Concurso Inventa en Galego 2018 con AppInventor. Premios

Submitted by admin on Mar, 06/19/2018 - 10:52

Concurso Inventa en Galego. AppInventor

Presentáronse 17 Apps das que foron preseleccionadas aquelas que cumprían os requirimentos recollidos nas bases da convocatoria. Ademais doutros aspectos a ter en conta, lembramos que:

-Poden participar equipos de escolares dos centros educativos, de Primaria ou Secundaria presentados polos profesores do seu centro cun mínimo de dous membros.

-Debe entregarse o arquivo en código fonte aia e tamén aportar o Apk da aplicación

-Os programas enviados poden estar en varios idiomas. Pero un deses idiomas ten que ser o galego.

-Os traballos presentados deben ser inéditos

Proxectos premiados ou con mención especial:

Coordinador e centro

Proxecto e autoría

Premio

Descrición aportada polos autores:

 

Ángel Acción Lamas

 

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

Bus

Andrés Pérez

Samuel Uxío Rodríguez

Curso:1º Bacharelato

Descargar

BusCoruña permite ver as rutas dos buses urbanos da cidade, canto tempo tardarán en chegar e onde están en cada momento co mapa en tempo real. Ademais pódete notificar cando un bus chega a unha parada, para que non o perdas ou para que non te despistes á hora de baixar. Tamén ten unha función para localizar as paradas máis próximas a ti ou para buscar unha parada polo seu nome

Estrutura:

Información das liñas en tempo real

Recibe un aviso cando chegue o bus

Búsqueda de paradas e chegadas en tempo real

Paz Freire
 

IES Menéndez Pidal de A Coruña.

Surfistas

Alejandro Tojo, Diego Carracedo e Paula Pérez

Curso: 1º Bacharelato

    Descargar

Compartido

 Con esta App queremos colaborar para que o alumnado iniciado no surf, ou outras persoas interesadas do noso entorno,  poidan ter información actualizada das condicións das praias mais preto de nos (ás que poderían chegar incluso en bici) e seguir con esta actividade saudable no seu tempo de lecer.

 

Que aporta?

-Clima e condicións do mar: Serve para coñecer a climatoloxía e as condicións do mar nas praias ofrecidas, (que nos permitirán determinar se é un bó día para surfear…)

-Localización: Serve para recordar a situación das praias e para que , desde a túa posición te indique  como chegar a praia desexada.

-Extras: Podemos facer fotos e compartilas na rede .  Acceder o blogue Movendo o cú (da prof. de EF)  e  a un  vídeo sobre surf e a suxestións para días que non son de surf.

 

 José Manuel Martínez Loureiro

 

IES Moncho Valcarce, As Pontes

Descubrindo GZ 

alumnos de 4º de ESO:

Andrés Rivera, Xoel Pena, Sergio Cal, Paula Sabín, Uxia Calvo, Noelia González, Camila dos Santos e Felipe Martínez

Descargar

Compartido

 

Decidimos crear esta aplicación porque nos gusta Galiza. A parte diso, escollimos facer a aplicación con esta temática debido á admiración que temos a cerca da xeografía galega, polo que queríamos compartilo coa xente e impulsalos a coñecer os lugares que nosgustan.

Idea

A idea principal era impulsar aos usuarios de "Descubrindo GZ" a visitar os distintos lugares que se ofrecen e premialos cun emblema cada vez que cheguen ao destino proposto

 

Mención especial

 

Ángel Acción Lamas

 

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

NewInf

 

Andrés Pérez

Samuel Rodríguez

Samuel Ramonde

1º BACH - TIC I

 

Esta é a APP da tenda de informática NewInf (empresa ficticia que creamos na primeira avaliación). Permite mercar os nosos produtos, saber un pouco máis acerca de nós ou recibir soporte técnico de forma rápida dende o móbil.

Os usuarios potenciais da aplicación serán fundamentalmente os nosos clientes, aínda que ofrecemos soporte gratuíto a calquera que o necesite.

