En primeiro lugar deberiamos razonar o por qué é necesario usar o software libre na educación
Por exemplo se lemos a Richard Stallman podemos ver varias razóns
http://www.gnu.org/education/edu-schools.es.html
Tamén poderiamos considerar a problemática que rodea o feito de defender a aprendizaxe na secundaria dunha linguaxe de programación defendida por Guido van Rossum, o creador de Python, a liña de Computer Programming For Everybody, Programación de ordenador para todos, na que se defende usar Python como primeira linguaxe de programación na secundaria.
a proposta é esta
http://www.python.org/doc/
E posible defender Python na Secundaria por varias razóns:
-A claridade da linguaxe versus a ofuscación doutras linguaxes
-A gran cantidade de libros que existen no mercado para aprender Python. É un índice do aumento de popularidade e da súa utilidade xeral, o que aprendes non é un xoguete senón algo que marcará a diferencia no teu futuro como persoa se tes ese coñecemento ou senón o tes
-O número de libros de Python que hai en Amazón é de 900, de Lisp, hai 170, de Delphi, 500, e de Geogebra hai 33 libros en Amazon.com
.A súa intima relación co software libre para matemáticas como pon de manifesto a existencia das Xornadas Sage/Python. As próximas Xornadas Sage/Python serán en Vigo.
-Por ser un programa de scripting
-Hai unha tendencia ao scripting, manexar un programa desde outro. Non só Blender, Maya e outros grandes programas podense manexar estilo script con Python.
-Ser o candidato ao programa de aprendizaxe universal da programación xa o fai apetecible
Computer Programming For Everybody é unha liña interesante a seguir. Debería ser unha liña de traballo de IGACIENCIA
-A gran cantidade de lugares profesionais nos que se aplica (na web, na bioinformática, administración de Unix e Linux, de Youtube, 3D, etc). Ver, por exemplo, os libros
Python para administración de sistemas Unix y Linux
Bioinformatics Programming Using Python
Python Web Development with Django (Developer's Library)
Maya Python for Games and Film: Blender 2.49 Scripting
etc, etc....
Polo que, naturalmente, hai moitas empresas que programan case exclusivamente en Python:
Google, Youtube, a NASA e moitas outras menos coñecidas.
Manuel Díaz Regueiro
- Log in to post comments