Ciencia

Hoxe é o día para actuar na defensa da neutralidade de rede nos EE.UU.

códigocero - Mér, 07/12/2017 - 12:10

A Internet Association, entidade formada por compañías como Amazon, eBay, Airbnb, Facebook, Google, Netflix, Microsoft, PayPal, Twitter, Spotify, Dropbox ou Uber, está a promover unha campaña para defender a neutralidade de rede que hoxe concrétase nun Day of Action, ou sexa, que durante a presente xornada instan aos cidadáns norteamericanos a reclamar ante a Comisión Federal de Comunicacións (FCC) que se manteñan os principios dunha Internet aberta e competitiva.
Esta campaña busca principalmente bloquear os cambios lexislativos que facilitarían a vulneración da neutralidade de rede ao permitir que os provedores de acceso á Rede puidesen dar prioridade a tráfico de certas páxinas web e aplicacións en concreto, o que supón unha seria ameaza para empresas e particulares, xa que obstaculiza a competencia e restrinxe o acceso a certos contidos (reducindo a súa velocidade).
A neutralidade de rede, que fai que todo o tráfico na Internet sexa considerado do mesmo xeito, está considerada como unha obriga para manter a liberdade de expresión, evitando que os provedores de acceso á Rede poidan bloquear contido do que non gusten ou simplemente fagan que carga excesivamente lento, dicindo adeus a unha das grandes vantaxes que ten a Internet, e dificultando seriamente a creación de novos servizos sen o apoio dos grandes operadores.

Vídeo promocional da Internet Association

Categorías: Ciencia

O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo entrega os seus 150 primeiros diplomas

códigocero - Mér, 07/12/2017 - 09:36

A concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, entregou este martes os diplomas acreditativos ás preto de 150 persoas asistentes ás accións formativas organizadas pola entidade local no Edificio de Novas Tecnoloxías no marco do Tecnoloxíza-T (un total de dez obradoiros abertos para todas as idades). Trátase da primeira quenda de actividades deste centro, de recente apertura (abriuse en marzo deste ano coa arela de situar a Lugo na vangarda dixital e de dinamizar o casco histórico asentándoo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais). A quenda de estrea incluíu cursos de trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, Internet segura para todos e todas, posicionamento web e SEO, redes sociais, retoque fotográfico co smartphone, compra on line, venda on line ou creación de aplicacións móbiles. Desenvolvéronse no Edificio dende o pasado 29 de maio ao 30 de xuño.
Durante a entrega de diplomas, Rielo felicitou a todas as persoas participantes e incidiu na importancia de formarse de continuo, así como de facelo especializándose en sectores en auxe, como pode ser o tecnolóxico.
Tras o éxito acadado nesta edición, dende a Concellaría de Concello e Cidadanía, dirixida por Rosana Rielo, xa se están a preparar novos contidos para vindeiras convocatorias. Nesta liña a edil tivo palabras para convidar ás persoas asistentes a estes cursos “a aproveitar todas as oportunidades de formación” e aninmounos a estar pendentes dos novos obradoiros.
Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo
Como dixemos, o Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo foi inaugurado a finais de marzo deste ano polo Concello. Foi presentado como un centro TIC ao servizo da cidadanía para, en palabras do Concello, situar a cidade na vangarda dixital. Amais de fornecer gratuíta e libremente tecnoloxías e servizos (computadores, accesos, programas, etc) para que a veciñanza saque o máximo proveito da Sociedade do Coñecemento, un dos obxectivos que alentaron a posta en marcha do Edificio foi a vontade do Concello de dinamizar o casco histórico e asentalo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais. Máis en detalle, con esta nova infraestrutura pública no corazón da zona vella (trátase dun inmóbel anexo ao consistorio, recentemente remodelado), o Goberno local “ten vontade de achegar un punto neurálxico dos recursos tecnolóxicos da cidade, dirixido a todos os públicos e de todas as idades”.
O inmóbel foi inaugurado o 24 de marzo pola alcaldesa Lara Méndez, e a concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, nun acto no que tamén estiveron presentes membros da Corporación Municipal e o presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes das administracións e das entidades locais.

