Rally sen Fronteiras
Final da fase galega do Rally Científico Matemático, comezo da fase internacional
Finalizada a proba galega do Rally matemática e a correspondente entrega de premios, o xoves día 30 de marzo na Facultade de Química, xa coñecemos os grupos que nos representantarán na fase internacional que terá lugar en Toulouse.
1º de ESO Matemáticas
IES Plurilingüe Rosalía de Castro-Santiago. Curso 1º ESO A. Profesora Sara María López Álvarez.
2º de ESO Matemáticas
IES O Couto-Ourense. Curso 2º ESO B. Profesora Rosa Díaz Lama
3º ESO Matemáticas
IES Eduardo Blanco Amor-Ourense. Curso 3º B. Profesor Carlos Ferreiro García
Finalistas do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2017. Celebrando os 25 anos de Rally Matemático
Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
Patrocinan ou colaboran
- Read more about Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
- Log in to post comments
Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego
Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.
We are the champions
Levamos catro anos, os catro anos de existencia do novo Rally científico e matemático, creado e dirixido por Igaciencia, gañando na Superfinal do Rallye Matemátique en Toulouse. Nos 20 anos anteriores do Rallye Matemático só un grupo galego gañou un ano en Toulouse. Necesitábase mellorar, dar un xiro de temón. Agora gañamos en parellas de dous ou de tres, copamos as copas dos gañadores. A razón, organización e normas transparentes que só deixan pasar aos millores e a maior participación e autonomía dos centros.
- Read more about We are the champions
- Log in to post comments
Finalistas do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016
Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos!
Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 8 de abril na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO.
Os alumnos virán co DNI correspondente.
Actividades de Igaciencia no Primeiro Cuatrimestre de 2016
-Robótica
Para que os centros podan organizar o seu calendario de actividades extraescolares do curso, comunicamos que o Concurso Galego de Robótica celebrarase nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña os días seguintes:
Vigo do 12 ao 15 de abril na sede de Vigo, Policarpo Sanz 31, 36202 Vigo.
A Coruña, do 18 ao 22 de abril na sede de A Coruña, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña