Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2021

Submitted by admin on Mar, 01/12/2021 - 11:04

Patrocinan

Irem e Ires de Toulouse e  Facultade de Química de Santiago de Compostela.

Edición 2021

Nova data da proba de centro: 15 de abril. Estendemos pois o prazo de inscrición ata o 11 de abril.

Dada a situación da terceira onda pandémica parécenos saudable adiar a proba de centro do rally científico matemático. Propoñémosvos como nova data o 15 de abril, na que esperamos que o profesorado, e tamén unha porcentaxe maior de poboación, estea xa vacinado.

 Ademais, comunicamos que no IRES de Toulouse acordaron non celebrar este ano a proba final do Rally en Toulouse (si se fará unha conexión cos centros participantes por Zoom), pero prevemos agasallar aos grupos gañadores cunha viaxe de carácter científico-matemático, guiada en galego, a algún punto de interese do Camiño de Santiago.  

A proba en centros terá lugar a partir das 4 da tarde, de 4 a 5 matemáticas e de 5 a 6 ciencias. En función da evolución concretaremos o desenvolvemento da final galega.

A proba de 4º da ESO de Ciencias centrarase exclusivamente en Física e Química de 4º para facilitar a participación de máis centros educativos. Iremos poñendo información adicional nesta mesma páxina, pero xa podedes revisar as convocatorias anteriores e incluso inscribirvos aquí no formulario que aparece ao final desta entrada.

Dispoñedes de información complementaria en varios apartados: http://igaciencia.eu/gl/taxonomia/rally e  http://www.igaciencia.eu/node/247  que ten as normas 2017 e as probas. En realidade, en cada inscrición anual hai material e información. Na de 2013 hai moitos exercicios. http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/2017probascentroMATES.pdf http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/Ciencias2017probacentro.pdf O primeiro enderezo mostra as instrucións do 2017. Os seguintes van a apartados onde se atopan as probas do 2016, 2015, 2014 e 2013 

 Aqui http://www.igaciencia.eu/en/node/210  é onde podes consultar as probas do 2015 Exames do 2015 aquí 

Inscrición de 2015 e probas da edición de 2014

Inscrición de 2014 e probas da edición de 2013

As bases cambiarán pouco respecto aos anos anteriores, pero as poñeremos aquí, así como os exames de 2018.  Inscríbete no formulario que segue ao cartel

Normas específicas 2019

Exames matemáticas 2018

Examen de Ciencias 2018

Exames de centro de 2019 aquí

Exames de centro de ciencias 2020 aquí 

Exames de centro de matemáticas 1, 2, 3 e 4, 2020 aquí

Deberase realizar unha inscrición por cada grupo participante.

Materia
Máximo un arquivo.
Límite de 2 MB.
Tipos permitidos: pdf doc docx odt xls xlsx ods.