Rally Matemático

Rally Científico e Matemático sen Fronteiras. Clasificados na fase de centro.

Submitted by admin on Mér, 03/18/2020 - 11:52

Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou na fase de centro.

A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida cada ano máis polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.

As datas que se barallaban para a fase galega e internacional quedan á espera de boas novas.

Ánimo!