Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

Submitted by admin on Xov, 09/09/2021 - 11:42

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

O día 30 de outubro, no  Citius en Santiago, en horario de 9:45 a 14:15 horas e de 16 a 19:45 horas celebrarase o congreso de Igaciencia sobre Intelixencia Arfificial coas motivacións seguintes:

-Divulgación dos avances científicos nese campo.

-Celebrar unha das temáticas do mes da Ciencia en Galego deste ano, a Intelixencia Artificial.

-Colaborar na implantación da nova materia optativa en Secundaria de Intelixencia Artificial, dando a coñecer o currículo e exemplos de uso e coñecemento dos métodos e posibilidades.

-Facer unha reflexión crítica dos perigos e vantaxes asociados á Intelixencia Artificial, nalgún caso, asociado ao tipo de metodoloxía empregada.

-Dar a coñecer a situación actual e perspectivas futuras da IA, traballos relacionados e vantaxes para as empresas do seu uso na análise de datos.

-Iniciar a formación de grupos de traballo interesados na Intelixencia Artificial orientada á Aula desde diversas disciplinas (Empresa, Socioloxía, Tecnoloxía, Economía...) e, en xeral, como medio de explicar/integrar/dar a coñecer as ciencias para o mundo contemporáneo.

(Inscrición ao final da páxina)

Relatores Previstos

Senén Barro Ameneiro. Director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela

Título: Breve descripción: Poden pensar as máquinas?

 Resumo: A Intelixencia Artificial ( IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas faltas de entendemento a aquelas intelixentes. Trátase dunha disciplina recente, comparándoa con outros campos do saber, pero incriblemente rica en feitos relevantes e cun gran impacto social e económico. Son tantas hoxe as parcelas temáticas da IA, en número e diversidade, que resulta imposible o seu tratamento, nin aínda superficial, nun breve relatorio. Tentaremos en todo caso responder a que é, como xurdiu e donde se atopa a  IA a través dalgunhas preguntas especialmente  retadoras. Entre elas, a que dá título ao relatorio mesmo, e que é un tributo a Alan Turing, quen se fixo esta pregunta hai máis de sete décadas: poden pensar as máquinas?

Luís Sobrecueva Menéndez. Enxeñeiro de software senior de Cabify e autor do libro Automated Machine Learning with AutoKeras: Deep learning made accessible for everyone with just few lines of coding      

Título: Como aprenden as máquinas? Que se esconde detrás da intelixencia artificial?

Resumo: Introdución á Intelixencia Artifical, principais conceptos e breve repaso sobre a súa evolución desde os inicios á actualidade. Introdución ao aprendizaxe automático (Automated Machine Learning) con exemplo práctico utilizando o framework Autokeras.

Mario Rodríguez Riotorto. Matemático, membro do equipo de desenvolvemento do programa de cálculo simbólico Maxima

Título: Algoritmos xenéticos

Resumo: Os algoritmos xenéticos forman parte da familia de procedementos computacionais que buscan acadar solucións globais aproximadas ós problemas de optimización, en contraposición ós algoritmos clásicos de búsqueda de máximos e mínimos locais. O seu funcionamento consiste en simular os mecanismos presentes na evolución natural: selección, mutación e cruce cromosómico. De maneira semellante á que ten lugar na natureza, o algoritmo xenético simulará poboacións de solucións candidatas, onde os individuos competirán entre si, de xeito que a aqueles que mellor resposta aporten se lles permitirá reproducirse e formar novas xeracións, deixando extinguir ós menos aptos. Comentarase de que maneira estes algoritmos se aplican no entrenamento de redes neuronais.

Francisco Javier Bellas Bouza. Catedrático de Universidade (Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información). Universidade da Coruña. Coordinador do proxecto europeo AI+ e membro do grupo de expertos docentes en IA da Xunta de Galicia.

