Sensores

A temática do día da Ciencia en Galego no 2014, nas propostas que facemos´desde Igaciencia, vai tratar dos sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte. Por unha banda os concursos xirarán ao redor desas medidas, facendo programas en inventor (unha linguaxe sinxela de programación en Android) nun concurso que chamamos Inventa en galego, ademais do segundo concurso de montaxes con robots NXT ou placas Arduino que sintan o contorno e interactúen con el.
Patrocina este concurso Inventa en Galego a Secretaría Xeral de Política Lingüística e educaBarrie. Ver pestana Inventa en Galego
Un segundo concurso de sensores nos que se pide realizar a un grupo de alumnos un pequeno exercicio con sensores Arduino, Lego, Raspberry... Por exemplo: calcular a media das alturas dos alumnos de clase (ou dun grupo de alumnos) utilizando Arduino, Lego... Fácil? Que tal que mida a todo os alumnos do instituto ao entrar? Que busque ao campeón de salto de lonxitude, ou de altura?. Etc...
Participa neste segundo concurso educaBarrié e a Domus de Coruña regalando un equipo Arduino aos tres primeiros clasificados e unha certa posibilidade da visita a Galiciencia a expoñer o traballo ou outrps premios.
Actividades neste ano:
----Exposicións na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo en novembro e en Santiago
 1-Sensores e Ciencia. Obradoiro "Sensores". Recibindo, polas mañás,  no Obradoiro "SENSORES" do día 17 ao 21 de novembro de 2014, aos centros educativos que farán en dúas fases a aprendizaxe de medidas de diversos sensores e establecemento de leis físicas. Primeiro aprendendo a manexar os robots NXT para estes cometidos. Despois realizando unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. O tema da Robótica e os seus sensores é un tema complementario da robótica en xeral que xa tratamos no VI Concurso Galego de Robótica, cun gran éxito e desfrute dos rapaces. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propoñemos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos (son, temperatura, humidade, distancia...), Tecnoloxía, pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases e incluso na Arte.
 http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=taxonomy/term/9).
2-Exposición Sensores.-O anterior sería un apartado que complementa a exposición Sensores na que figuras artísticas feitas en Processing e outras linguaxes proxectadas cun canón evolucionen no tempo e esa evolución teña en conta os sensores que a compoñen, de luz, distancia, PIR, KINECT, etc. Os centros que asistan a Sensores e Ciencia reservaráselles unha visita a esta exposición Sensores. Durará desde o 30 de outubro ao 27 de novembro de 2014.
3 -Concurso "Sensores"
4-Proposta de Exposición en Santiago de Arte e Ciencia
Se queres ver en que consistirá só tes que ver a exposición Arte e Ciencia do ano 2013 en Lugo

Páxinas

Subscribirse a RSS - Sensores