Categorías: Ciencia

Vigo abre web sobre a súa arte na rúa

códigocero - Mér, 07/12/2017 - 09:35

O Concello de Vigo vén de pór en marcha unha nova web informativa, ciudaddecolor.vigo.org, sobre a campaña de arte na rúa Vigo, Cidade de Cor, que vai pola súa terceira edición. A páxina foi dada a coñecer polo rexedor, Abel Caballero, e pola tenente de alcalde, Carmela Silva. Segundo puidemos saber, a páxina ten autonomía propia malia estar ligada á dita iniciativa de arte urbana, sendo a faciana visíbel da mostra pero, tamén, dun xeito de crear e de remodelar as feituras externas das cidades que é en si mesmo unha revolución estética, urbanística e arquitectónica. Na páxina pódese acceder a toda a información do proxecto, en palabras do alcalde “unha mostra do talento de artistas xa consolidados e unha oportunidade de dar a coñecer na cidadanía o traballo de artistas noveis”.
Caballero confirmou que, dado o éxito acadado por esta campaña de embelecemento dos espazos urbanos, esta terá continuidade en futuras edicións marcándose como obxectivo chegar a cifra de 100 obras nos próximos anos.
Estas obras estarán firmadas por diferentes artistas locais e nacionais como: Delio Rodríguez, María Romero, Pinche, Maria Jose Pulido. Teresa Irisarri, Silvia Rodríguez Pena (SAX), Noel Peres Fungueiriño, Elara Elvira e Ana Santiso, Iria Blanco e Pedro Sardiña. Ademais nesta edición haberá dous artistas internacionais convidados: Hazul e Mona Car o que demostra o éxito internacional desta iniciativa.
O alcalde tamén anunciou que todos os murais que se levan feito nas dúas anteriores edicións e os de esta terceira recibirán un tratamento especial para garantir a súa preservación e preservar así un bo estado de conservación "durante alomenos 100 anos".
Caballero e Silva destacaron tamén que esta nova web, dispoñíbel en galego, español e inglés, ten como obxectivo dar a coñecer tanto os cidadáns de Vigo como a quen nos visitan toda a información das obras, da súa localización exacta, e os datos das artistas e os artistas que as asinan.

Categorías: Ciencia

Female astronomers of colour face daunting discrimination

Nature - Mér, 07/12/2017 - 02:39

Two-fifths report feeling unsafe at work, and 21% have concerns about attending conferences.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22291

Categorías: Ciencia

Biomarcadores del trastorno bipolar distintos según el sexo

Investigación y Ciencia - Mér, 07/12/2017 - 00:00
Asocian las altas concentraciones de zinc en sangre con los episodios depresivos en las mujeres afectadas.
Categorías: Ciencia

Los girasoles esquivan la sombra de sus vecinos

Investigación y Ciencia - Mér, 07/12/2017 - 00:00
Todo el mundo sabe que los girasoles siguen al Sol, pero ahora se ha descubierto que su tallo también se inclina para no recibir sombras.
Categorías: Ciencia

A Escola de Enxeñaría Informática de Ourense amosa as vantaxes de facer un sistema ERP a medida

