VI Congreso de Software libre para o coñecemento: Bibliotecas (Galiciana, BNE...), Wikidata e Sparql

Submitted by admin on Lun, 02/10/2020 - 12:51

Neste VI Congreso de Software libre para o coñecemento queremos introducir en Galicia o coñecemento da web semántica:

A Web semántica ten como obxectivo crear un medio universal para o intercambio de información baseado en representacións do significado dos recursos da Web, dun xeito intelixible para as máquinas. Con iso preténdese ampliar a interoperabilidade entre os sistemas informáticos e reducir a mediación de operadores humanos nos procesos intelixentes de fluxo de información. O precursor da idea, Tim Berners-Le, membro fundador do W3C, esfórzase en que a súa proposta da Web semántica sirva para ampliar a capacidade da World Wide Web mediante estándares, linguaxes de marcado e outras ferramentas aplicables ao seu tratamento, di a Galipedia neste artigo Web Semántica.

Galiciana

Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia - Hispana - Ministerio

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia.

BNE, Biblioteca Digital Hispánica  

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

 

O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia. O Wikidata foi lanzado o 30 de outubro de 2012 e foi o primeiro novo proxecto da Fundación Wikimedia dende 2006, di a Galipedia neste artigo Wikidata. Polo tanto esta base de datos e a tecnoloxía asociada ten só oito anos!

Sparql é a linguaxe de programación tipo SQL que permite recuperar datos nunha base de datos de grafos como wikidata. Pero tamén podes recuperar, de modo intelixente, datos cruzados doutras bases de datos deste tipo coma Galiciana, BNE,...

De todas maneiras haberá dúas vías para este congreso- a do usuario normal de bases de datos dixitais como Galiciana, BNE, Cervantes e outras, que non require unha especialización e programación e o camiño máis habitual ao seu uso, e os que saben un pouco máis e serán capaces de usar Sparql despois do congreso. Iso esperamos!!! Un utilizará máis os ordenadores e estará bastante acotado o número de asistentes a ese nivel. Os outros utilizarán menos, pero algo tamén, nos obradoiros práticos, os ordenadores.

Lugar O CNTG, centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago

Rúa de Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

Data: 1 e 2 de xullo de 2020

Terán preferencia os responsables de Bibliotecas e Profesorado en activo (ao que lle daremos un certificado de asistencia despois de homologalo na Consellería de Educación). Miraremos de poder dar outro certificado para os bibliotecarios.

Criterios de selección, cumprir os criterios e data de inscrición na web

 

 

Provincia
Provincia
Via que elixes
Via que elixes