Congreso de Lingua, Toponimia e Cultura Celta Galega

Submitted by admin on Mar, 03/12/2019 - 13:19

celtia

Brevemente, Congreso de Cultura Celta Galega.

Este ano, que se celebra o ano internacional das linguas indíxenas, en Igaciencia celebramos o celta coma lingua indíxena... galega. Homenaxeamos a Chomsky e a Murguía como celtista galego.

En Setembro, o  27 e 28 de setembro no CNTG de Santiago

con este plantexamento:

Venres, 27,  pola tarde de 16 a 20 horas e sábado todo o día de 10 a 14 e 16 a 20 horas Comunicacións de media hora.

Solicitaremos a homologación pola Consellería de Educación con 12 horas O sábado todo o día e o venres pola tarde para que poida ser aprobada e certificada (pero so a profesores en activo ou unha porcentaxe reducida de titulados) . Os demais asistentes poden recibir un diploma acreditativo de Igaciencia.

Apúntate aquí mesmo. Ademais os relatores deberían enviar un pequeno resumo para animar á asistencia e valorar a inclusión.

Primeiros:

Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo: O celtismo como imaxe de vangarda galega. Iria-Friné Rivera Vázquez

Celtia.org, Como xurdiu. Manuel Diaz Regueiro

 José Manuel Barbosa Alvares

Marcial Tenreiro Bermúdez Resumo

Os temas, se propós comunicacións,  poden ir de calquera tema (os entrelazos celtas, construción, os castros galegos, afinidades entre países celtas, a música galega coma música celta, costumes e lendas, ...) calquera cousa incluíble nestes temas e semellantes.

Espero  e confío que vós animedes e animedes a moita máis xente a asistir e conferenciar.

Publicaremos en Labirinto Dixital labirintos.eu todo aquelo que os relatores queiran publicar (sen limitación, pero só en dixital...)

Provincia
Provincia
One file only.
64 MB limit.
Allowed types: txt rtf pdf doc docx odt ppt pptx odp xls xlsx ods.
Taxonomía