XI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
Se chegaches aquí para a convocatoria de 2022, por favor pincha aquí, en http://www.igaciencia.eu/node/391
XI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
XI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou na fase de centro.
A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida cada ano máis polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.
As datas que se barallaban para a fase galega e internacional quedan á espera de boas novas.
Neste VI Congreso de Software libre para o coñecemento queremos introducir en Galicia o coñecemento da web semántica:
Inventa en Galego (con App Inventor) 2020
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos tres anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
http://ocioengalicia.com/lugo/arte-e-ciencia/
Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller
A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
O venres, día 29 de novembro ás 17 horas, realizouse a entrega de premios aos primeiros clasificados no X Concurso Galego de Robótica. Tivo lugar no salón de actos do IES Menéndez Pidal e foi presidida polo Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín Santos, a directora do IES Menéndez Pidal, Estrella Pérez Freire e o Presidente da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz Regueiro.
Clasificados en primeiro e segundo lugar en cada unha das categorías:
Primaria-1º de ESO.-