Arte e Ciencia. Balance

Submitted by admin on Tue, 11/26/2013 - 16:32

Dentro do “ciclo Arte e Ciencia” realizáronse: propostas de actividades nas webs, concursos, obradoiros de cúpulas xeodésicas nos centros educativos, xornadas de formación para o profesorado, conferencias e a exposición Arte e Ciencia, que pechamos o pasado día 20 de novembro.

O balance é positivo, pola diversidade de colectivos e número de asistentes –ao redor de mil seiscentos- e pola  satisfacción por contribuír a establecer visións integradas e integradoras que, sen dúbida, propician unha maior comprensión da ciencia e da arte.

Fíxose visible a funcionalidade do coñecemento científico e a súa validez para interpretar desde feitos cotiáns ata obras de arte. Outro tanto podemos dicir da lingua galega, válida e conveniente tanto para facer ciencia e arte como para interpretalas.

Grazas a todos os que participaron con nós nesta “aventura”.

Algunhas fotos de grupos que participaron na exposición e obradoiros.

expo

expo2

expo3

expo4