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 23:41

Os sistemas de planificación de recursos empresariais, os ERP, foron en boa medida os protagonistas dunha xornada celebrada hoxe na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense. A sesión contou coa presenza de Emilio Estévez, director xerente de Coplant Galicia, empresa estatal referente en comercialización de plantas ornamentais vivas. Estévez achegou a súa visión particular dos detalles da implantación dun ERP nunha compañía (no seu caso, Coplant) e, tamén, subministrou datos sobre a longa e frutífera relación que manteñen dende 2010 a empresa que representa e os do Laboratorio de Informática Aplicada Lia2, con sede na ESEI. Froito deste traballo conxunto a entidade conta na actualidade cun sistema tecnolóxico de xestión da información que lle permite dar resposta ás súas necesidades internas e externas.
Segundo explicou Francisco Javier Rodríguez, un dos investigadores que participa nos proxectos con Coplant (e director tamén da Escola Superior de Enxeñaría Informática que organizou a conferencia), a relación con esta empresa naceu a través dun proxecto de “intelixencia de negocios” no que se evidenciou “como a empresa necesitaba mellorar toda a súa parte de tecnoloxía”. O seguinte paso, sinalou, foi “detectar cun equipo de traballo máis amplo as necesidades que tiña de ferramentas tecnolóxicas tendo en conta as súas características” e deseñar un sistema integrado, “subindo de nivel tecnolóxico a compañía”. Como resultado da experiencia adquirida, indicou Rodríguez Martínez, investigadores do grupo que participaron no proxecto crearon unha empresa tecnolóxica para ofrecer este e outros servizos tecnolóxicos.
Pola súa banda, o director xerente da empresa Coplant Galicia explicou como ao longo dos proxectos levados a cabo co grupo Lia2 el e máis a súa equipa traballaron a integración da información e a tecnoloxía. Tamén fixo saber que a día de hoxe a firma que representa ten unha facturación anual superior aos seis millóns de euros e xera emprego director a arredor de 150 persoas, sendo o primeiro empregador do Concello de Tomiño, onde ten a súa sede. Asemade, fixo saber que Coplant comercializa tanto no eido estatal coma no principais mercados europeos: Francia, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Bélxica, Portugal, Italia e Dinamarca.
O obxectivo nos proxectos desenvolvidos entre os membros de Coplant Galicia e os investigadores do Campus foi a integración do sistema dos produtores, do sistema de comercializadores e o da propia empresa, de xeito que os tres estiveran integrados nun único sistema. Deste xeito, detalla, se un cultivador dá de alta unha planta no sistema, esta xa se pode comercializar en calquera dos seus puntos. Ademais, explica, na posta en marcha deste deseño de xestión da información e recursos tamén se tivo en conta a páxina web da entidade e a venta a través dela.

Categorías: Ciencia

Gangnam Style perde o liderado en YouTube mentres o Despacito pide paso

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 23:00

Aínda que inicialmente en YouTube causaban furor certos vídeos virais que poderiamos considerar domésticos, unha vez que a plataforma de vídeos de Google pechou acordos coa industria musical para compensar pola reprodución de música converteuse na principal canle de distribución de vídeos musicais e, en consecuencia, estes convertéronse nos vídeos máis reproducidos con moita diferenza, non porque sexan os máis vistos no momento, senón porque se manteñen no tempo (os clips virais tradicionais teñen unha vida moi curta).
Nos últimos anos puidemos ver como o fenómeno do Gangnam Style do surcoreano PSY callaba a nivel mundial, de xeito que cando superou os 805 millóns de reproducións converteuse no vídeo máis visto en YouTube en toda a historia da plataforma, e tamén foi o primeiro en superar a barreira dos 2.000 millóns de reproducións, o que parecía imposible de conseguir pero que agora xa o fan 14 vídeos musicais (e hai bastantes en camiño para facer o mesmo nos vindeiros meses).

Gangnam Style conservou a coroa de YouTube durante preto de 5 anos

Despacito vai camiño de converterse no vídeo máis visto na historia de YouTube

Pero estes días puidemos ver como o tema See You Again de Wiz Khalifa coa participación de Charlie Puth conseguiu o que parecía imposible: superar ao Gangnam Style en máis de 3,8 millóns de reproducións, ou sexa, que un vídeo de 2015 logrou superar en 2017 ao que sostiña a coroa dende 2012, demostrando que cada vez é preciso menos tempo para conseguir un volume de reproducións máis elevado (consecuencia de que cada vez hai máis usuarios conectados a través de banda larga), aínda que cómpre advertir que de manterse as tendencias actuais o videoclip saído da banda sonora do filme Fast & the Furious 7 e que está considerado como o adeus ao finado actor Paul Walker vai manterse pouco tempo no trono, xa que un vídeo de primeiros de ano, o Despacito de Luis Fonsi con Daddy Yankee está xa en 5ª posición en volume de reproducións, polo que é de esperar que antes do remate do verán Despacito poida converterse no vídeo máis reproducido na historia de YouTube, o que podemos ver tamén como a constatación da globalización cultural.
Como mostra da velocidade de adopción dos últimos vídeos musicais mencionados temos que o See You Again precisou de 515 días para superar a barreira dos 2.000 millóns de reproducións, logro que ao Despacito só lle levou 154 días, converténdose no vídeo que máis rápido conseguiu superar tal marca.

See You Again é o actual rei de YouTube tras destronar ao Gangnam Style

Categorías: Ciencia

White House’s dwindling science office leaves major research programmes in limbo

Nature - Mar, 07/11/2017 - 21:06

Pared-back staff struggles to continue cybersecurity, climate-change and science-education efforts without direction from the Trump administration.

Nature 547 145 doi: 10.1038/547145a

Categorías: Ciencia

World's largest hoard of carbon dates goes global

Nature - Mar, 07/11/2017 - 21:06

Scientists hope pooled records could answer major archaeological questions and map human migration patterns.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22287

Categorías: Ciencia

Esta semana Vigo convértese na capital da innovación universitaria

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 18:00

Esta semana, a partir do mércores 12 de xullo, celébrase no Auditorio de Vigo unha importante xornada de traballo destinada a debater e intercambiar recursos sobre os mellores xeitos de afianzar os campus na Sociedade do Coñecemento e as súas diferentes ferramentas e oportunidades. O foro Tendencias actuais das transformacións das universidades nunha nova sociedade dixital vén da man das nosas tres universidades e mailo Foro Internacional de Innovación Universitaria, unha fronte común integrada por institucións académicas superiores dunha manchea de países destinada a fornecer de apoio aos proxectos tecnolóxico-docentes dos seus membros. O encontro de Vigo, a sétima edición do foro, conta co patrocinio da Xunta, do operador galego R, da Deputación de Pontevedra e máis do Concello.
No acto de apertura, previsto para mañá ás 9:30 horas, participarán a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga, a secretaria Xeral da Universidade de Vigo, Gloria M. Pena Uris, a vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, Almudena Hospido Quintana, e o presidente do Foro Internacional de Innovación Universitaria, Aurelio Villa Sánchez.
A continuación, o reitor do Tecnolóxico de Monterrey, David Garza Salazar, impartirá a conferencia inaugural Reinventando a universidade: administración do cambio e cultura da innovación, para despois dar paso aos distintos relatorios, comunicacións e grupos de discusión dun encontro académico e investigador que pretende reunir profesionais do ámbito universitario (preto de trinta universidades de distintos países) para reflexionar sobre os cambios e transformacións que as tecnoloxías están a impoñer nos campus así como avanzar nas novas tendencias e o seu impacto no campo do coñecemento.
O programa propón catro eixes de análise que contarán coas intervencións de prestixiosos investigadores internacionais: a xestión para a innovación; o deseño curricular e pedagóxico; a innovación e a responsabilidade social e as tecnoloxías aplicadas á educación.

Categorías: Ciencia

Kill the myth of the miracle machine

Nature - Mar, 07/11/2017 - 14:41

Unchallenged assumptions about how science works threaten its support and decrease its ability to contribute to society, says Daniel Sarewitz.

Nature 547 139 doi: 10.1038/547139a

Categorías: Ciencia

Ubuntu chega á tenda de Windows 10

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 13:57

A relación de Microsoft coa comunidade do software libre é máis próxima do que pode pensarse dende fóra, como ben quedou claro cando a compañía de Redmond entrou a formar parte da Linux Foundation, e nas últimas horas tivemos outra mostra que hai poucos anos podería parecernos un imposible: Ubuntu estréase na tenda de aplicacións de Windows 10.
Deste xeito será posible que os usuarios de Windows poidan empregar o Terminal de Ubuntu e executar ordes de Ubuntu dende a liña de comandos incluíndo utilidades como bash, ssh, git, apt e outros. Para que Ubuntu funcione baixo Windows 10 é preciso que antes vaiamos a Activar ou desactivar funcionalidades de Windows, alí activemos o Subsistema de Windows para Linux e reiniciemos o equipo.
Os desenvolvedores do programa Insider tamén teñen dispoñible dende hai un par de semanas as distribucións SUSE Enterprise Server 12 e openSUSE Leap 42, e espérase en que en breve estea tamén dispoñible Fedora.

