Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego 2022

Submitted by admin on Ven, 09/16/2022 - 11:22

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo mes da ciencia en galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cun plantel de Videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.

Novos poliedros 2022

Submitted by admin on Sáb, 09/03/2022 - 12:25

Convocamos, polo mes da Ciencia en galego 2022, e homenaxeando a Evarist Galois, o creador do concepto de grupo e da Simetría Científica que abrangue á Arte, ás Matemáticas, en especial a Física actual, a Química, A Cristalografía, os Grupos de Simetría planos (17) e aos grupos de Simetría espaciais (230), á  Cosmoloxía,...Por segunda vez e esta vez dándolle un pequeno toque fractal, ademais de extremadamente simétrico aos poliedros propostos. Diciamos o ano pasado que:

Gañadores do XXX Rally Matemático sen Fronteiras

Submitted by admin on Ven, 04/01/2022 - 11:00

1ºs premios do XXX Rally Matemático sen Fronteiras

4º ESO Física e Química

CPR Nosa Señora dos Remedios de Santiago de Compostela

4º ESO Matemáticas

IES Manuel Murguía de Arteixo

3º ESO Matemáticas

CPR Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra

2º ESO Matemáticas

IES nº 1 de Carballiño

1º ESO Matemáticas

CPR Nosa Señora dos Remedios de Santiago de Compostela