Congreso de Software Libre

Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Submitted by admin on Tue, 12/20/2016 - 16:32

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

Datos do V Congreso de Software Libre e Foro libre para Educación

Submitted by admin on Mon, 05/16/2016 - 16:32

V CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE E FORO LIBRE PARA EDUCACIÓN

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre e como foro libre de intercambio TIC para o seu uso en educación.

IV Congreso de Software Libre: Arduino, Raspberry, Javascript, App Inventor, ...

Submitted by admin on Sat, 07/04/2015 - 16:32

Foto do obradoiro de Arduino. Os asistentes pediron duplicar o tempo na próxima edición.

Foto dos asistentes ao obradoiro de Raspberry Pi, feita coa cámara do Raspberry Pi

Foto da conferencia de Html5, CSS e Javascript, moi aplaudida. Os participantes pasaron de cento e pico persoas.

App Inventor tamén satisfixo o interese dos asistentes. Pero houbo ducias de temas de interese...

 

O software libre como negocio

Submitted by admin on Wed, 06/10/2015 - 16:32

Gustaríanos que houbese moitos congresos de software libre en Galicia, de Drupal, de Python, de calquera tema en calquera cidade e con calquera enfoque. Pero non os hai. Non os hai porque non son negocio. Bastaría que se puxeran cartos enriba da mesa e teriamos a cen organismiños organizando cen congresos de calquera cousa.