Está composta de tres liñas de traballo dirixidas por
Francisco Botana (Sage e Geogebra) fbotana en uvigo.es
Mario Rodriguez Riotorto (Maxima e R) mario en edu
Manuel Díaz Regueiro (Python e Blender)
Unha introducción ao tema do software matemático libre
Obxectivos da Rede Galega de Software Matemático Libre (RGSML)
. Os xerais (asesoramento, desenvolvemento, investigación, avaliación, formación, certificación, formación do profesorado, impulso e divulgación).
. A certificación con recoñecemento da Rede, dos niveis de Usuario, Experto e Formador nalgún paquete definido de Software Matemático Libre (Nun primeiro momento, de Maxima, Sage, Python, Blender ou R)
A RGSML está aberta á participación de calquera usuario de Soft Libre para Matemáticas que solicite adscribirse á Rede como Asociado para colaborar máis estreitamente nas súas actividades. Tamén pode sumarse á nosa Lista de Correo para permanecer periodicamente informado das actividades da Rede.
- Log in to post comments