

O salón de actos da Fundación Barrié acollerá unha vez máis a celebración de Coruña Bloggers
Categorías: Ciencia

Redegal aumenta a súa facturación nun 44%

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 11:47
Jorge Vázquez, CEO de Redegal, nunha imaxe de Guille Dacal

A firma galega Redegal, centrada en servizos innovadores de desenvolvemento web e mercadotecnia en liña, vén de facer reconto da actividade xerada na primeira metade de ano. Os datos achegados semella que non poden ser máis positivos, o que confirma o afianzamento da empresa na nosa terra e máis en mercados externos, complementando este proceso de fortalecemento cunha apertura cara a novos sectores. En termos concretos, Redegal foi quen de pechar o primeiro semestre de 2017 crecendo en facturación un 44% sobre o mesmo período do ano anterior.
Lembrar que Redegal pechou 2016 cunha facturación de 2,5 millóns de euros en España e 3,4 millóns a nivel global, o que supuña un crecemento do 26% respecto ao 2014 e unha mellora no EBITDA (acrónimo de Earning Before Interest, Taxes, Depreciation and Amortization) do 40%. Esta mellora, segundo sinala a firma galega, debeuse a un incremento en facturación, á reestruturación de custos da empresa e ao rendemento dos investimentos executados en anos anteriores.
O devandito completouse coa incorporación este ano de novos e relevantes socios procedentes dos sectores da moda, a saúde e as telecomunicacións (socios integrados no IBEX 35). Respecto das principais liñas de actividade de 2017, unha das máis destacábeis para Redegal foi a do desenvolvemento de aplicacións móbiles para sistemas iOS eAndroid, “a liña de negocio que máis crecemento está a experimentar”.
Ademais, ao abeiro do mercado internacional, Redegal consolidouse entre as 10 primeiras axencias de México no seu sector e prevese que un 10% da facturación proceda de Estados Unidos, onde Redegal vive o seu primeiro ano de andaina, cando, en palabras da firma galega, “o prognóstico inicial era dun 5% no escenario máis optimista”.
En palabras de Jorge Vázquez, director executivo de Redegal, “o medre que experimentou a compañía foi moi satisfactorio, tendo en conta que se afianzou en plena recesión económica”. Ademais, engade, “no último ano efectuouse investimento en empresas estratéxicas para achegar valor ao grupo e polo tanto aos seus clientes, tanto en México como en España”.
Todo isto, a maiores, viuse complementado cun proceso análogo no que a equipa profesional se refire. De feito, a cifra de empregados de Redegal incrementouse nun 25% respecto de 2016, a maioría deles procedentes de Galicia, o que certifica a aposta da compañía polo talento da nosa terra e por profesionais “con longa traxectoria no sector para reforzar a base da empresa e solidificar o seu crecemento, facendo unidades negocio sólidas, independentes e á vez colaborativas entre si”, engade Jorge Vázquez, que apunta que a finais de ano a firma ten programada a apertura dunha nova sede na Coruña.
Por certo que a previsión da empresa para o peche deste 2017 é facelo cunha facturación de 5 millóns de euros a nivel grupo, o que supón un incremento de case o 50% sobre o ano anterior.

Categorías: Ciencia

Witdom amosa esta semana en Vigo os seus resultados finais a prol dunha nube segura para datos sensíbeis

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 11:00
Unha das xuntanzas dos investigadores de Witdom celebrada en Vigo/ Imaxe de GCiencia

O proxecto Witdom, posto en marcha en xaneiro de 2015 co obxecto de avanzarmos no procesado seguro de datos xenómicos na nube (e coa finalidade de facilitar cousas como a detección temperá de doenzas xenéticas, entre outras aplicacións), segue a ser fonte de importantes novidades tecnolóxicas, logo dos achados dados a coñecer o ano pasado en materia de protección para os datos xenéticos en liña e da folla de ruta (presentada en 2015) para a procura de mecanismos que garantan unha nube onde todo estea baixo chave, mesmo para os provedores da propia nube. Agora, Witdom encara o seu último treito de traballo (a recta final da recta final) fornecendo de respostas claras e avances cen por cen visíbeis. Respostas e avances dos que se vai facer reconto esta semana en Vigo, na sede de Gradiant. Entre estes pasos adiante figura unha aplicación de referencia que se está a demostrar con dous pilotos nas áreas do procesado privado de datos xenómicos e a externalización segura de servizos financeiros.
Witdom (empoWering prIvacy and securiTy in non-trusteD envirOnMents), para quen non o saiba, é unha investigación europea, de carácter público-privado, centrada na protección de datos sensíbeis na nube e que contou cun financiamento de case 4 millóns de euros, dos que de euros 2,8 proviñan da Unión Europea no contexto do programa H2020. Arrancou en xaneiro de 2015 co obxectivo devandito de administrar mecanismos que asegurasen unha contorna segura e fiábel para os datos científicos. O consorcio internacional impulsor de Witdom é unha fronte de investigación coordinada pola empresa de servizos dixitais Atos España, coa participación de sete socios europeos, entre os que se atopa a Universidade de Vigo (e incluíndo a participación directa do Centro Tecnolóxico Gradiant).
Lilian Adkinson, investigadora de Gradiant, explica que Witdom “permite despregar servizos que procesan datos sensíbeis de forma segura e privada na nube”. Para iso, o consorcio do proxecto desenvolveu unha serie de mecanismos, tanto criptográficos como non criptográficos, que posibilitan protexer a seguridade e privacidade da información de especial relevancia e con necesidades específicas de coidado e salvagarda. Segundo apunta Adkinson, ao seu abeiro “tivéronse en conta todas as consideracións legais das normativas europeas de protección de datos”. A investigadora, neste punto, refírese en boa medida ao regulamento europeo General Protection Data Regulation (GPDR), que será de obrigado cumprimento para os países membros a partir de maio de 2018, impoñendo unha serie de restricións á hora de colleitar, almacenar e procesar datos persoais. A “boa nova” é que este regulamento pon en xogo unha serie de requirimentos para empresas e entidades cuxo coñecemento verase facilitade e fortalecido con recursos como os que achega Witdom. Así nolo explica Lilian Adkinson: “Un proxecto como Witdom resulta de gran axuda para as empresas e entidades que xestionan datos persoais, xa que ofrece un framework que protexe estes datos mediante diferentes mecanismos, tendo en conta non só requisitos técnicos senón tamén os aspectos legais impostos pola GPDR”.
Máis detalles
A investigación desenvolvida ao abeiro de Witdom permitiu deseñar un marco para a protección extremo a extremo de información en contornas de confianza non probada ou garantida, como poden ser os servizos de almacenamento na nube que ofrecen a día de hoxe algúns provedores de Internet; e enfócase principalmente cara a dous escenarios clave como son o ámbito da saúde e os servizos financeiros.
Witdom conta coa participación de sete socios europeos, desde universidades ata usuarios finais (hospitais e bancos), pasando por representantes industriais. Gradiant participa nesta iniciativa europea como entidade asociada á Universidade de Vigo, achegando a súa experiencia no deseño e desenvolvemento de tecnoloxías de anomizado e dun cloud broker. O anomizado (ou anomización), para quen non o saiba, consiste basicamente en expresar un dato relativo a entidades ou persoas eliminando a referencia á súa identidade.
Durante o desenvolvemento do proxecto no que participan a UVigo e Gradiant deseñouse tanto a metodoloxía para identificar os requisitos de privacidade e seguridade, como a arquitectura da plataforma de Witdom, materializándose diferentes tecnoloxías para protexer os datos, como o procesado seguro de sinal, recursos de data masking e de salvagarda de datos sensíbeis e técnicas de cifrado homomórfico e verificación de integridade de datos externalizados.
Na fase final do proxecto, as accións focalízanse na validación das tecnoloxías a través da súa aplicación en experiencias piloto aplicadas ao ámbito da eSaúde e ao sector financeiro. Concretamente, no escenario financeiro, os expertos de Gradiant aplican as técnicas desenvolvidas en tres casos determinados: risk scoring, fraud detection e cashflow prediction. “Nos tres casos de uso expostos”, engade Lilian Adkinson, “procésanse datos sensíbeis que esixen altas demandas de cómputo, polo que moitas entidades externalizan estes procesos nunha nube pública; o noso labor céntrase en desenvolver os algoritmos de anonimizado que nos permitan protexer os datos antes de envialos a esa contorna pública, onde se executarán eses tres procesados sobre os datos xa anonimizados, garantindo así a súa privacidade”.
Xuntanza final esta semana en Vigo
Gradiant acolle esta semana a última reunión de consorcio do proxecto Witdom. A sesión, cuxa organización rotou entre os socios do proxecto (pasando por Madrid, Milán, Liubliana, Zúric, Lovaina e Santa Cruz de Tenerife), terá lugar desde o martes 17 ata o xoves 19 de outubro na sede de Gradiant (edificio CITEXVI) para revisar os avances en todos os seus ámbitos e tomar decisións sobre a dirección do mesmo, agora que o proxecto atópase na súa fase final. Así, daranse cita en Vigo representantes de todos os socios do consorcio: a Universidade de Lovaina (Bélxica), IBM (Suíza), XLAB (Eslovenia) o Centro de Investigación Xenómica da Fondazione Centro San Raffaele (Italia), BBVA (España), a Universidade de Vigo e Atos España, líder do proxecto.

Categorías: Ciencia

A EGAP e o CPEIG achegan un curso superior sobre eAdministración

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 10:31

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai colaborar no Curso Superior de Administración de Electrónica que convoca a Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Esta actividade formativa, que vén da man da propia EGAP xunto con AMTEGA e máis o CPEIG, diríxese a afondar, “dende unha perspectiva técnico-xurídica”, nos detalles máis avanzados da xestión-organización pública dixital, facendo especial fincapé en cuestións como o arquivo electrónico administrativo e na súa relevancia para as nosas institucións.
Segundo nos conta o CPEIG, os contidos do programa buscan, “desde distintas perspectivas”, incrementar ao máximo o coñecemento e a capacitación das persoas participantes arredor da chamada eAdministración, achegando formación exhaustiva sobre a Informática, o Dereito e o espazo de confluencia entre ambos ámbitos de actividade.
O curso, que fornece de 50 prazas e 114 horas lectivas, desenvólvese dende o 30 de outubro até o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG). Os destinatarios son os integrantes do persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Categorías: Ciencia

Recta final para solicitar axudas ao novo programa de emprego da Deputación de Lugo

códigocero - Lun, 10/16/2017 - 10:05

Esta semana entra na súa recta final o prazo para solicitarmos axudas ao programa Ben Empregado 4 da Deputación de Lugo, que, como lembraremos, diríxese a achegar recursos a autónomos, PEME e asociacións (todas elas da provincia) para sumar novas/os profesionais dunha manchea de eidos de actividade ás súas equipas, entre os que se contan community managers (os profesionais que constrúen, xestionan e administran comunidades en liña arredor dunha marca en Internet), técnicos en informática, especialistas en mercadotecnia dixital ou responsábeis de proxectos transmedia. O prazo para a demanda de axudas remata este 18 de outubro.
Coa contía recibida, os solicitantes poderán pagar durante 1 ano os custos laborais de novas/os traballadoras/es lucenses que estean no paro (principais beneficiarias/os, xunto coas PEME obxecto de subvención, do programa Ben Empregado).
Máis polo miúdo, o Executivo provincial asumirá coas devanditas subvencións o 100% dos custos laborais cando os contratados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral; o 90% de traballadores en xeral para colectivos sen ánimo de lucro e o 50% para empresas. A contía máxima a recibir será de 22.000 euros.
Como lembraremos, Ben Empregado 4 máis social, o plan de emprego da Deputación de Lugo, está dotado con 2,2 millóns de euros e diríxese a beneficiar a un mínimo de 150 entidades e asociacións (con vistas xerar outros tantos novos postos de traballo na provincia). O programa, incluída esta cuarta edición do mesmo, responde a un duplo obxectivo do Goberno provincial: por unha banda combater a taxa de paro na provincia (“xerando postos de traballo de calidade ao incorporar cláusulas sociais nos contratos para salvagardar ou mellorar os dereitos laborais dos traballadores”) e, pola outra, “contribuír ao pulo da actividade do tecido empresarial e asociativo da provincia na procura da dinamización da economía lucense”.
Á hora de conceder as axudas, a Deputación favorecerá as empresas e colectivos que “non se teñan beneficiados das anteriores edicións co obxectivo de chegar a máis xente; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral a todo o cadro de persoal, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa”.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia