Datos do III Congreso de Software Libre para Educación

III CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE PARA EDUCACIÓN

 

Inscribirse

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

 

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre para o seu uso en educación..

-Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista do uso de software libre, para facilitar o intercambio de ideas e experiencias así como a presentación e difusión de recursos didácticos.

-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre con exposicións de diversas experiencias e mostras.

-Ver as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na FP.

A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

-Formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.

Relación provisional de relatorios:

  • Sensores en App Inventor 2: GPS, acelerómetro, orientación. Inés Ben e Manuel Díaz Regueiro
  • Aplicacións didácticas de Youtube & vídeo interactivo Susana Vázquez e Xacobo del Toro (educaBarrié)
  • Obradoiro da Nova versión de eXeLearning. Pilar Anta do IES de Arteixo e da UDC
  • Processing e Opart: Bridget Riley en Processing. Manuel Díaz
  • Processing e Kinect. Manuel Díaz
  • Mesa Redonda sobre publicación dixital, as súas posibilidades, o futuro dos libros escolares dixitais, e a interactividade con HTML5. Como integrar unha calculadora -e máis- nun libro dixital. Xoán Manuel Pérez Lijó, Secretario de Anabad Galicia;.....
  • Creación de videoxogos educativos en HTML5 Luz Castro e Silvia López (imaxin|software)
  • Arduino. Horacio González Diéguez (www.escoitar.org)
  • LibreFerrolterra. Diseño y desarrollo de un sistema operativo adaptado a la educación y basado en software libre. Florentino Blas Fernández Cueto e  Enrique Pazos López (director de CIFP Ferrolterra) CIFP  FerrolTerra
  • Uso de Software Libre na Rede Museística Provincial de Lugo Encarna Lago González,  e Juan Ignacio Marquez Barros.
  • Visita á sala de Realidade Virtual do CDTIC Galicia. Beatriz Montero da Oficina de Coordinación do CDTIC
  • Obradoiro de Audiacity. Ricardo Paredes, do IES Francisco Asorey de Cambados
  • Adaptando textos para a clase de inglés con software libre. David Gonzalez Gándara , CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro)
    • -Curso de Estatística con RCommander e a Oficina OSL. Rafael Rodríguez Gayaso, Coordinador da Oficina de Software Libre das Universidades galegas e Miguel Rodríguez
  • Mesa Redonda sobre Publicación Dixital. Xoán Manuel Pérez Lijó, Secretario de Anabad Galicia; Imaxin Software,....
  • Creación de videoxogos educativos en HTML5 Luz Castro e Silvia López (imaxin|software)
  • ICT Go Girls! María José Malmierca (CESGA)
  • "Compartindo o coñecemento con licenzas libres" AMTEGA

  • Usos educativos da xeomática libre AMTEGA

  •  Scratch en Primaria e Secundaria. María Loureiro González, IES PRIMEIRO DE MARZO,  BAIONA ;Peregrina Pintos Testa do  IES A GUÍA,  VIGO.. e
    Daniel Rodríguez Pizarro do  IES ALEXANDRE BÓBEDA,  VIGO.

  • Emprego didáctico da presentación multimedia Prezi. Carmen Denébola Álvarez Seoane (USC)

Datas e horario de realización:

Desenvolverase durante os días 1 e 2 de xullo de 2014,  en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.

Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación)

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  da Consellería de Traballo e Benestar en Santiago

Número de Prazas.- 150 homologadas, e 200 en total

Destinatarios.-Ten prioridade o Profesorado de Primaria e de Secundaria. Aqueles asistentes que non estean identificados en fprofe poderán ter certificación visada da Consellería, coa condición de ter a titulación adecuada e que non superen o 30% do profesorado rexistrado asistente.

inscrición gratuita. Custo da obtención do diploma matrícula.- 30 € ata o 30 de maio. Despois, 40 euros (necesitamos coñecer previamente a demanda para organizar a oferta).

Comunicacións e Pósters. Aos inscritos que desexen presentar comunicacións sobre software libre en Educación, admitiranse propostas ata o 1 de xuño.

Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición -co correspondente pago de matrícula-.

Homologación-Homologada pola Consellería de Educación   Inscribirse

Colaboran:  AMTEGA, Educa Barrié, CESGA. Domus de A Coruña e o  CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar

Cartel

Preguntas máis frecuentes. Por qué o congreso non é gratis?

Hai moita confusión entre free-gratis e free-Open Source e Libre. Hai servizos gratis que comportan recibir propaganda, ou coñecer os teus datos. Hai servizos gratis que o son para cando eres estudante pero non cando eres un profesional; hai actividades gratis nas que non che deixan sentar, etc. Open Source ou Software Libre significa que podes consultar as fontes dos programas e modificalas, pero non que ninguén estea obrigado a levarche a casa o programa, explicarche como funciona e adaptalo ás túas necesidades. Iso son cometidos de empresas de software libre, como as que hai moitas en Galicia, que cobran por eses servizos. Igaciencia non é unha empresa, pero non recibe ningunha subvención para pagar as augas dos ponentes, facer e enviar os carteis, ter un detalle de carpeta cos asistentes, detalles cos relatores, etc. Nin Amtega, nin a Consellería de Educación nin ningunha outra administración ou empresa dá un só centimo para eses gastos. O que fan os patrocinadores é enviar algún relator.

Nese contexto hai tres posibilidades: que che interese o suficiente o congreso e o certificado e pagues -un mínimo- por uns servizos que facilitan a difusión do SWL e o encontro ordenado e razoable dos profesionais do ensino interesados neste tema. Ou que vaias de oínte (normalmente hai sitios libres) gratuitamente e aquelo que che apeteza. Ou ben que disfrutes das vacacións e non vaias a nada.

Porque hai outras actividades dese tema que non cobran? Pois pode ser que reciban subvencións económicas de AMTEGA, ou ben permiten a empresas facer a súa propaganda no evento, ou as dúas cousas. En Igaciencia, a maioría das actividades que organizamos son gratuitas porque hai patrocinadores que se encargan da maior parte dos gastos. Non temos ningún patrocinador nese sentido no caso do Congreso de SWL Pero estamos abertos a consideralos e facer gratuito o congreso.

O congreso está homologado pola Consellería de Educación?

Está  homologada pola Consellería.

O diploma do congreso serve como mérito e para os sexenios?

Unha vez homologado o congreso conta igual que calquera outra actividade de formación da consellería de Educación.

Os relatores teñen diploma?

Terán un diploma no que conste as horas impartidas que lle contarán como noutros cursos dos Cefores ademais da asistencia, no seu caso.

Os parados terán diploma?

Se se inscriben completamente e se o numero de parados non supera o 30% do total de inscritos, si.

O Congreso é de matemáticas ou de ciencias?

Está penado para que calquera profesor poida asistir. Youtube, Exelearning, publicación dixital ,, son espazos valídos para calquera profesor/a e noutras procuramos darlle un contido interdisciplinar.

Poido ir de balde?

Si, pero nos obradoiros con problemas de asistencia terán preferenci os inscritos completamente, e non tramitamos os diplomas. Se os relatores e a organización fan o congreso gratuitamente, sen gañar nada, os asistentes aos que lles vai repercutir o diploma nos seus emolumentos futuros deberán colaborar no sostemento dun congreso que lles beneficia.

 

Que temáticas se poden propoñer para os relatorios ou comunicacións do Congreso?

Resumos dos relatorios Inscribirse