Categorías: Ciencia

Os videoxogos centran o novo número da Revista Galega de Educación

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 13:30

A Revista Galega de Educación promovida pola Nova Escola Galega chega cada catro meses como unha publicación pedagóxica en lingua galega dirixida a educadores que no seu último número, o 68, ten como tema central os videoxogos. Esta entrega titulada Aprendendo con videoxogos ten á pedagoga e especialista en materiais didácticos dixitais Silvia López Gómez como coordinadora, e entre os artigos que compoñen este monográfico especial hai referentes actuais do sector do videoxogo e tamén experiencias relatadas polo profesorado que utiliza os videoxogos nas aulas.
A revista comeza introducindo ao fenómeno dos videoxogos, para achegar un punto de vista histórico, dando conta dos seus efectos nas persoas segundo investigacións relacionadas e incluso analizando as súas oportunidades e desafíos na súa inclusión nas aulas e no fogar. Colaboran nesta sección Marcus Fernández (Código Cero), Xurxo Mariño (UDC), Silvia López Gómez (DIMElab), Carlos González Tardón (People & VIDEOGAMES) e Mª Esther del Moral Pérez (Universidade de Oviedo).
Tamén preséntanse proxectos de centro e experiencias de aula relacionadas coa análise e reflexión crítica sobre os videoxogos, así como coa creación de contidos e xogos dixitais por parte do alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato nas que se empregan ferramentas como Minecraft, e-adventura e Scratch. Achegan as súas experiencias María Begoña Codesal Patiño (CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo), María Loureiro González (IES Primeiro de Marzo de Baiona), Agapito Muñiz Llanos e Sonia Vivero Nogueiras (IES de Sabón en Arteixo) e Miguel Vázquez Freire (IES Eduardo Pondal de Santiago).
Ademais no monográfico inclúense achegas relacionadas con outros espazos diferentes ás aulas e aos fogares onde os videoxogos teñen cabida. Amósase a presenza dos videoxogos nas bibliotecas escolares e afóndase na importancia destes medios nos museos, ademais de presentarse un videoxogo xurdido dende o ámbito sanitario.
Completan o tema deste monográfico o apartado Para sabermos algo máis... no que Silvia López e Aitor Barbosa (Imagames) inclúen recursos de interese sobre xogos dixitais, e a entrevista realizada á Dra. Begoña Gros Salvat (Facultade de Educación da Universidade de Barcelona). Na sección A lingua Santiago García Sanz (Universidade de Vigo) reflexiona arredor do estado actual do galego nos videoxogos.
Este monográfico pode adquirirse en librarías ou contactando por correo electrónico coa Nova Escola Galega.

Categorías: Ciencia

Telefónica recunca co seu programa Talentum

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 13:30

Telefónica quere servir de impulso a todos aqueles profesionais e emprendedores que leven dentro un profesional e un emprendedor de éxito (innovador, empresarial, creativo e, por suposto, solidario). E farao a través do programa Talentum, unha iniciativa lanzada para promover o talento da mocidade na economía dixital e que vén de coller máis folgos coa renovación de cadanseus acordos con Ericsson España e a Fundación Adecco (o primeiro deles en 2013 e o segundo en 2014).
Ao abeiro de Talentum, Ericsson porá en marcha en 2017 o obradoiro Lab 5G, que, como o seu nome indica claramente, encamíñase a favorecer a experimentación e a creatividade arredor da vindeira tecnoloxía móbil, a 5G, desta volta co foco posto no sector turístico e feiral e tirando proveito de recursos que serán de uso común, como a realidade aumentada e virtual.
Pola súa banda, a Fundación Adecco patrocinará un hackathon social organizado por Talentum, no que os participantes deberán desenvolver unha aplicación móbil que contribúa á inserción laboral de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas.
Talentum é unha plataforma de pulo ao talento novo aberta, integradora e participativa. Aemais de formación, fornece de xeiras de networking, hackathnns, eventos e desenvolvemento de solf-skills, ofrecendo diferentes modalidades de bolsas que se axustan ás distintas etapas ou intereses das mozas e dos mozos. Desde 2012, concedéronse case 2.500 bolsas Talentum nas súas distintas modalidades. Ao longo deste ano, a iniciativa repartirá ao redor de 500 bolsas.

Categorías: Ciencia

Amoeiro terá localizadas as súas vivendas con novas tecnoloxías

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 11:33

De sempre, unha das principais características dos nosos asentamentos demográficos foi a súa dispersión. Ou sexa, os galegos non somos moitos, pero estamos espallados por boa parte da nosa xeografía: presentes até no máis recóndito. Isto ten cousas boas e outras non tan boas. Entre os inconvenientes atópase por exemplo o de garantir ao cen por cen a calidade de certos servizos, por exemplo as comunicacións. Ou, tamén, o de poder facer rexistro exacto, xeograficamente falando, de predios e demais bens inmóbeis. Para pórlle remedio a este punto a nivel local, o Concello de Amoeiro botará man das novas tecnoloxías da información. O obxectivo? Superar as dificultades que achega o espallamento para localizar vivendas, así como “os riscos e incomodidades que diso se derivan”. Dito doutra maneira: o que busca o Concello é converterse nun municipio cen por cen localizábel.
Segundo indica o Goberno local acerca dos devanditos riscos e incomodidades, estes teñen que ver con cousas como por exemplo a indefensión da veciñanza ante emerxencias sanitarias, unha circunstancia que se agrava se temos en conta o alto índice de envellecemento de boa parte da poboación residente no rural. Tamén se pretende contar coa máxima información, accesíbel de maneira máis exacta e inmediata, para combater emerxencias perante lumes forestais ou roubos. A un nivel máis cotián, búscase contar cos recursos precisos para facilitar e axilizar o envío de bens (correo, paquetes) ou o transporte de persoas.
Para lograr isto concibiuse o Proxecto de Dixitalización e Xeolocalización do Concello de Amoeiro, que abrangue unha análise pormenorizada da distribución de vivendas e puntos de interese turístico e cultural no termo municipal ourensán e que dará lugar a unha cartografía dixital precisa coas correspondentes coordenadas no Sistema de Posicionamento Global mediante satélite (ou GPS na terminoloxía norteamericana: Global Positioning System).
Nunha segunda fase, o Concello dará forma a unha aplicación informática, unha app para móbiles iOS ou Android que se poderá descargar de balde da web municipal e que permitirá que os corpos de seguridade (policía, garda civil, etc.), de control de lumes (bombeiros, grumires, protección civil, etc), sanitarios (ambulancias, persoal médico, de enfermaría, etc.), así como de transporte público (autobuses, taxis), de envíos postais ou de paquetería (correos, comercio a distancia, etc.), de alimentación (supermercados ou tendas) ou mesmo turistas e amizades “poidan chegar de xeito áxil e fiábel ós seus destinos”, explican fontes do Goberno local, engadindo que o proxecto vai destinado a emendar eivas na numeración de vivendas, creando novos enderezos en determinados lugares, por exemplo na parroquia de Bóveda, onde aínda están sen diferenciar os diferentes núcleos. Tamén se fará fincapé en unificar cartografías de estatística, catastro, PXOM e do rueiro municipal, “dando lugar a numeracións que serán instaladas de balde en forma de placas asentadas nas fachadas de cada edificación”.
Os traballos comezaron o pasado 26 de xuño, precisamente en Bóveda, e proseguiron logo en Fontefría e Abruciños, para logo ir abranguendo todo o territorio municipal. As accións están a ser desenvolvidas por persoal da empresa Servicat, que é a adxudicataria do proxecto, o cal estará acompañado por concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno ou por representantes veciñais.

Categorías: Ciencia

A Coruña achegará unha plataforma tecnolóxica de vídeo-interpretación en lingua de signos