Título: Bases e enfoques da materia de Iniciación á Intelixencia Artificial

Resumo: o obxectivo deste relatorio e presentar a orixe, o plantexamento e os posibles enfoques docentes da nova materia de libre configuración ofertada pola Xunta "Iniciación á Intelixencia Artificial". Trátase de que a comunidade educativa coñeza as bases conceptuais do currículo presentado e o alcance que se podería acadar, de xeito que poidan valorar con fundamento a súa oferta nos centros educativos.

Sara Guerreiro Santalla. Contratada predoutoral da Xunta de Galicia, docente no departamento de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na UDC e responsable do desenvolvemento das unidades didácticas do proxecto AI+.

Título: 

Aproximación práctica á materia de Iniciación á Intelixencia Artificial

Resumo: O obxectivo desta exposición é mostrarlle ós asistentes unha aproximación práctica á materia de Iniciación á Intelixencia Artificial, co obxectivo de valorar o alcance da súa implantación. Para iso, por unha parte preséntanse diferentes recursos educativos de calidade xa dispoñibles, cos cales é posible impartir a materia. E por outra, expoñeranse os resultados de aprendizaxe obtidos ata o momento no proxecto AI+ (http://aiplus.udc.es) así como as dificultades atopadas.

Inscrición gratuíta. Prazas limitadas. Con preferencia para o profesorado en activo.

Celebrándose no Citius, recomendamos levar portátil para poder realizar algunha das práticas previstas. Non son moitas, pero...Nese caso o límite de asistencia, en principio, está en 30.

Concedda a homologación provisional pola Consellería de Educación por 8 horas de formación.

Actividade Subvencionada pola Deputación de A Coruña. Coa destacada colaboración do CITIUS na realización do Congreso.

  Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial.

 

Programa provisional

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

Hora

Día 30 outubro 2021

9-10

Entrega de documentación (9-9:45)                                   Inauguración (9:45h)

10-11

 

Poden Pensar as máquinas?

Senén Barro Ameneiro

Director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela

11-12

Como aprenden as máquinas? Que se esconde detrás da intelixencia artificial?

Luís Sobrecueva Menéndez

Enxeñeiro de software senior de Cabify e autor do libro Automated Machine Learning with AutoKeras: Deep learning made accessible for everyone with just few lines of coding      

12-12:15

DESCANSO

12:15-13:15

Continuación  

Como aprenden as máquinas? Que se esconde detrás da intelixencia artificial?

Luís Sobrecueva Menéndez      

13:15-14:15

Algoritmos xenéticos

Mario Rodríguez Riotorto

Matemático, membro do equipo de desenvolvemento do programa de cálculo simbólico Maxima

 

TEMPO LIBRE PARA XANTAR

16-18

Bases e enfoques da materia de Iniciación á Intelixencia Artificial

Francisco Javier Bellas Bouza

Catedrático Universidade da Coruña. Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información. Coordinador do proxecto europeo AI+ e membro do grupo de expertos docentes en IA da Xunta de Galicia

18-18:15

DESCANSO

18:15-19:15

 

Aproximación práctica á materia de Iniciación á Intelixencia Artificial

Sara Guerreiro Santalla

Contratada predoutoral da Xunta de Galicia, docente no departamento de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na UDC e responsable do desenvolvemento das unidades didácticas do proxecto AI+

19:15

19:45

Debate, formación e coordinación de futuros grupos de traballo sobre IA

Desenvolverase en outubro de 2021, durante o día 30 (horario de 9:45 a 14:15 h e de 16 a 19:45 horas.

Valoración en horas de formación: 8 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación, concedida a petición de homologación previa e  provisional da actividade)

Lugar  CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes)

Enderezo: Rúa de Jenaro de la Fuente, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

 

Prazas: 30 máximo

Destinatarios.- Profesorado de Primaria e de Secundaria. Poderán asistir tamén a algúns convidados que se inscriban gratuitamente, de haber prazas libres.

Custo da matrícula.- Gratuíta.

Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición.

Provincia
Provincia