We are the champions

Levamos catro anos, os catro anos de existencia do novo Rally científico e matemático, creado e dirixido por Igaciencia, gañando na Superfinal do Rallye Matemátique en Toulouse. Nos 20 anos anteriores do Rallye Matemático só un grupo galego gañou un ano en Toulouse. Necesitábase mellorar, dar un xiro de temón. Agora gañamos en parellas de dous ou de tres, copamos as copas dos gañadores. A razón, organización e normas transparentes que só deixan pasar aos millores e a maior participación e autonomía dos centros.

O Rally así, agora, fai emerxer aos profesores e as profesoras que traballan as competencias matemáticas co alumnado nunha dura competición en que moitos máis dos que viaxan merecerían estar na final. Queremos, desde aquí, facer unha homenaxe a ese traballo do profesorado sen o cal eses trunfos serían imposibles. Grazas pola vosa dedicación, vós sodes os verdadeiros campións europeos. Os que participan están na élite do profesorado, na élite do alumnado. Por que? Porque agora os campións galegos son automaticamente os campións europeos.

Estamos conseguindo que miles de alumnos galegos, cada ano, consigan resolver problemas matemáticos con tanta competencia e en equipo que son capaces de resolver os problemas da final de Toulouse en escasos segundos despois de lelos. Naturalmente non son os problemas difíciles do milenio, pero todos eles teñen que ver cunha visión de problemas que é necesario resolver na vida real, que lle van ser útiles na súa vida futura e dos que adquiren unha consolidada madureza. Os nosos alumnos descubren o "insight" das matemáticas.

Parabéns aos nosos campións... europeos.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/05/18/matematicas-conquistar-euro...

http://www.farodevigo.es/tags/final-europea-del-rally-matematico.html

http://www.infominho.com/index.php/id/100/objeto/26097/claves/ALUMNOS-DE...

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/05/19/maria-casares-impar...

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/05/21/alumnos-son-campeon...

As fotos: nelas é posible apreciar a diversión, a música, o pasalo ben, o intercambio entre paises, a multitude de participantes en cada unha das cinco probas, a resolución de problemas falando! e en equipo! e a gran velocidade! e as caras de satisfacción, André Antibi tocando a guitarra, o noso saxofonista e os nosos trofeos, as merecidas e traballadas copas.

Ver as fotos