Divulga na Escola

Estimada amiga:

Estimado amigo:

O motivo desta carta é presentarche a iniciativa Divulga na Escola”, posta en marcha pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica. A través dela poñemos a disposición dos centros de ensino unha listaxe de divulgadores dispostos a recorrer o país divulgando o coñecemento científico.

No enderezo divulgaccion.org/divulga-na-escola/ esta dispoñible toda a información necesaria para poñer en marcha cada actividade (contacto, descrición da actividade, medios necesarios,...). Esta listaxe estase actualizando constantemente.

Coidamos que este recurso pode ser moi útil para a comunidade escolar (profesorado, ANPA´s,...) á hora de programar actividades relacionadas co mundo da ciencia e a tecnoloxía.

No caso de que contactes con algún divulgador e concertes con el unha actividade pediriámosche que nolo comuniques a través da páxina de “Divulga na Escola” para que a poidamos incluír no noso calendario.

Un vez rematada a actividade agradeceriámosche que nos enviases un par de fotos a divulgaccion@divulgaccion.org que nos servirán para o seguimento do programa, e que ademais colgaremos na nosa web.

Grazas de antemán polo teu interese e por difundir esta información entre os teus colegas. 

Manuel Vicente

Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica

divulgaccion@divulgaccion.org