Ciencia

Facebook presenta un casco de realidade virtual autónomo

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 23:00

Hoxe botou a andar a cuarta edición de Oculus Connect, a conferencia organizada por Facebook para dar a coñecer as últimas novidades ao redor da súa tecnoloxía de realidade virtual na que sorprendeuse coa presentación dun produto que veremos a primeiros de 2018 a un prezo de 199 dólares: un casco de realidade virtual autónomo chamado Oculus Go. Deste xeito xa non será preciso introducir un smartphone de alta gama nun casco Gear VR para poder gozar da realidade virtual, o que supón unha maior comodidade e liberdade á hora de empregar esta tecnoloxía.
Este anuncio é realmente importante xa que parecía que este tipo de solucións ían tardar en materializarse, xa que hai poucas semanas Intel anunciou a cancelación do seu proxecto Alloy (que pretendía crear unhas especificacións semellantes ás do casco que vén de presentar Oculus).
O novo casco será lixeiro e cómodo, integrará pantallas LCD de alta resolución e velocidade para conseguir unhas imaxes nítidas, á vez que tamén integrará unha nova xeración de lentes para ofrecer un maior campo de visión.
Oculus Go tamén integrará audio especial (ou sexa, que inclúe uns pequenos altofalantes a ambos lados, que poden desactivarse empregando a toma de auriculares tamén integrada).
Pese a estarmos ante un novo produto, Oculus Go a nivel de software funcionará igual que Gear VR, de xeito que que os contidos dispoñibles para o casco de Samsung poderán portarse rapidamente ao dispositivo autónomo, o que suporá que partirá cun amplo catálogo de software.

Vídeo de presentación de Oculus Go

Proxecto Santa Cruz

Pero aínda que as Oculus Go sexan un interesante paso adiante na realidade virtual sen fíos, teñen un nivel de interacción moi limitado de aí que dende Oculus tamén estean a traballar nunha segunda fase do proxecto Santa Cruz, na que buscan que a realidade virtual autónoma estea aberta ao uso natural que facilitan as nosas propias mans, e aproveitaron a celebración de Oculus Connect para amosar un prototipo desta tecnoloxía que realmente resulta prometedor, xa que poder gozar dunha realidade virtual con seguimento de posición e sen cables consegue un nivel de inmersión moi superior ao que temos dispoñible até o momento, abrindo moitas posibilidades.
O prototipo presentado conta co casco de realidade virtual (sen fíos) e con mandos Touch para cada man, conseguindo unha experiencia parella á do uso de Oculus Rift + Touch (se deixamos de lado a potencia gráfica dos ordenadores de alta gama), pero conseguindo que os mandos operen cos sensores integrados no casco, o que supón unha grande simplificación para o usuario e incrementa a súa liberdade de movemento.
Polo momento non sabemos cando este proxecto chegará a un produto comercial, pero non sería de sorprender que na edición de 2018 de Oculus Connect presenten unha segunda versión de Oculus Go con mandos para cada man que acheguen un nivel de interacción e inmersión que estaba reservado para solucións de escritorio con equipos caros e unha chea de cables.

O prototipo do proxecto Santa Cruz visto en vídeo

Categorías: Ciencia

South African researchers bemoan slashed funds

Nature - Mér, 10/11/2017 - 21:51

Plans to cut funding to a programme that recognizes and rewards excellence in research have met with criticism.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22816

Categorías: Ciencia

Gene-expression study raises thorny ethical issues

Nature - Mér, 10/11/2017 - 19:47

Project obtains tissues from recently deceased individuals to look for the origins of disease.

Nature 550 169 doi: 10.1038/550169a

Categorías: Ciencia

ResearchGate lawsuit, walrus spat and a Second World War shipwreck

Nature - Mér, 10/11/2017 - 18:19

The week in science: 6–12 October 2017.

Nature 550 162 doi: 10.1038/550162a

Categorías: Ciencia

Un estudo constata a escaseza xeral de coñecemento sobre Industria 4.0 entre as nosas empresas

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 16:09

A sede de COFER (Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal) acolleu hoxe a presentación dun exhaustivo documento sobre as necesidades formativas para la industria 4.0 nas comarcas que atinxe e abrangue a confederación. Ou sexa, sobre os principais requirimentos que as PEME da contorna deberan cumprir para subirse ao carro das metodoloxías intelixentes de traballo (o ámbito 4.0), resultado da confluencia entre a industria e o mundo das tecnoloxías da información e dirixidas a poñer en xogo cousas como aforro nos custos de produción, redución dos gastos de mantemento, mellora da produtividade dos profesionais de xestión, minimizado de inventario ou mellora das previsións da demanda e planificación da produción. O estudo feito por COFER confirma que aínda hai moito traballo por facer.
En termos de obxectivos detallados, a investigación dirixiuse a coñecer as necesidades de formación nas empresas, “o que permitirá adecuar a oferta formativa nas tres comarcas e así facilitar que as persoas das organizacións poidan adquirir os coñecementos e habilidades precisas para competir na nova contorna dixital”. Outra das finalidades foi definir liñas de actuación en materia de formación, ao que cómpre engadir o reto de lograr un maior aproveitamento das accións formativas que se realicen
Entre as principais conclusións extraídas do estudo atópase a seguinte: a revolución nos modelos de negocio de todos os sectores (incluído os sectores naval e da enerxía) é rápida, e tecnoloxías como a información a gran escala (Big Data), a intelixencia artificial e a realidade virtual e aumentada, están a mudar de maneira radical os sectores. Porén, outra das conclusións é que, en termos xerais, existe un descoñecemento entre as nosas pequenas e medianas empresas do que significa a industria 4.0 e o que supón o uso das novas tecnoloxías. “As empresas das comarcas”, sinálase no informe, “deben propoñerse como adaptar os seus negocios a esta nova realidade económica, abordando procesos de evolución cara a unha verdadeira organización dixital”. Sexa como sexa, na investigación tamén se recoñece que unha parte das empresas son en algún grao conscientes das devanditas necesidades, malia que a maioría no teñan iniciado proxectos de transformación dixital.
As causas principais detectadas desta escaseza de proxectos son “a falta de coñecemento na materia, o baixo número de recursos e expertos TIC (Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) e a dificultade en concretar casos de negocio de abondo atractivos”. Segundo se indica no estudo, gran parte das empresas das ditas bisbarras non contan coa visión máis indicada e certeira sobre as tecnoloxías innovadoras que máis lles acaen, ou sobre como abordar a transformación dixital que precisan para competir no novo mundo dixital.
As persoas consultadas coinciden en que “será necesaria a colaboración” entre entidades de formación, administracións e empresas para poder implantar a tecnoloxía dixital no tecido empresarial e obter “así melloras de produtividade e competitividade”.
No estudo dise tamén que Navantia é a única empresa consultada polo momento que dispón dun plan para a implantación da tecnoloxía dixital, o que, a xuízo dos autores da investigación, “obrigará ás empresas auxiliares a incorporar estas tecnoloxías da Industria 4.0 nun futuro próximo”.
Respecto dos beneficios que as empresas esperan tirar da nova contorna dixital atópanse os seguintes: unha maior produtividade, diminución de erros no proceso e nos produtos e melloras na seguridade das persoas.

Categorías: Ciencia

The ambitious effort to document California’s changing deserts

Nature - Mér, 10/11/2017 - 15:25

Ecologists catalogue bird and mammal populations as warming transforms Death Valley.

Nature 550 168 doi: 10.1038/550168a

Categorías: Ciencia

The rise and fall and rise again of 23andMe

Nature - Mér, 10/11/2017 - 15:25

How Anne Wojcicki led her company from the brink of failure to scientific pre-eminence.

Nature 550 174 doi: 10.1038/550174a

Categorías: Ciencia

A Xornada Transformación Dixital e Talento amosará casos de éxito profesional

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 13:41

A AMTEGA e o CPEIG organizan a Xornada Transformación Dixital e Talento, un evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro en horario de mañá no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
Os relatores que participarán no encontro, seleccionados polo seu perfil inspirador, son exemplo e éxito profesional: Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick.
A xornada está dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, previa inscrición vía web e contará co mago mentalista Javier Luxor, quen actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.
A inauguración correrá a cargo da directora da AMTEGA, Mar Pereira, e do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O presidente executivo de Altia Consultores abordará na súa intervención os Retos da xestión do talento en servizo de transformación dixital. A continuación, o profesor de Innovación no IE Business School, Enrique Dans, falará da Carreira profesional: coa innovación como clave. Na segunda parte da xornada o cofundador e CEO de Cyberclick, David Tomás, impartirá a charla A empresa máis feliz do mundo e o director de Relacións con Clientes de Linkedin, Juan Carrillo pechará a rolda de intervencións.

