Congreso de Software Libre

Mario Rodríguez Riotorto e o CESGA colocan Maxima na rede

Submitted by admin on Sáb, 12/01/2012 - 16:32

Na páxina

http://maxima.cesga.es

podedes experimentar, realizar os cálculos que queirades facer e presentar  calquera gráfica, curva ou superficie, en galego, en móbil, desde clase  ou casa cun programa de software libre como Maxima, sen royalties e sen pagar nada.

Parabéns á Mario Rodríguez Riotorto e ao CESGA polo éxito da proposta!.

Grupo de traballo de construción dunha impresora 3D "Clone Wars"

Submitted by admin on Mar, 11/20/2012 - 16:32

Seguindo o proxecto "Clone Wars" tratariase de facer unha ou varias impresora 3d con materiais sinxelos

http://asrob.uc3m.es/index.php/Proyecto:_Clone_wars

Onde? en Lugo. En Coruña e Vigo xa existen estes grupos de traballo.

Un segundo grupo podería ser o de toma de datos para realizar medidas de experimentos en electricidade, magnetismo,  son, electrónica, mecánica, óptica e/ou calor.

con ExpEy

E un terceiro de proxectos con Arduino

II Congreso de Software Libre para Educación

Submitted by admin on Mér, 10/03/2012 - 16:32

O II Congreso de Software Libre para Educación (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e Educación celebrarase, en Santiago, a principios de xullo de 2013 como o primeiro congreso do ano pasado 2012 en Lugo.

Estades convidados e convidadas a participar levando un relatorio dos vosos traballos de aula. O Congreso pretende ser o lugar de encontro de todos os profesionais e profesores que utilizan na súa profesión, na súa empresa, ou no seu centro educativo, o software libre.

As actas do I congreso de Software Libre poderán conseguirse neste congreso.

Congreso homologado pola Consellería de Educación

Submitted by admin on Mér, 05/30/2012 - 16:32

Congreso homologado pola Consellería de Educación

O día 29 de maio a Consellería de de Educación homologou provisionalmente  por 16 horas o I Congreso de Software Libre

O 70% dos asistentes deben ser profesores do ensino público ou concertado. O 30% restante poden ser parados, da privada, etc..