Desde o día 22 ata o día 30 de setembro pode visitarse a exposición en carteis sobre a LUZ no Centro Ágora na Coruña

Desde o día 22 ata o día 30 de setembro pode visitarse a exposición en carteis sobre a LUZ no Centro Ágora na Coruña.

En que horario? De 8 da mañá ata as 9 da noite, o horario de apertura do Centro Ágora de Coruña. 40 carteis sobre a Ciencia e a Tecnoloxía da Luz e un gran poster sobre Historia da Astronomía.

Pero non era na semana do 26 ao 30? Si, para os centros e pola mañán, unicamente. Inscríbete, en igaciencia.eu que aínda quedan prazas libres (xa sabemos que a data non é moi boa, pero foi a que nos diron no centro Ágora). Pero os carteis estarán expostos publicamente do 22 ao 30. Aproveita e comproba se che interesa levar aos teus alumnos (ademais dos carteis terás un cento de experiencias, programas, trevellos con Arduino, Raspberry, realidade virtual, realidade aumentada,... non te podes imaxinar...)

Non te quedes coa dúbida de se realmente é unha exposición única en España e merece a pena sacrificarse por ir a vela... Comproba que é asi.

 

 

imaxe: 

tag: