As impresións da competición e da visita en Toulouse

Submitted by admin on Ven, 05/11/2018 - 10:40
Paseando por Toulouse
Paseando por Toulouse

Unha gran experiencia, as probas resultaron fáciles a os meus alumnos, acabaron moi rápido e acadaron o primeiro posto, gustoulles tamén o ambiente e as actuacions.

Na proba
Na proba, competindo co resto de equipos de 4º da ESO

Por Toulouse pasámolo moi ben tamén, visitamos a cidade cos seus monumentos e a cidade do espacio na cal puidemos aprender moitas cousas da carreira espacial e na que  puidemos asistir a unha emisión en directo lo lanzamento da sonda "insight" cara a Marte.

Un saúdo

Dinos Juan Lois do  Colexio Apóstol Santiago Xesuítas-Vigo

E os vemos

Apostol Santiago-1
Nas portas lucindo as copas

Como en anos anteriores, foi unha magnífica experiencia. Ademais da competición, onde acadamos a segunda posición, a viaxe permitiunos desfrutar da cidade de Toulouse coa súa peculiar arquitectura, do Museo de Historia Natural e achegarnos á Cité Médievale de Carcassone, enclave único, que foi declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Juan Carlos Ares do IES Rosais 2 de Vigo

IES Rosais 2 de Vigo
Os alumnos do IES Rosais 2 na praza do Capitolio en Toulouse