Ciencia

A Xbox One estrea aplicación de Amazon Prime Video

códigocero - Mar, 10/31/2017 - 22:00

O servizo Amazon Prime Video está a piques de cumprir un ano de vida en España, pero esta plataforma de vídeo baixo demanda para subscritores de Amazon Prime chegou cunha carencia moi importante: case era imposible de acceder á mesma fóra do ordenador e de dispositivos móbiles, en boa medida por culpa da política de Amazon de oporse a dispositivos como o Chromecast de Google (xa que compiten cos mesmos con hardware propio nalgúns países). Pero o problema foi solucionándose paulatinamente, e tras o lanzamento de aplicacións en bastantes Smart TV, chegou a quenda das consolas de videoxogos, que tamén son un xeito moi efectivo de levar os contidos audiovisuais ao televisor do salón.
En setembro Amazon Prime Video estreou aplicación oficial para PlayStation 4, e agora acontece o propio para Xbox One, de xeito que a consola de Microsoft pode empregarse para reproducir series de televisión, películas e outros contidos desta plataforma audiovisual que cada día ten máis material en español.
Este lanzamento non se limitou ao mercado español, senón que a aplicación de Amazon Prime Video chegou hoxe tamén a Canadá, México, Francia, Italia e India, como anticipo a unha dispoñibilidade global da aplicación o vindeiro 7 de novembro.
Esta aplicación é especialmente atractiva para usuarios dunha Xbox One S ou Xbox One X, xa que conta con contidos en ultra alta definición, facilitando así que quen teña un televisor compatible poida gozar de contidos cun grande nivel de detalle. Espérase que en breve (antes de rematar o ano) a aplicación de Amazon Prime Video tamén chegue a Apple TV, especialmente agora que existe unha versión 4K do dispositivo.

Categorías: Ciencia

Spanish government takes control of Catalonian universities

Nature - Mar, 10/31/2017 - 19:27

Madrid will oversee the finances of the region's research centres and seven public universities.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22922

Categorías: Ciencia

Seeds, sponges and spinal surgery

Nature - Mar, 10/31/2017 - 19:27

October’s sharpest science shots, selected by Nature ’s photo team.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22923

Categorías: Ciencia

Small group scoops international effort to sequence huge wheat genome

Nature - Mar, 10/31/2017 - 19:27

Just six scientists conquer one of the most complicated genomes ever read.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22924

Categorías: Ciencia

Astronomers race to learn from first interstellar asteroid ever seen

Nature - Mar, 10/31/2017 - 19:27

Wonky orbit confirms that this visitor isn’t from around here.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22925

Categorías: Ciencia

US environment agency to bar scientists it funds from serving on advisory boards

Nature - Mar, 10/31/2017 - 19:27

The US Environmental Protection Agency says the policy would address potential conflicts of interest, but scientists raise alarms.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22929

Categorías: Ciencia

Cineuropa 2017: máis pelis e máis presenza nas redes

códigocero - Mar, 10/31/2017 - 16:38
Presentación do festival celebrada onte en Raxoi, con Goretti Sanmartín, José Luis Losa, Branca Novoneyra e Martiño Nogueira

A nova edición do festival Cineuropa de Santiago vén con importantes novidades cualitativas e cuantitativas: máis premios, máis sedes, máis xornadas, máis presenza nas redes. Así nolo fixeron saber onte o director do evento, José Luis Losa, e os responsábeis do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. A nivel TIC, informaron que amais de pór en xogo (novamente) a posibilidade de mercarmos entradas por Internet, con total comodidade (evitando ter que engrosar longas ringleiras na billeteira), estase a lanzar un chamamento para que as/os seareiras/os compartan nas redes sociais as súas impresións, lembranzas e imaxes sobre esta edición do festival e as anteriores, botando mando do cancelo #Cineuropa31. Con esta actividade quérese contribuír, tamén, a celebrar o cumprimento dos 30 anos do certame.
De feito e seguindo con esta vertente dixital, será posíbel seguir o día a día de Cineuropa a través dos seus perfís en redes sociais: Twitter, Facebook e Instagram. De xeito complementario, a partir do día 1 de novembro, a web cineuropa.gal porá a disposición do público a programación detallada desta edición, ao que cómpre engadir unha canle de seu en Telegram, dende a cal as persoas subscritas poderán recibir información sobre axenda do día e os cambios de última hora que se produzan no programa.
Xa nun plano máis “analóxico”, outro dos grandes pratos fortes do certame ten que ver premio que o certame adica a distinguir a traxectoria artística das actrices e actores da nosa contorna (e de alén dela), que este ano irá dar a mans do actor arxentino Leonardo Sbaraglia, protagonista de case medio cento de longametraxes, entre as que se contan algunhas tan salientábeis como a recente Relatos salvaxes ou a máis antiga Intacto. A cerimonia de entrega do Premio Cineuropa a Leonardo Sbaraglia terá lugar o martes 14 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Sinalar que alén da entrega dito galardón a Sbaraglia, o festival distinguirá o legado do actor arxentino coa proxección de dous dos seus traballos máis recentes. No te olvides de mí, ópera prima de Fernanda Ramondo que Sbaraglia protagonizou en 2016, será exhibida ese mesmo día ás 16:30 horas, nunha sesión que contará coa presenza do actor. Logo da entrega do premio, á noite, o teatro acollerá tamén o pase de El otro hermano, de Adrián Caetano.
Por suposto, Cineuropa 2017 (31ª edición) non rematará na dita distinción. Segundo soubemos este luns 30 de outubro, proxectarase a cifra nada desprezábel de 264 filmes, a través de 17 seccións. Estes detalles confirman o que se agardaba en determinados círculos de seareiros: que Cineuropa vai a máis este ano, que medran non só as películas a presentar, senón tamén os premiados, as xornadas complementarias de debate e divulgación e os espazos de exhibición.
A inauguración oficial virá da man dun dos directores franceses máis destacados do noso tempo, Robert Guédiguian, autor dun inesquecíbel feixe de filmes sobre vidas anónimas na Marsella interracial e multicultural do cambio de século, quen abrirá Cineuropa con La Villa, o 7 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Respecto ás “responsabilidades” desta nova edición, virá novamente da man do crítico especializado José Luis Losa (director do certame), contando coa implicación directa do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, que colabora por vez primeira de xeito directo con Cineuropa, segundo fixo saber na rolda de prensa deste 30 de outubro a vicepresidenta da entidade provincial, Goretti Sanmartín.
No que atinxe ás sedes das proxeccións, a rede de pantallas está constituída polo Teatro Principal, o Salón Teatro, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a sede da Afundación, o Auditorio de Galicia e o cinema Numax. A estes espazos incorpóranse por vez primeira os Multicines Compostela, o que confirma o incremento de sedes de Cineuropa. As entradas e abonos estarán á venda a partir da tarde do venres, día 3, tanto nos despachos de billetes como por Internet.
Apoios e colaboracións
Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña, o CGAC, Afundación e o ICAA. Conta tamén co apoio do Instituto Camões, os Multicines Compostela, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o Hostal dos Reis Católicos, Autos Rayma, María Castaña, Café de Altamira, o Curro da Parra, Moha, Icelandic Film Centre, Terratreme, Stilmoving e Meikincine Entertainment.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia