Conferencia de Ánxela Bugallo sobre Isidro Parga Pondal, organizada por Igaciencia

No IES Menéndez Pidal de Zalaeta, en A Coruña o 18-11, celebrouse unha conferencia de Ánxela Bugallo, profesora da Facultade de Formación do Profesorado da Coruña, organizada por Igaciencia, sobre Isidro Parga Pondal co motivo do dia (mes) da Ciencia en Galego. A conferencia, moi interesante, destacou a Isidro Parga Pondal como o modelo de galego ao que non hai barreiras impostas que lle impidan progresar, máis que os sufrimentos e represalias que sufreu (como vén sendo habitual). Tamén salientou que foi o primeiro que escribiu un documento científico en galego, impulsor da industria e unha personalidade en xeoloxía a nivel internacional. A clave do seu éxito: saber usar a mente, como el explicou. En resumo: un modelo a seguir polas novas xeracións.

De ter tempo para facelo, Igaciencia colocará aquí o video proximamente. Grazas Ánxela, pola túa lección maxistral.

A foto do salón de actos ateigado.

imaxe: