Novos Poliedros

Submitted by admin on Mar, 09/21/2021 - 10:03

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.

Aqui poñemos uns cantos poliedros novos. Podedes detectar algún coñecido?- Os novos orixinais de Manuel Diaz Regueiro. O que vos pedimos é que fabriquedes un e o inmatriculedes (dádelle un nome galego). Iso é todo o concurso que durara ata o 1 de decembro e terá un pequeno premio para os 5 mellores.

Desde logo cada centro pode dedicarse a un poliedro exclusivo para el. O primeiro paso é o de seleccionar o poliedro mediante o formulario que figura a continuación, depois daremos consellos para fabricalo en diversos materiais e con diversos medios e os criterios de valoración que se aplicarán no concurso. Os asistentes á actividade de Arte e Ciencia terán máis oportunidades de conversar sobre estes aspectos.

En decembro publicarase na web de Igaciencia unha táboa na que figurara o modelo, a foto da construción realizada polo centro e o nome galego do poliedro escollido. Posteriormente se pode realizar unha exposición conxunta.

Escóllese por orde de inscrición. Prazo de inscrición ata o 23 de novembro.  Despois desa data pecharase a inscrición. Os inscritos poderán solicitar por correo un novo poliedro. Entrega dos poliedros por centro ata o 1 decembro. Entrega de premios o día 10 de decembro  as 13h en Santiago.

Animádevos xa! -É relativamente fácil. Seguindo un desenvolvemento plano dun novo poliedro ou imprimíndoo en 3d, neste concurso trátase de facelo real por calquera medio (Origami, cartolina, madeira ou mesmo impresión 3d) e de ter a posibilidade de inmatriculalo, darlle un nome galego e universal. Coa nosa axuda. Nota; non teñen porque ter a mesmas cores cas imaxes. Pode ser o resultado dunha impresora 3D en calquera cor. Ou con cartolina en calquera cor.

As citas, Hermann Weyl, o autor de Simetría, dicía que:
My work has always tried to unite the True with the Beautiful and when I had to choose one or the other, I usually chose the
Beautiful. O meu traballo sempre tratou de unir a verdade coa beleza e cando tiven que elixir entre unha ou a outra, eu, frecuentemente, elixin a beleza. Como consturír un poliedro e porque son importantes na educación por George Hart (en inglés). Tamén a súa Encyclopedia of Polyhedra. Como construir poliedros  Symmetry has always been attractive to mathematicians, and the most symmetric of all figures are the regular polyhedra, or Platonic solids. Aquí veremos figuras altamente simétricas.

Exemplos de novos poliedros
       
1

   
2

Cpi Dr. López Suárez (Friol)

O alumnado de 4º da Eso

Xoel Castiñeira Varela
Juan David López Ramos
Michael López Santos
Rubén Vázquez Miragaya e

Prof Modesto Fernández

Seis compostos de cubo e octaedro ou

Seisedroito

youtube

3

   
4

   
5

   
6  

IES SALVADOR DE MADARIAGA

Alumnado do primeiro ciclo da ESO do IES Salvador de Madariaga coordinados pola profesora de matemáticas Cristina Villalobos.

O Ies Menéndez Pidal fixo un en impresión 3D

Folerpas

Foto1

Foto2

Foto3

Foto4

7

IES Menendez Pidal
Traballo de  deseño de Franco Ruta con colaboración de Yoel Suárez Mato.
- Además Tatiana Carro Molina deseñou unha versión do poliedro 6.

Da materia de Tecnoloxía Industrial 2 de 2ºde Bacharelato en colaboración có club de Ciencia Zalatecno coa docente MªPaz Freire Campo.

Tursaanedro
Ten parecido có símbolo vikingo
tursaansydän, de ahí o nome
da nosa figura. Este provén
de tempos prehistóricos
como símbolo de boa sorte e
para afastar maldicións.
Os vikingos forman parte da
historia de Galicia, xa que
chegaron a ocupala ata en
catro ocasións.

Zalaeta

Tursaanedro

 

8

   
9

IES Menéndez Pidal

 

Daniel Güeto Sandá, Marcos Güeto Sandá, Óscar Otero Martínez con Iván Álvarez Braña.
 

Da materia de Tecnoloxía Industrial 2 de 2ºde Bacharelato en colaboración có club de Ciencia Zalatecno coa docente MªPaz Freire Campo.

 

Triquetra

Zalaeta

triquetra1

triquetra2

triquetra3

triquetra4

10

IES A Xunqueira II
Alumnado do IES A Xunqueira II
‐ Club de Ciencias do IES A Xunqueira II
Naomi, Erika, Joel, Jesús...
‐ Grupos de 1º ESO e desdobramentos.

Profesorado do SEMGAL e do Club de Ciencias do IES A Xunqueira II
‐ César Tejada Cid
‐ Esther Padín Vidal
‐ Alba González Picáns
‐ Soraya Suárez Quintas
‐ José Carlos Calviño Iglesias
Xunqueiredro II
11

IES de Meaño

Alumnos de Plástica de 4º de ESO (28 alumnos)

Prof Arántzazu Diñeiro López e Equipo de Diamización da Lingua Galega. 

Vendo que tiña unhas características similares a un Octaedro regular

OCTAEDRO ESTRELANGULAR

 

12

IES Camilo José Cela

Grupo participante: 4º ESO A

Profesores participantes:  
Profesores do departamento de Matemáticas:  
 Rosana Mirón Blanco, Alejandro Reborido Santos, Manuel Gandara Pastrana
 e  Mercedes Ferreiro Castro.  
Profesor do departamento de Xeografía e Historia
 Xoan Santaló Ríos, artífice da impresión das pezas en 3D

Amora

Conseguido

13

   
14

   
15

   
16

;
   
17

IES do Milladoiro
Alba Sueiro, Irene Vázquez, e
 Lucía Romar de 3º da ESO.
• Profesorado que colaborou: Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do
Milladoiro.
 

A estrela perdida

Milladoiro

Milladoiro1

18

   
19

IES Nº1 Carballiño
Profesora Carmen Sánchez Pérez e Xurxo Sánchez Arines.
Os nomes con apelidos das alumnas de 2 EsoC son:
Alejandra Castro Santiago
Sabrine Farid
Inés Garrido Fernández
Mara Gómez Torres
Aldara González Mosquera
 
Estreledro
20

   
Taxonomía