Inauguración de Arte e Ciencia en Santiago e Sensores en Lugo. Videoconferencia de Liz Marzán sobre Nanotecnoloxía. Concursos de Sensores e Inventa en Galego.Premios

O día 3 de novembro ás 7 da tarde, na Galería Sargadelos de Santiago, inaugurouse  a exposición Arte e Ciencia na que destacan os apartados de Op Art, Cuasicristais, Fullereno, perfís na arte, Escher, Juan Gris -coa explicación inédita en España dos seus métodos de creación-, e a exposición -tamén única en España- de obras artísticas creadas en impresoras 3d (algunha exposta tamén en norteámerica durante un ano, como podedes ver en http://www.mosaicmathart.org/, ata agora exposta en Berkeley e Columbia nesa exposición Mosaic). A inauguración inclúe unha visita guiada, naturalmente. Cómpre que asistades se queredes ter unha lectura completa da exposición. http://www.edu.xunta.es/web/node/13781

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/11/04/exposicion-muestra-galeria-sargadelos-dialogo-arte-ciencia/0003_201411S4C49915.htm
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0049/exposicion-arte-ciencia-apoiada-pola-conselleria-cultura-educacion-inaugurase

http://www.iberoamerica.net/espana/prensa-generalista/lavozdegalicia.es/...

O día 30 de outubro inaugurouse Sensores na sala de exposicións da Deputación de Lugo (San Marcos s/n). Non hai mellor descrición de en que consiste que a de  facer unha visita e comprobar as evolucións das imaxes moduladas polos sensores (Kinect, Leap Motion, sensores de botón de Arduino).

Videoconferencia de Luís Liz Marzán sobre Nanotecnoloxía. No día da Ciencia en galego, ás 12 horas haberá una videoconferencia desde Euskadi do Dr. Luís Liz Marzán. Como os case 200 postos do Salón de Actos da Deputación xa están ocupados polo alumnado de tres centros de Lugo, non é posible admitir máis asistentes. Pedimos desculpas por non poder acoller a todos os interesados. Ver as fotos de EL Progreso e La Voz de Galicia o día 5 de novembro de 2014 e as fotos do fondo

Premios. Todos os que estades a facer actividades do día da ciencia en galego e as queirades comentar por correo a secretaria (arroba) igaciencia.org poderiades recibir un agasallo dun libro galego o día 4 de novembro, despois da videoconferencia de Liz Marzán, cunha única condición adicional: asistir persoalmente, ou enviar a alguén, a ese acto para recoller o libro. Ademais, naturalmente, débese enviar ese correo antes do día 3 ás 10 da mañán, para poder preparar esa entrega de premios.

Ídem para os participantes dos concursos de sensores e inventa en galego previamente inscritos. Se enviades un correo dicindo que alguén irá a recoller o premio en Lugo sobre as 13 horas, na video conferencia, reservarémosvos un libro.

 

imaxe: