Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.
A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Garda), IES Xermán Ancochea Quevedo ( A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais 2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) , conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier de Toulouse. Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.
Parabéns aos nosos campións!
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde un encontro equipo gañador do Rally Científico Matemático 2015, que se impuxo o pasado día 22 na fase final de Toulouse. Acudiron á cita, na Cidade da Cultura de Galicia, os 40 estudantes dos institutos galegos Os Rosais 2 de Vigo, A Sangriña da Guarda, Xermán Ancochea da Pobra de Trives, Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e María Casares de Oleiros, que viaxaron á cidade francesa para disputalo e que se fixeron co premio logo de resolver catro problemas cunha puntuación de 10. A iniciativa, coordinada por IGACIENCIA, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Log in to post comments