
Parabéns a todos os equipos galegos que participaron na Final do Rally sen Fronteiras en Toulouse. Por primeira vez todos os equipos galegos acadaron a posición de gañadores subindo ao podio e recibindo a copa correspondente. Destacamos especialmente ao equipo do IES Lauro Olmo do Barco por acadar o primeiro posto internacional na súa categoría de 3º da ESO. O novo sistema de selección dos equipos mellora de ano en ano os resultados dos nosos concursantes.
Aquí iremos poñendo as fotos dos gañadores
http://www.laregion.es/
http://www.lavozdegalicia.es/
A acta do Rally di o seguinte: Cada unha das clases participantes na Superfinal de Toulouse son gañadoras dunha rexión francesa ou internacional e o resultado é:
- Na categoria 5°, gañadora, a clase "1-ESO-IES Terras de Transacos" (ex-aequo con dúas clases de Francia)
- Na categoria 4°, gañadora a clase "2 ESO-IES a Sangriña" (ex-aequo con 3 clases de Francia)
- Na categoria 3°, gañadora a clase "3 ESO-IES Lauro Olmo O Barco de Valdeorras", sen o ex-aequo, campiona absoluta de 3º, polo tanto.
- As clases de 4ºESO CPR Asunción de Sarria e a de 4º ESO IES Otero Pedrayo de Ourense non quedaron de primeiros como as anteriores, pero si finalistas subindo ao podio polo seus postos destacados.
- As Fotos:
O CPR da Asunción de Sarria no Progreso IES Otero Pedrayo na Región IES Otero Pedrayo en Toulouse IES Lauro Olmo en Toulouse, diante do centro da proba en Toulouse IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras preparados para facer a proba en Toulouse O Equipo do IES a Sangriña de A Guarda - Varias fotos do equipo do IES de Trasancos
- Log in to post comments