códigocero - Mar, 07/11/2017 - 10:00

O Concello da Coruña quere avanzar botando abaixo a meirande cantidade posíbel de atrancos que se poidan interpoñer entre a información xerada pola cidade e a cidadanía. Esta semana semana, anunciou unha intervención directa nos atrancos que atinxen ás persoas xordas e con discapacidade auditiva. O camiño elixido para esta iniciativa é, unha vez máis, o camiño das novas tecnoloxías da información. Así o anunciou a Concellería de Igualdade e Diversidade, que anunciou a vindeira posta en marcha dun servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos. Este servizo consistirá, en palabras da Concellería, “nunha plataforma tecnoloxía no que unha persoa intérprete de lingua de signos, dende unha localización remota, recollerá unha vídeo-chamada do persoal municipal ou mesmo da persoa usuaria presente nunha oficina de atención cidadá, e traducirá a lingua oral e de signos o diálogo entre ambas”.
A licitación do servizo levarase a cabo nas vindeiras datas. O obxectivo específico: “Garantir a accesibilidade e non discriminación das persoas xordas ou con discapacidade auditiva aos servizos de atención cidadá do Concello”. A licitación, explica o Goberno local, suporá a posibilidade de dispoñer dunha bolsa de horas de vídeo-interpretación en liña para rexistros e atención cidadá directa, ademais da interpretación doutras iniciativas municipais, prevendo a posibilidade de requirir a ampliación deste servizo no futuro. O contrato da área de Igualdade establece unha xornada de traballo na que o persoal aproveitará as devanditas bolsas de horas para, nos tempos dispoñíbeis alén da atención cidadá, realizar vídeo-interpretación e/ou subtitulado de contidos multimedia municipais (plenos, vídeos de campañas municipais, vídeos para a web do Concello) de forma que, “de xeito progresivo”, poida avanzarse na “necesaria e obrigada accesibilidade universal de todas as persoas aos distintos servizos da Administración”, engadiu a Concellería.
A habilitación do servizo prevé a ampliación dos 10 postos actuais con plataformas de vídeo-interpretación. O tipo de licitación é de 18.000 €, cunha duración máxima de dous anos prorrogábeis a dous máis, e unha posibilidade de incremento por incorporación de novos postos de até o 50 %. O persoal deberá posuír a titulación de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española. O texto establece que a modalidade web/online da plataforma, que se integrará no portal www.coruna.gal e terá que cumprir cos criterios de imaxe corporativa municipais, deberá funcionar “nos navegadores máis usados” pola poboación e “non deberá ter restricións en canto ao número de persoas usuarias ou localizacións empregadas”.
A licitación valora ademais, “especialmente”, a inclusión para o servizo de aplicacións nativas para tabletas ou desenvolvidas en HTML5 que “faciliten maior mobilidade e usabilidade tanto as persoas usuarias do servizo como aos equipos de atención cidadá municipais”.

Categorías: Ciencia

Calma en Titán

Investigación y Ciencia - Mar, 07/11/2017 - 00:00
Titán es, junto con la Tierra, el único cuerpo conocido del sistema solar en cuya superficie hay extensiones cubiertas por líquidos. Sin embargo, sus olas son miniaturas.
Categorías: Ciencia

Plants turn caterpillars into cannibals

Nature - Lun, 07/10/2017 - 21:38

Chemical produced by tomato plants in response to pest attack can change insect behaviour.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22281

Categorías: Ciencia

Microsoft 365 é a nova oferta para empresas da compañía de Redmond

códigocero - Lun, 07/10/2017 - 19:00

Durante a celebración da conferencia Inspire o director xeral de Microsoft, Satya Nadella, presentou Microsoft 365, unha nova oferta da compañía de Redmond para empresas que recolle baixo o mesmo paraugas Office 365, Windows 10 e Enterprise Mobility + Security. Deste xeito Microsoft quere aproveitar a boa acollida que están a ter Office 365 (con máis de 100 millóns de usuarios de pagamento activos) e Windows 10 (con máis de 500 millóns de dispositivos en funcionamento) para afianzarse no mercado corporativo, ao que chegarán con Microsoft 365 Enterprise (para grandes empresas) e Microsoft 365 Business (para a PEME).
Microsoft 365 Enterprise ofrecerase en 2 plans (E3 e E5) que estarán dispoñibles a partires do 1 de agosto, mentres que Microsoft 365 Business, dirixido a compañías con até 300 usuarios, estreará versión preliminar o 2 de agosto, estando o seu lanzamento oficial previsto para o outono a un prezo de 20 dólares por usuario ao mes.

Microsoft 365 facilitará a produtividade en ordenadores e dispositivos móbiles dentro da empresa
Microsoft 365 preséntase como unha interesante fórmula para que as empresas contraten os servizos de Microsoft
Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia