VI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Do 10 ao 14 de  febreiro de 2014

A Coruña

Para completar a viaxe a Coruña para participar no VI Concurso -Obradoiro, visita gratuitamente do 10 ao 14 de febreiro os Museos científicos coruñeses

Selecciona os obradoiros (por orde de preferencia) aos que queres asistir

A asistencia a cada un dos obradoiros está limitada a 30 persoas. En caso de ser necesario, seleccionaremos a primeira opción das persoas que cubran este formulario seguindo a orde desta inscrición.
Completa os apartados de Número de Rexistro de Persoal (se eres funcionario/a ou se o tes), título/nº de rexistro noutro caso, centro de traballo ou diplomatura-licenciatura realizada. Datos precisos para facer a acta de asistentes e relatores.

Ano Internacional e Galego da Estatistica 2013

Sgapeio  infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística

O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".

EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, que invita os estudantes galegos de Secundaria a demostrar a súa creatividade científica, dando resposta mediante a experimentación ou o traballo de campo a preguntas relacionadas con feitos e procesos da vida cotiá, do seu ámbito máis inmediato.

Terceira edición do concurso Incubadora de Sondaxes

Como sabedes, a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convocou a terceira edición do c e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Queremos informarvos de que esta convocatoria aínda está aberta, pois o prazo de inscrición ampliouse ata o 8 de febreiro de 2013. Contamos coa vosa participación!

Feliz Ano 2013

Un moi feliz ano 2013, ano da Arte e a Ciencia de IGACIENCIA

http://www.youtube.com/watch?v=eo_rpopmANg

Inscritos

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA RSS