Ano Internacional e Galego da Estatistica 2013

Sgapeio  infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística

O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".

Os anos internacionais de Ciencia sempre serán parte do Ano Galego correspondente. Así este ano Galego 2013 será o Ano Galego da Arte e a Ciencia e da Estatística (polo correspondente ano Internacional) .

Ademais, infórmannos que

Premio da SGAPEIO a investigadores novos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca un premio á mellor comunicación presentada no XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións por un investigador menor 30 anos. Os candidatos ao premio deberán presentar a súa comunicación nunha sesión especial do congreso.

Máis información: http://xisgapeio.udc.es/ <http://xisgapeio.udc.es/>