Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Submitted by admin on Tue, 12/20/2016 - 16:32

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse. No V Congreso de Software Libre vimos Internet das Cousas e moitos outros relatorios abraiantes. Seguimos coa exposición sobre a Ciencia e a Tecnoloxía da Luz no Centro Ágora da Coruña en setembro, recén inaugurado o curso escolar, para chegar ao mes da Ciencia en Galego no que centos de centros puxeron os carteis de Igaciencia relativos ás leis de Mendel, ás enfermidades celtas galegas, ós legumes, etc...

A actividade no Parlamento do día da Ciencia en Galego, presidida polo Conselleiro de Educación e Cultura e seguindo polas actividades propias de Igaciencia en conmemoración do mes da Ciencia en Galego cunha exposición no campus de Lugo coincidindo coas actividades do Campus Terra; o obradoiro no Ceip de Cervo utilizando a cromatografía para seguirlle a pista á clorofila e ás tintas e a coloración de plantas e, por último, a exposición no IES Ánxel Fole e o obradoiro sobre realidade virtual e aumentada ofertada a algúns rapaces do IES Ánxel Fole e, sobre todo, a conferencia de peche do mes da Ciencia en Galego, a cargo de D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, que fixo tamén a conferencia inaugural, no Parlamento galego, en Santiago. No salón non cabía todo o centro pero é probable que todos os alumnos estivesen interesados en asistir xa que a conferencia sobre Cruz Gallástegui foi amena, interesante, chea de información, pero dosificada con man maxistral.

Aprendimos que os galegos fumos 20 anos por diante no tratamento xenético das plantas con respecto ao resto de Europa con Cruz Gallástegui. Por unha vez sentímonos orgullosos de ser galegos fronte aos choros que temos que afrontar se pensamos noutras áreas... Aquí as imaxes que reflicten algún aspecto das nosas actividades en novembro, realizadas co apoio da Deputación de Lugo:

anxel

cervo

uni

conferencia