Entrega de premios de Novos Poliedros

Submitted by admin on Dom, 12/12/2021 - 13:46

Podemos falar e facer moitas disquisicións sobre Simetría, Beleza,  a súa relación e a súa implicación en moitas Ciencias e Artes, pero un resumo rápido é que entramos na Academia de Platón, sabemos Xeometría... Parabéns aos gañadores!!!

Ligazóns

Facebook da Lingua Galega

https://www.facebook.com/LinguaGalega

O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu este venres a entrega de premios da primeira edición do 'Concurso de Novos Poliedro', convocado por Igaciencia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística como parte da celebración do Mes da ciencia en galego o pasado novembro.
Valentín García estivo acompañado de Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, na entrega destes galardóns aos institutos gañadores: IES Nº1, do Carballiño; IES Ramón Menéndez Pidal, da Coruña; IES A Xunqueira II, de Pontevedra; IES de Meaño; IES Camilo José Cela, de Padrón e o CPI Dr. López Suárez, de Friol. Os gañadores conseguiron un premio de 100 para o seu respectivo instituto e un lote de libros en galego. Ademais, o xurado recoñeceu dous áccesit de 50 euros aos centros IES Salvador de Madariaga, da Coruña, e ao IES do Milladoiro, en Ames.
Este concurso busca incentivar na rapazada o interese pola ciencia, en particular pola xeometría e pola simetría, amosándolles a súa importancia no estudo do universo, da estrutura química ou dos seres vivos, ao tempo que se promove o uso da lingua galega entre a mocidade. A partir dun listado de poliedros, os centros participantes elixiron e reproduciron un ou varios deles utilizando o material que tivesen da súa man, desde impresoras 3D ata simples cartolinas, e, finalmente, nomeárono cun nome en galego.
 

ZalaTecno (@TecnoZala) twitteó a las 4:10 p. m. on dom., dic. 12, 2021:
Acto entrega de Premios concurso "Novos poliedros"-Igaciencia e  Sec. Xeral de Política Lingüística, na Casa das Linguas, Santiago.
Premiado o grupo de deseñadores de T. Industrial de 2º de Bac. #igaciencia #Steam https://t.co/qfe7Ykysqn
(https://twitter.com/TecnoZala/status/1470048496560623628?t=SHRzeD-BuTI1JhiERQfrTg&s=03

Mostra dos deseños, procesos e  impresións presentadas polo grupo de Tecnoloxía Industrial 2 ao concurso de Novos poliedros de Igaciencia e SXPLingüística da Xunta de Galicia.
Deseños creados empregando Freecad e Blockscad. Nomes propostos pescudando en símbolos da historia de Galicia.

Máis fotos e as presentacións completas están colgadas na web de Igaciencia e próximamente na web de Zalatecno.

#STEAM
#IGACIENCIA
https://www.instagram.com/p/CXWQha9sQSx/?utm_medium=share_sheet

Acto de entrega de Premios do concurso "Novos poliedros" de Igaciencia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onte na Casa das Linguas, Pazo de San Roque en Santiago.
Asistiu o grupo de deseñadores de Tecnoloxía Industrial de 2º de Bacharelato (Tatiana Carro, Franco Ruata, Marcos e Daniel Güeto, Óscar Martínez e Iván Álvarez) coa súa profesora Paz Freire e a Directora Estrella Pérez Freire.

Recolleron o premio de mans de Secretario Xeral de Política Lingüística e do Presidente de Igaciencia e presentaron en público o proceso de deseño, fabricación e nomeamento dos tres poliedros presentados ao concurso.

No acto participaron docentes e alumnado de 8 centros galegos.
O acto rematou con entrega de agasallos.

Estamos moi orgullosos deste grupo e do seu traballo, moitos parabéns!!
???

#Igaciencia
https://www.instagram.com/p/CXWOjt5Me7I/?utm_medium=share_sheet
 
 
Aldara, Alejandra, Inés, Mara e Sabrine, participaron nun concurso de Igaciencia de Novos Poliedros, queres saber si gañaron?
Podes mirar o vídeo, e comprobalo na páxina de Igaciencia http://www.igaciencia.eu/gl/node/378
#Estreledro #igaciencia #iesnumero1
https://www.instagram.com/tv/CXjXtdplLN9/?utm_medium=share_sheet 
 
 
E este é o enlace da páxina do centro