VI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Do 10 ao 14 de  febreiro de 2014

A Coruña

Para completar a viaxe a Coruña para participar no VI Concurso -Obradoiro, visita gratuitamente do 10 ao 14 de febreiro os Museos científicos coruñeses

Inscribirse

 

e como entidade colaboradora a ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo

Para alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato ou FP. Concurso:  Os participantes poden optar aos premios do VI concurso escolar galego de robótica.

Cada grupo, cun máximo de 40 alumnos debe vir acompañado de  profesores ou profesoras, preferentemente de Tecnoloxía, TIC, matemáticas ou ciencias. Para poder satisfacer a varios centros con menos de 40 alumnos poderán asignarselles a mesma hora e estarán simultaneamente á mesma hora.


Debe dar os datos do seu centro e escoller unhas datas preferidas, finalmente comunicarémoslle a aceptación

 

Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP

Mira antes os xa inscritos no VI Concurso Galego de Robótica  e tamén comproba aí a túa inscrición posterior

SPIKE.gif

 

 

Bases

" A maxia da robótica" ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.

Modalidades:

Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías

A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO

B)-2º, 3º e 4º de ESO e

C)-Bacharelato ou FP da mesma idade

Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros.

 

Premios: Tres  premios en cada categoría de 150, 100  e 50 euros.

Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.

A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.

Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.

Día 14 de febreiro, ás 18 horas, na Fundación Barrié de Coruña, entrega dos premios

Antes de inscribirte, para poder guiarte na data e hora, mira os xa  inscritos no VI Concurso Galego de Robótica  ou mira os HORARIOS PROVISIONAIS

Inscribirse