Ciencia en Galego
Igaciencia nos XXI Encontros para a Normalización Lingüística
Na Biblioteca do Gaiás, na exposición realizada no marco dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, pódense ver os dous carteis que presentou Igaciencia para responder á solicitude da organización dos encontros:
-Cartel do Día da Ciencia en Galego que, á súa vez, recolle os carteis emitidos con ocasión das 10 edicións que levamos participando e promovendo.
- Cartel no que reflectimos unha mostra das distintas actividades que se desenvolven habitualmente en Igaciencia.
A continuación engadimos algunhas imaxes.
Enrólate coa Robótica
No Gaiás, en Santiago, 2 horas para aprender robótica no mes da Ciencia en Galego (os días 17 e 24 de novembro)
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/mes-da-ciencia-enrolate-coa-robotica
Entradas de balde, previa inscrición
Imparte: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)
Data: sábados 17 e 24 de novembro
Horario: de 17:00 a 19:00 h
- Read more about Enrólate coa Robótica
- Log in to post comments