Estrutura:

Realiza pedidos directamente na nosa APP

Recibe soporte inmediato no noso chat ou envíanos un email

Coñécenos e atopa a nosa tenda física

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

JOLI

Lucas Ameijenda Capeáns. Iván Lado Canosa. Óscar Maceiras Lago. Javier Suárez Conde

Curso:1º Bacharelato

Academia de idiomas

● Apoio

● Rentabilidade

● Eficacia

● Contacto

Nesta aplicación, expoñemos as principais funcións da academia JOLI, para ofrecer ao noso público virtual unhas opcións adecuadas ás que ofertamos no noso local. Todo isto de forma gratuíta. A aplicación conta con varias pantallas e un estilo sinxelo á par que funcional que servirá para fomentar a práctica na materia e la comunicación co noso persoal. Poderanse realizar exercicios prácticos, así como preguntar dúbidas aos nosos profesionais, ademais doutras moitas funcións

 

Ángel Acción Lamas

 IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

AdoptaCulleredo

Rebeca Andón Fernández, Laura Fernández Fernández e Iván FernándezMartínez.

Curso:1º Bacharelato

Adopta Culleredo é unha aplicación de protección animal situada en Culleredo. Isto permite aos usuarios coñecer os animais para a súa adopción, coñecer os próximos eventos dirixidos polo protector, coñecerse mellor a través das nosas redes sociais, axudar a atopar os servizos básicos de animais en Culleredo, colaborar connosco, xogos para as túas mascotas e un gran etc

Sinopse:

Aplicación sinxela pero moi útil, onde poderás adoptara túa mascota ideal e darlle o mellor coidado.

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

MegebeYoung

Pablo Iglesias e Andrea Fuentes

App complementaria de MegebeWolf

Unha app para controlar os teus cartos en todo momento

Manexarás teus ingresos e gastos dunha forma sencilla, cunha interfaz atractiva, na que verás os teus últimos movementos.

● Poderás acceder á localización da nosa oficina.

● Terás a opción de acceder ás redes sociais para contactar connosco.

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

MegebeWolf

Sergio Aller e Miguel García

App complementaria de Megebe Young

Con esta aplicación pretendemos crear unha erramenta coa que xestionar os teus cartos, dirixida tanto a un adolescente que empeza a aforrar como a una PYME que non precise unha xestión avanzada. Ten un diseño minimalista e intuitivo para facilitar o seu uso. Polo de agora as súas funcións están limitadas, pero incorporaranse máis en futuras actualizacións.

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

Bar Enriqueta

Fátima Pena

Gema Serrapio

copmplementaria de ChuviaDeCubertos:

Nesta aplicación os clientes do noso local poderán ver desde calquera sitio a nosa oferta gastronómica e optar por comer en Bar Enriqueta e incluso decidir de antemán que será o que pidan. Desta forma chegarán ao local e encargarán o seu pedido inmediatamente, asegurándose unha maior rapidez de servicio.

A nosa app está dirixida a todo o público en xeral que teña un mínimo coñecemento da informática, xa que creamos unha aplicación cunha interface moi sinxela

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

ChuviaDeCubertos

Lucía García y Paula Sieira

App copmplementaria de Bar Enriqueta

esta aplicación trátase dun xogo onde un personaxe, guiado por ti, debe fuxir de todo aquelo que non se pode tomar ou beber nun bar, como un tenedor ou un coitelo se non perderá bonos. O fin do xogo é conseguir o máximo de bonos posibles e isto obterase collendo a comida ou bebida que lle vaia caendo

Principalmente creamos esta aplicación para atraer a máis xente ao noso bar, xa que era novo no lugar e queríamos que tivera algo diferente aos demáis. Decidimos crear este xogo porque a todo o mundo gústalle pasar un bo rato e pareceunos algo divertido que a xente se entreteña con algo que logo lles podría ir no seu favor. Eles conseguen consumicións gratis e nós atraer a xente.

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

Centre Games Reserve

Jorge Corral

e Diego Noya

App complementaria CentreGames_Videoxogos

 

Esta app, permite realizar reservas de diferentes artículos nos establecementos de Centre Games. Esta, ademais, conten un mapa para encontrar esos

establecementos. A app serve para reservar articulo desde a comodidade da casa.

 

Ángel Acción Lamas

IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

CentreGames_Videoxogos

 Daniel López

Antón Castro

App complementaria Centre Games Reserve

 

Ca APP de Centre Games poderás facer todo o relacionado con nós desde calquera parte, sen necesidade de vir a tenda física.

Poderás:

● Reservar produtos

● Contactar con nós

● Ver os produtos que vendemos

● Ver onde nos atopamos

● Ver artigos sobre videoxogos

 

Mención especial ao centro IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, en especial ao coordinador dos proxectos, Ángel Acción Lamas, pola implicación no concurso, o número e calidade dos proxectos presentados.

 

           

 

Etiquetas