Luís Liz Marzán e Noam Chomsky, dous dos homenaxeados no día da Ciencia en galego

Submitted by admin on Lun, 11/04/2019 - 11:04

CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN: A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Periódica

O día 8 de novembro de 2019 teremos a conferencia de Liz Marzán, no día da Ciencia en Galego, como un dos homenaxeados neste día falando sobre nanotecnoloxía. Os centros interesados en asistir poden inscribir ata 50 alumnos -de 4º ESO, Bacharelato, FP- para asistir a esa conferencia a celebrar no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo, Ronda da Muralla, 71, ás 12 da mañá.

Grupos de alumnado e profesorado admitidos dos seguintes centros: IES Ánxel Fole, CPI de Castroverde, IES Xoán Montes, IES Leiras Pulpeiro, IES Ollos Grandes, CPI  Ramón Piñeiro de Láncara, Colexio de Fingoi, IES Lucus Augusti.  Pechada inscrición por acadar os 300 asistentes e estar superado o aforo.

Queremos agradecer especialmente a Luis Liz Marzán que, coa súa envergadura científica, as importantes investigacións nas que está mergullado, as múltiples demandas para impartir conferencias ( a semana pasada varias na Alemaña), se brinde colaborar con nós no labor de divulgación científica para a xente nova.

Breves Referencias da súa traxectoria profesional

Acadou por segunda vez o elitista Advanced Grant, 2018.  Cinco anos de investigación e máis de 2,4 millóns de euros para intentar descifrar algo máis sobre esta enfermidade "tan devastadora que todos sabemos, o cancro". https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/04/07/liz-marzan-primer-gallego-logra-segunda-vez-elitista-advanced-grant/0003_201804G7P30993.htm#

Premio Nacional de Química 2018, pola súa contribución aos campos da química coloidal, actividade que estudia os nanomateriais para a curación do cancro. https://www.eitb.eus/es/noticias/sociedad/videos/detalle/6041620/video-premio-nacional-quimica-luis-liz-marzan/

https://www.ciberisciii.es/noticias/luis-liz-marzan-nuevo-premio-nacional-de-investigacion

Premio Rey Jaime I á investigación Básica, 2015. http://www.fprj.es/es/investigacion-basica/luis-liz-marzan

Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. http://www.rac.es/2/2_ficha.php?id=970&idN3=6&idN4=50

Director científico do CICbiomaGUNE, Centro de investigación cooperativa en biomateriais, de Donostia. http://personal.cicbiomagune.com/llizmarzan/Luis.html

Membro da Academia Europaea,  entidade dedicada á promoción das ciencias e as humanidades, foi elixido ademais doutros méritos mediante a proposta doutros académicos entre os que figuran máis de 40 premios Nobel.  https://www.ae-info.org/ae/Member/Liz-Marz%C3%A1n_Luis

 Recoñecemento como galego destacado incluído no portal Galegos http://galegos.galiciadigital.com/es/luis-manuel-liz-marzan

Poderiamos continuar e continuar…

A lista de honras e premios supera os 22 e o mesmo podemos dicir das súas numerosas publicacións, máis de 400, e das máis de 350 conferencias. Mesmo  é co-inventor de 8 patentes… Claro que un dos seus méritos é o de nacer en Lugo e… presumir diso.

Trescentos alumnos na conferencia
Non cabian máis. Os trescentos alumnos de IES Ánxel Fole, CPI de Castroverde, IES Xoán Montes, IES Leiras Pulpeiro, IES Ollos Grandes, CPI  Ramón Piñeiro de Láncara, Colexio de Fingoi, e IES Lucus Augusti escoitaron con gran atención e gusto a conferencia que, esta sí, foi maxistral.

NOAM CHOMSKY

https://www.premiosfronterasdelconocimiento.es/galardonados/noam-chomsky/

https://www.premiosfronterasdelconocimiento.es/noticias/el-presidente-de-la-fundacion-bbva-carlos-torres-vila-entrega-el-premio-fronteras-del-conocimiento-a-noam-chomsky-en-arizona/

https://elpais.com/cultura/2019/04/16/actualidad/1555415692_405802.html

https://chomsky.info

http://www.wikilengua.org/index.php/Noam_Chomsky

https://elpais.com/tag/noam_chomsky/a


ENTREVISTA

"Ahora entendemos bien cómo un objeto finito como el cerebro puede construir una serie infinita de expresiones estructurales"

 Ver máís informacion en http://www.cienciaengalego.org

Etiquetas