Ciencia en Galego

Inauguración de Arte e Ciencia en Santiago e Sensores en Lugo. Videoconferencia de Liz Marzán sobre Nanotecnoloxía. Concursos de Sensores e Inventa en Galego.Premios

O día 3 de novembro ás 7 da tarde, na Galería Sargadelos de Santiago, inaugurouse  a exposición Arte e Ciencia na que destacan os apartados de Op Art, Cuasicristais, Fullereno, perfís na arte, Escher, Juan Gris -coa explicación inédita en España dos seus métodos de creación-, e a exposición -tamén única en España- de obras artísticas creadas en impresoras 3d (algunha exposta tamén en norteámerica durante un ano, como podedes ver en http://www.mosaicmathart.org/

Vídeos do IV día da Ciencia en Galego

Día da Ciencia en Galego. Entrega de Premios from INES BEN on Vimeo.

Entrega de Premios dos concursos convocados por Igaciencia, con motivo do Día da Ciencia en Galego, 2013.

Conferencias de Arte e Ciencia 2013

Ademais da conferencia do presidente da RAG o día 4 de novembro, clausuramos o ciclo coa conferencia Estética e Semiótica da Química: formulando con Arte do Profesor da Facultade de Ciencias de Lugo, Marcelino Maneiro no IES Leiras Pulpeiro o día 15 de novembro co motivo do Día da Ciencia en Galego e organizada por IGACIENCIA

IV Día da Ciencia en Galego e entrega de premios, nova “retocada” na prensa

A celebración do IV Día da Ciencia en Galego e a entrega de premios do concurso, organizados por IGACIENCIA, son novas que aparecen en El Progreso hoxe, 10/11/2013, aínda que o texto precise ser traducido para poder entendelo e axustalo á realidade:

Gañadores e gañadoras dos concursos do IV Día da Ciencia en Galego

Os premios entregaranse no salón de actos da Deputación de Lugo, o día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, ás 12 horas, antes da conferencia do presidente da Real Academia Galega, D.Xesús Alonso Montero.
Premiados/as
Do IES Xoan Montes, a alumna Yesica Fernández Ramos de 1º de BAC, Presentado polo departamento de deseño: 1 premio
Carmen, profesora de Física e Química no CPI Fonte Díaz de Touro, presenta tres traballos das súas alumnas:
- Sobre Florence Nightingale, feito por Iria Ares e Lidia Guntín, alumnas de 4º ESO

O presidente da Real Academia Galega dará a conferencia central das actividades do día da Ciencia en galego

O día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, D. Xesús Alonso Montero,  Presidente da Real Academia Galega dará unha conferencia no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 12 h.. A conferencia ten de título: Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega., Convídanse a todos os centros de Lugo a asistir a dita conferencia. Para asegurar que non se sobrepase a cabida do salón (164 prazas) solicitade a inscrición a secretaria@igaciencia.org.

Xornadas Arte e Ciencia, CPI Monte Caxado, CPI Castroverde

Fotos das Xornadas Arte e Ciencia, da visita do CPI Monte Caxado, e da visita do CPI Castroverde
Puntuación media das Xornadas polos asistentes 5 (sobre un máximo de 5)

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ciencia en Galego