Rally sen Fronteiras

Rally Científico e Matemático sen Fronteiras. Clasificados na fase de centro.

Submitted by admin on Mér, 03/18/2020 - 11:52

Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou na fase de centro.

A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida cada ano máis polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.

As datas que se barallaban para a fase galega e internacional quedan á espera de boas novas.

Ánimo! 

Gañadores da fase de Centro do Rally Matemático sen Fronteiras

Submitted by admin on Dom, 03/17/2019 - 18:02

 Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos! Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 5 de abril, en Santiago de Compostela. As probas realizaranse na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO. Os participantes deben acudir  co DNI correspondente.