Categorías: Ciencia

Mundos Digitales celebra unha sesión especial sobre Game of Thrones

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 13:08

Dende hai 16 anos A Coruña alberga un congreso internacional que acolle a profesionais da animación por ordenador, a realidade virtual, os efectos visuais, a arquitectura dixital, os videoxogos e tecnoloxías próximas, Mundos Digitales, pero este referente europeo do sector non se limita ás súas xornadas formais no recinto de PALEXCO, senón que o vindeiro luns celebrarán no Centro Cultural Conde Duque de Madrid unha sesión especial de Game of Thrones, na que 14 dos máis destacados profesionais do estudio de efectos visuais El Ranchito ensinarán en exclusivo os trucos e segredos empregados para os efectos visuais da última tempada da serie de televisión estrela da HBO.
Os profesionais presentes detallarán as etapas de investigación, desenvolvemento técnico e artísticos, así como a produción realizada para levar á pantalla a personaxes tan emblemáticos como son os camiñantes brancos e os dragóns.
A sesión completarase coa presentación de Simple Animation, un estudio de animación virtual baseado na nube, con hardware, software e un completo pipeline de animación de balde que quere revolucionar a industria; e tamén aproveitarase a xornada para dar conta da nova visión de Mundos Digitales, así como as novidades que achegará o evento na súa edición de 2018.

Os efectos visuais de Game of Thrones centrarán a sesión organizada por Mundos Digitales en Madrid
Categorías: Ciencia

Os móbiles económicos de Samsung poderán contar con cámara con modo retrato

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 11:59

No último ano vimos como moitos smartphones integraron 2 cámaras na súa parte traseira para poder gozar de distintas prestacións, entre as que destacaba nalgúns casos a posibilidade de empregar o modo retrato que combinaba a información de ambos obxectivos para simular o desenfoque selectivo propio das cámaras réflex (mantendo o primeiro plano enfocado mentres o fondo sae borroso), pero este efecto nos móbiles pouco ten que ver o efecto óptico natural, xa que estamos ante un procesamento da imaxe mediante software, de aí que o procesamento das imaxes estea a pesar cada vez máis ante a dificultade de introducir grandes melloras nos sensores e nas ópticas (que polo formato dos smartphones teñen unhas dimensións moi reducidas, o que é unha limitación moi importante).
Pero que o enfoque selectivo sexa propio de smartphones de alta gama con dobre cámara vai pasar a historia, e Samsung anuncia novos sensores de imaxe ISOCELL, como o Fast 2L9 con tecnoloxía Dual Pixel, 12 Mpíxeles e un tamaño do píxel de 1,28 micrómetros. A tecnoloxía Dual Pixel é a que facilita un enfoque automático ultra-rápido e tamén é a que facilita a posibilidade de realizar enfoque selectivo con cámaras cun único obxectivo, de xeito que nos vindeiros meses poderemos ver móbiles con célebre modo retrato en teléfonos de gama media de Samsung.
O outro sensor ISOCELL presentado é o Slim 2X7 con tecnoloxía Tetracell, cun tamaño de píxel de só 0,9 micrómetros, o que permítelle chegar aos 24 Mpíxeles nun tamaño moi compacto, o que permitirá que certos móbiles de alta gama poidan ofrecer cámaras de moita resolución sen ter que incrementar o seu grosor. A tecnoloxía Tetracell, pola súa banda, facilita o disparo de instantáneas con pouca luz.

Categorías: Ciencia

A rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra organiza máis de 30 obradoiros en outubro

