Rally sen Fronteiras

Os nosos campións do Rally de Toulouse e na prensa

Submitted by admin on Mon, 04/09/2018 - 16:32

Os nosos campións que participarán na Superfinal en Toulouse o 4 de maio de 2018

1º de ESO IES Rosalia de Castro - Santiago   Profesora Mercedes Rodríguez Bruzos

2º de ESO IES Rosalia de Castro - Santiago   Profesora María del Carmen González Varela

3º de ESO IES Río Cabe - Monforte  Profesora Carmen Morais Torres

4º de ESO Colexio Apóstol Santiago Xesuítas - Vigo Profesor Juan Lois González

4º de ESO-Ciencias IES Rosais 2. Vigo Profesor Juan Carlos Ares Rodríguez

Na prensa

Finalistas da Fase de Centros do Rally Matemático Sen Fronteiras

Submitted by admin on Tue, 03/20/2018 - 16:32

Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos! Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 9 de abril, en Santiago de Compostela. As probas realizaranse na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO. Os participantes acudirán co DNI correspondente.

 

 

Grupos que pasan á fase autonómica

O Rallye 2018 nos medios

Submitted by admin on Wed, 03/14/2018 - 16:32

O día 13 levouse a cabo a fase de centros do Rally Matemático 2018, o mesmo día, a mesma hora e coas mesmas probas que os alumnos franceses. Agradecemos a todos os participantes a súa colaboración e a realización dun Rally sen incidencias, a pesar de que somos conscientes da tensión que leva engadida unha limitación dos tempos e dos medios tecnolóxicos dos centros.

Final da fase galega do Rally Científico Matemático, comezo da fase internacional

Submitted by admin on Fri, 03/31/2017 - 16:32

Finalizada a proba galega do Rally matemática e a correspondente entrega de premios, o xoves día 30 de marzo na Facultade de Química, xa coñecemos os grupos que nos  representantarán na fase internacional que terá lugar en Toulouse.

1º de ESO Matemáticas

IES Plurilingüe Rosalía de Castro-Santiago. Curso 1º ESO A. Profesora Sara María López Álvarez.

2º de ESO Matemáticas

IES O Couto-Ourense. Curso 2º ESO B. Profesora Rosa Díaz Lama

3º ESO Matemáticas

IES Eduardo Blanco Amor-Ourense. Curso 3º B. Profesor Carlos Ferreiro García