Actividades complementarias dentro da exposición Arte e Ciencia: Obradoiros e Concursos

Obradoiros e Conferencias:

Dentro das actividades complementarias ao redor da Exposición Arte e Ciencia realizarase un obradoiro sobre cúpulas xeodésicas, o mércores día 2 de outubro ás 7 da tarde, na sala de exposicións da Deputación, no pazo de San Marcos. Será impartido por Ramón Mariño, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo. A asistencia será libre e gratuíta.
Aqueles que non estean inscritos e queiran facer a súa propia cúpula deberán traer o material que se sinala:
Necesítanse como material 1 paquete de canas culler (para granizado) de maxiproducts.es e 30 encadernadores extraplanos con arandelas de 21 mm.
Repítese o obradoiro de cúpulas xeodésicas, esta vez no CEIP de Cervo o día 10, ás 16 e media.
 
Conferencias:
Felipe Senén sobre Cosmogonías Galegas en data por determinar.
Marcelino Maneiro, da Facultade de Ciencias de Lugo, conferencia, despois do 10 de novembro,  sobre a conexión entre arte e química a través da lingua, o título será "Estética e semiótica da Química: formulando con arte" onde se tratará de xeito divulgativo sobre fulerenos, aneis borromeanos, nós de Solomon, etc.
O día 13 de novembro, ás 19 horas, conferencia do arquitecto Senén Olano, profesor do IES Xoán Montes, sobre A xeometría na obra plástica de Senén Olano. ver cartel adxunto
Concursos:
Prazo límite: ata o día 30 de outubro. Podedes participar nos concursos que a continuación se expoñen.
Os premios consisten en libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais, algúns libros máis e outros agasallos da delegación de Cultura da Deputación de Lugo, e publicación dos gañadores na web!
1) Construír unha dome ou cúpula xeodésica con materiais de diverso tipo. Damos as instruccións para facelas nos arquivos que se xuntan. Tamén en papel no arquivo adxunto. 3 premios
Obradoiro de construción de cúpulas xeodésicas o día 2 de outubro ás 19 horas na mesma exposición. Impartida por Ramón Mariño, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo.
2) Unha obra artística propia con móbiles estilo Alexander Calder, En principio, enviar a foto. As obras dos tres gañadores as exporemos na exposición de Lugo. Tres premios de libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais. No arquivo Calder.PDF, aquí abaixo, tes indicacións para os cálculos.
3) Fotos propias dalgunha igrexa románica galega que conteña o "símbolo universal do románico galego" (se non sabedes cal é, vale con calquera símbolo dunha igrexa románica que vos chame a atención). 1 premio.
4) Hai que saber explicar estas preguntas de Ian Stewart:
Por que moitas flores teñen cinco ou oito pétalos, pero moi poucas teñen seis ou sete? Por que as folerpas de neve teñen simetría de orde seis? Por que os tigres teñen bandas pero os leopardos teñen manchas? A través da historia humana, artistas e científicos foron inspirados pola forma e a beleza do mundo natural. A nosa visión cambiante do Universo, e o do noso lugar nel, refrexa un sempre crecente entendemento de patróns e estruturas na natureza. A mente humana e a cultura humana inventaron un sistema formal de razoamento que nos permite recoñecer, clasificar, e explotar patróns en calquera sitio que poidan estar e en calquera momento que emerxan. (Ian Stewart, 1995). Busca un libro de Ian Stewart que contén todas as respostas "Nature's Numbers: The Unreal Reality Of Mathematics".  (Science Masters Series). Podes mercalo en ebook.
O primeiro ou a primeira que conteste, explicando correctamente a resposta, levará, como non, un premio.
5) Esta exposición aborda como a ciencia, matemáticas, a tecnoloxía e a arte e a vida se relacionan entre si. Invitamos a cada estudiante, ou grupo deles, que asista á exposición Arte e Ciencia a producir un traballo que reflicta algo do que aprenderon na exposición. 3 premios
6º) As formas de Sargadelos. Facer un pequeno traballo para coñecer e valorar as formas galegas, tradicionais, da cerámica de Sargadelos. E como influíron os deseños artísticos tradicionais galegos no seu deseño. 1 premio ao mellor traballo.
7) Como describirías en 2 palabras a imaxe dun modillón de San Miguel de Celanova (Ourense)(ver a imaxe): Hai un modillón deses no Museo arqueolóxico de Ourense. 1 premio á resposta que se adapte a explicación que está na exposición!.
8) E, tamén, traballos escritos en galego sobre calquera dos homenaxeados no IV día da ciencia en galego, Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale ou Bucky Fuller.1 premio
Enviar os resultados do concurso ao correo concursos en igaciencia.org (en=@)

imaxe: