Primeiros pasos do Rally sen Fronteiras 2014

Submitted by admin on Thu, 01/16/2014 - 16:32

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 17 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

Un profesor pode estar con varios grupos de calquera materia (cada un deles con acceso a un portátil con Internet). Non se ten que desprazar a ningún outro centro.

Recibida a proba, os alumnos deberán poñer as solucións nunha páxina web de Igaciencia, con algunhas explicacións dos pasos que seguiron. De ter problemas con Internet deberán envialo por email en formato odt ou word.

Corrixidas as probas, en poucos dias se convocarán aos tres primeiros grupos de cada concurso a Santiago, realizadas as probas e corrixidas pola organización e o profesorado participante, se declararán os gañadores. Ese mesmo día farase a entrega de premios.

Semana do 23 de maio os 40 alumnos dos 5 grupos gañadores, ademais de facer unha viaxe ás principais atraccións de Toulouse (AirBus, Cité des sciences, Carcasonne,..) participarán nas probas o día 23. Cada grupo deberá ir acompañado dun profesor.

Obxectivos principais do Rally sen Fronteiras:

-Promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes.

-Demostrar que os temas de ciencias e matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos

-Favorecer o traballo colaborativo, en equipo.

-Vivir as ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.

-Abrir as fronteiras e participar xunto nun mesmo concurso de Ciencias e Matemáticas con alumnos doutros países.

Inscríbete aquí

 

Novidades na convocatoria 2014 da fase galega do Rally: Inscríbete aquí

  • Convócase o II Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias:

Destinado a 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía)

Amplíase, xa que logo ao ámbito científico.

  • Amplíanse os destinatarios do Rally de matemáticas acollendo tamén ao alumnado de 1º e 2º da ESO .

Así, o Rally Matemático sen Fronteiras terá unha proba para  1º, 2º, 3º.e 4º  da ESO.

As probas realizaranse o día 17 de marzo e os grupos  terán un número máximo de compoñentes de 8 estudantes.

Procédese a realizar as modificacións citadas atendendo a:

 Nos últimos anos os grupos eran moi diversos en número,  desde 8 a 30 participantes, polo que non había igualdade na participación e na realización da proba.

Había alumnos que participaban "obrigados" polos seus compañeiros, xa que as normas contemplaban que debían participar todo o grupo clase. Desta maneira aseguramos a motivación dos rapaces e rapazas.

A nova estrutura facilita a asistencia  á Superfinal de Toulouse o día 23 de maio, xa que poden asistir un total de 5 grupos de 8 compoñentes.

Cada profesor efectuará a vixianza da realización da proba do seu grupo de alumnos, que a partir da edición de 2013, será online. Así non terá que realizar desprazamentos a outras localidades, como se viña facendo ata ao momento. Para dirimir empates e determinar a clasificación, faremos unha proba final presencial cos grupos gañadores. A entrega de premios farase nese mesmo día para evitar novos desprazamentos do alumnado e profesorado.

Recoméndase que o profesorado- sobre todo o de ciencias, pero tamén matemáticas- propoña exercicios para as probas. para ter unha base de datos de exercicios.

Na final, o profesorado dos grupos gañadores terá unha participación activa na corrección e revisión dos exames para determinar os gañadores.  que viaxarán á Superfinal de Toulouse do día 23 de maio.

En caso de empate en calquera das probas, un criterio de desempate será a orde de inscrición.na web

Patrocinadores. A Consellería de Cultura e Educación  colabora co pago do autobús para a viaxe a Toulouse dos grupos gañadores e os premios a todos os alumnos que cheguen á final de Santiago..

Curso

Materias que entran

Tipo de Rally

Data 1º proba en Galicia

Data superfinal Toulouse

1º da ESO

 

Matemáticas

 

Matemáticas

17 de marzo de 2014

23 de maio de 2014

2º da ESO

Matemáticas

Matemáticas

17 de marzo de 2014

23 de maio de 2014

3º da ESO

Matemáticas

Matemáticas

17 de marzo de 2014

23 de maio de 2014

4º da ESO

Matemáticas

Matemáticas

17 de marzo de 2014

23 de maio de 2014

4º da ESO

Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía

Ciencias

17 de marzo de 2014

23 de maio de 2014