V Concurso Galego de Robótica

V Concurso Galego de Robótica

Do 25 de  febreiro ao 1 de marzo de 2013

A Coruña

Para completar a viaxe a Coruña para participar no V Concurso -Obradoiro, visita gratuitamente do 25 ao 28 de febreiro os Museos científicos coruñeses

Inscribirse

Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP e libre

Mira antes os xa inscritos no V Concurso Galego de Robótica    e tamén comproba aí a túa inscrición posterior

SPIKE.gif

 

 

Bases

" A maxia da robótica" ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.

Modalidades:

Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías

A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO

B)-2º, 3º e 4º de ESO e

C)-Bacharelato ou FP da mesma idade

Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros. Do 25 de  febreiro ao 1 de marzo de 2013

 

Modalidade concurso libre:

Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros) na web.

Data de celebración o día 2 de marzo, sábado, das 11 ás 12 horas. Un premio de 150 euros.

Inscrición: a través do formulario facendo constar o día 2.

Na primeira das modalidades:

Premios: Tres  premios en cada categoría de 150, 100  e 50 euros.

O concurso libre non terá este ano  un  premio de 150 euros.

Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.

A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.

Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.

Día 2 de marzo, ás 12 horas, na Fundación Barrié de Coruña, entrega dos premios

Antes de inscribirte, para poder guiarte na data e hora, mira os xa  inscritos no V Concurso Galego de Robótica  ou mira os HORARIOS PROVISIONAIS

Inscribirse