Rally sen Fronteiras

Actividades de Igaciencia no Primeiro Cuatrimestre de 2016

Submitted by admin on Ven, 12/04/2015 - 16:32

-Robótica

Para que os centros podan organizar o seu calendario de actividades extraescolares do curso, comunicamos que o Concurso Galego de Robótica celebrarase nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña os días seguintes:

Vigo do 12 ao 15 de abril na sede de Vigo, Policarpo Sanz 31, 36202 Vigo.

A Coruña, do 18 ao 22 de abril na sede de A Coruña, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan de novo en Toulouse

Submitted by admin on Lun, 05/25/2015 - 16:32

Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.

Rally 2015. Finalistas fase de centros

Submitted by admin on Lun, 03/23/2015 - 16:32

Rally 2015. Finalistas fase de centros

Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 8 de abril na Facultade de Química ás 12 da mañá (ás 11;30 horas os grupos de cuarto) na aula de Bioloxía de dita Facultade.

Os alumnos virán co DNI correspondente.

Parabéns a todos os participantes polo alto nivel de preparación; razón pola que se fixo lenta a selección dos gañadores.

Os centros interesados poderán participar nuna visita guiada á Facultade de Físicas ás 4 da tarde. Contactar co vicedecano.

 

Éxito dos equipos galegos do Rally en Toulouse

Submitted by admin on Xov, 05/29/2014 - 16:32

Parabéns a todos os equipos galegos que participaron na Final do Rally sen Fronteiras en Toulouse. Por primeira vez todos os equipos galegos acadaron a posición de gañadores subindo ao podio e recibindo a copa correspondente. Destacamos especialmente ao equipo do IES Lauro Olmo do Barco por acadar o primeiro posto internacional na súa categoría de 3º da ESO. O novo sistema de selección dos equipos mellora de ano en ano os resultados dos nosos concursantes.

Aquí iremos poñendo as fotos dos gañadores

Gañadores da fase centro do Rally

Submitted by admin on Mér, 03/19/2014 - 16:32

Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 28 de marzo na Facultade de Química ás 12 da mañá (ás 11;30 horas os grupos de cuarto) na aula de Bioloxía de dita Facultade...

Os alumnos virán co DNI correspondente. Poden concertarse visitas guiadas coa Facultade de Físicas pola tarde.

Probas de Matemáticas. Finalistas

 

Rally 2014. Fase centros. Grupos gañadores

 

ESO