códigocero - Mér, 10/11/2017 - 09:53

A Deputación de Pontevedra presentou os días pasados o seu programa de actividades formativas TIC (máis de trinta obradoiros en total) ao abeiro da rede SmartPEME, constituída polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, dende as que os profesionais da Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións) despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de autónomos, PEME e traballadores. Segundo puidemos saber, a área de Vigo (sedes de Vigo, Ponteareas e Porriño) están a achegar estas semanas un total de 17 obradoiros. Haberá achegamentos a Facebook, a metodoloxías para visualizarnos nos buscadores ou a creación de páxinas web.
As quendas para o mes de outubro na oficina de Vigo (número 3 da rúa Oporto) son as seguintes: Mostrario virtual: a fotografía e o produto no medio en liña o martes 10 outubro. A seguinte semana, o xoves 19, desenvolverase Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas (na sede de AJE Vigo). Por último, o martes 24 de outubro, o obradoiro A túa páxina web en menos de 90 minutos e o martes 31, Como facturar electronicamente.
Pola súa banda, a oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO o luns 9. O martes 17 de outubro será a quenda de Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais e o venres 20 de Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google. Xa para rematar, o luns 23 de outubro terá lugar Ferramentas de google para a promoción de negocios locais e o xoves 26 A túa páxina web en menos de 90 minutos.
As dependencias do Porriño acollerán os seguintes obradoiros: O martes 10 de outubro desenvolverase o obradoiro Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl e a seguinte semana, o luns 16 Linkedin: a túa rede de networking. O mércores 18 de outubro terá lugar o obradoiro Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais e a última quenda do mes será o luns 30 de outubro con Xestiona o teu negocio desde o móbil.
En Lalín, os obradoiros serán: Sácalle partido a túa conta de Gmail, que celebrarase o vindeiro martes 10 de outubro. Logo, o martes 17 organizarase o obradoiro Facebook Ads. Esa mesma semana, o xoves 19, Lalín tamén acollerá Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas. Por último, neste mes de outubro, o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 será o lugar onde terá lugar o obradoiro Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, o día 23, e Linkedin: a túa rede de networking, o día 25.
Para Cambados, a actividade é a que detallamos de seguido: o xoves 5 de outubro co obradoiro Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial e o mércores 11 impartirase o obradoiro Fotografía e vídeo para espazos interiores. O seguinte será unha semana despois, cando terá lugar o mércores día 18, Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións, ao que lle seguirá o seguinte mércores, día 25 Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. Por último, o venres 27 de outubro, desenvolverase o obradoiro Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite.
Polo que se refire a Pontevedra, as quendas para o mes de outubro comezaron o mércores 4 de outubro co obradoiro Xestión da túa empresa: facturación e ferramentas integradas e segue cos seguintes cursos: o martes 10, o obradoiro Ferramentas de google para a promoción de negocios locais (nas instalacións de AJE Pontevedra), o martes día 17 Linkedin: a túa rede de networking, ao que lle seguirá o xoves 19 Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite. Por último, o martes 24 de setembro, desenvolverase o obradoiro Fotografía e vídeo para espazos interiores e o xoves 26 A túa páxina web con Wordpress.
O Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Categorías: Ciencia

Relacionan el sueldo con la personalidad

Investigación y Ciencia - Mér, 10/11/2017 - 00:00
Los hombres se benefician sobre todo del narcisismo; las mujeres, del rasgo de responsabilidad.
Categorías: Ciencia

¿Buenas intenciones, malos resultados?: las redes con escape y los leones marinos de Nueva Zelanda

Investigación y Ciencia - Mér, 10/11/2017 - 00:00
Los leones marinos de Nueva Zelanda ya no mueren masivamente en las redes de pesca desde que estas llevan un escape por el que pueden huir. Sin embargo, la población sigue disminuyendo. ¿Por qué?
Categorías: Ciencia

Trump EPA begins push to overturn Obama-era climate regulation

Nature - Mar, 10/10/2017 - 23:53

The agency's plan to reverse limits on greenhouse-gas emissions is likely to draw legal challenges.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22813

Categorías: Ciencia

Os cambios da revolución dixital nos estudos humanísticos, a debate na USC

códigocero - Mar, 10/10/2017 - 23:19

A Facultade de Filoloxía de Santiago (USC) acolle estes días, até este mércores 11, unha xuntanza destinada a alentar o debate arredor dos estudos do medievalismo e os novos recursos dixitais de coñecemento, información e comunicación. O congreso internacional Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media vén da man da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e foi concibido, en palabras da Rede, “como un espazo aberto a propostas de carácter transversal e multidisciplinar”. Tocaranse e avaliaranse metodoloxías, aplicacións prácticas de ferramentas tecnolóxicas (por exemplo os recursos relacionados coa xeoposición) e estudos concretos sobre “os cambios que a revolución dixital está a supoñer nos estudos humanísticos”.
A decana do centro, María José López Couso, presidiu a sesión inaugural no salón de graos da Facultade de Filoloxía. O encontro estenderase como dixemos até o mércores 11 e contará con varias conferencias plenarias a cargo de figuras destacadas nestas disciplinas e que proceden de distintas institucións europeas: Universidade Complutense de Madrid (José Manuel Lucía Megías), Universidade de Salamanca (Mª Nieves Sánchez González de Herrero e Leyre Martín Aizpuru), Centre Tecnològic de Catalunya (Ana Requejo), Agència Catalana del Patrimoni Cultural de la Generalitat de Catalunya (Albert Sierra), Laboratorio de Innovación en Humanidades Digitales (LINHD-UNED) e Politécnico do Porto (Mariana Curado Malta) e da Austrian Academy of Sciences (Mihailo Popovic).
Acompañando as conferencias preto de trinta investigadores dos ámbitos estatal e internacional presentarán os seus traballos en máis de vinte comunicacións, artellados en nove sesións de distinta temática: a edición dixital, as exploracións do espazo, a arte e a iconografía ou os recursos dixitais son algúns dos eixos centrais. Ademais disto, a organización tamén informou de que se está a reservar un espazo de interacción directa para presentar seis proxectos co nexo común de pór en práctica distintas ferramentas das humanidades dixitais. As persoas interesadas poden acadar máis información na web www.usc.es/estmedin/hd/.

