O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan de novo en Toulouse

Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.

A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Garda),  IES Xermán Ancochea Quevedo ( A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais  2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) ,  conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier  de Toulouse. Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.

Parabéns aos nosos campións!

 
Valentín García mantén un encontro co equipo galego do Rally Científico Matemático 2015, gañador da fase final de Toulouse
40 estudantes de cinco institutos galegos viaxaron o 22 de maio á cidade francesa para disputalo e impuxéronse logo de resolver catro problemas cunha puntuación de 10
A Consellería de Cultura e Educación colaborou con IGACIENCIA, entidade organizadora
Lun, 01/06/2015 - 21:14
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde un encontro equipo gañador do Rally Científico Matemático 2015, que se impuxo o pasado día 22 na fase final de Toulouse. Acudiron á cita, na Cidade da Cultura de Galicia, os 40 estudantes dos institutos galegos Os Rosais 2 de Vigo, A Sangriña da Guarda, Xermán Ancochea da Pobra de Trives, Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e María Casares de Oleiros, que viaxaron á cidade francesa para disputalo e que se fixeron co premio logo de resolver catro problemas cunha puntuación de 10. A iniciativa, coordinada por IGACIENCIA, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

http://www.edu.xunta.es/web/node/14937