Balance Obradoiros de Robótica 2015

Submitted by admin on Sat, 06/06/2015 - 16:32

Unha edición máis queremos comunicar a nosa satisfacción polo apoio unánime do profesorado expresado tamén a través das enquisas de avaliación. A vosa valoración e loanzas, que compartiremos tamén co equipo de monitores, sen dúbida darannos ánimo para seguir nesta liña.
O noso sincero e efusivo agradecemento a todos os que contribuíron ao éxito da actividade: patrocinio de educaBarrié, equipo de espléndidos monitores e monitoras e confianza e ilusión do profesorado participante.

Datos

Media das valoracións realizadas por 114 profesores: 3,72 sobre 4

Participación en febreiro (A Coruña) de 37 centros e 1330 alumnos e en maio (Vigo) de 25 centros e 800 alumnos

Total: 2130 alumnos, 114 profesores e 62 centros

Distribución xeográfica dos 62 centros educativos participantes en

Obradoiro De Robótica 2015. Mapa feito con Tablas Fusión, como as que explicamos no congreso de Software Libre