Categorías: Ciencia

Adeus ás cámaras OZO de Nokia

códigocero - Mar, 10/10/2017 - 21:00

A auténtica Nokia continuou activa tras a venda da súa división de móbiles a Microsoft, e en 2015 atreveuse a innovar entrando nun mercado emerxente, o da realidade virtual, coa cámara OZO, que sincronizado 8 cámaras e 8 micrófonos ofrecía unha das mellores solucións de captación de vídeo envolvente estereoscópico do mercado, converténdose no grande referente comercial para a captación de vídeo profesional en 360 graos, pero a súa posición pioneira non foi dabondo para conseguir un próspero negocio, polo que agora anuncian que pisan o freo no sector da realidade virtual, por considerar que está moi verde, e limitaranse o traballo neste sector ao mantemento da cámara OZO de cara aos seus actuais usuarios, sen realizar máis desenvolvementos nesa liña polo momento.
Este cambio de rumbo suporá que Nokia Tecnologies terá que prescindir de 310 dos seus 1090 empregados, pasando a centrar as súas actividades no sector da saúde dixital ou, o que é o mesmo, nos produtos de Withings, compañía que absorbeu hai poucos meses.
O fracaso da cámara OZO parecía inevitable se atendemos ao feito de que o seu prezo de saída era de 60.000 dólares, aínda que pronto baixaría aos 45.000 dólares, prezo aínda moi elevado para un produto cun público final moi limitado, e que ten que competir con solucións tan completas como a Insta360 Pro, que cun prezo de 3.499 dólares consegue rexistrar vídeo envolvente en 8K e incluso está certificada para o seu uso en vehículos para captar imaxes para o Street View de Google. Ou sexa, que actualmente existen produtos que custan menos da décima parte que a OZO, cunhas prestacións semellantes pero unha maior versatilidade, facendo que a solución de Nokia Techonologies careza de atractivo para boa parte dos creadores actuais de contidos envolventes.

Categorías: Ciencia

O CDTIC virtual da AMTEGA permite achegarse a Zabbix

códigocero - Mar, 10/10/2017 - 20:30

O Centro Demostrador TIC da AMTEGA amplía a súa oferta de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa inclusión de Zabbix, solución que permite a monitorización dos servizos e do hardware despregados nunha rede de ordenadores, tanto internamente nunha organización, como os que se teñan dispoñibles a través de Internet. Esta solución permite ter en todo momento información sobre o seu funcionamento, a carga de traballo ou o tráfico que soportan.
Zabbix pode configurase para que en base a esta información emita alertas ou tome medidas automáticas ante a determinadas situacións, como a sospeita dunha fenda de seguridade, un funcionamento anormal dun dispositivo conectado, unha carga excesiva da rede, a falta de espazo de almacenamento, etc. Deste xeito evítase que o servizo deixe de estar operativo e que en caso de caída dalgún sistema pase o mínimo tempo posible ata que nos demos conta.

Obradoiro de Zabbix

Para amosar as vantaxes de empregar esta solución a profesionais e empresas, o CDTIC organiza o vindeiro 18 de outubro unha sesión que leva por título Seminario TIC: introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria, que se levará a cabo nas súas instalacións Santiago de Compostela, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Esta sesión será impartida por Muutech, empresa de solucións de monitorización enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Recentemente Muutech foi seleccionada como un dos 20 proxectos de ámbito 4.0 invitados a participar na segunda edición do programa de aceleración do Business Factory Auto de Vigo.

Categorías: Ciencia

Developing nations need more than just money

Nature - Mar, 10/10/2017 - 16:54

Grants from big science funders can be hard to use without better administration and mutual understanding, says Rana Dajani.

Nature 550 159 doi: 10.1038/550159a

Categorías: Ciencia

How the United States plans to trap its biggest stash of nuclear-weapons waste in glass

Nature - Mar, 10/10/2017 - 16:54

After decades of delays, a challenging clean-up project is gaining ground.

Nature 550 172 doi: 10.1038/550172a

Categorías: Ciencia

Publishers threaten to remove millions of papers from ResearchGate

Nature - Mar, 10/10/2017 - 16:54

Take-down notices “imminent” as lawsuit is filed alleging widespread copyright infringement.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22793

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia