Desde Igaciencia queremos contribuír coa exposición A Ciencia a Tecnoloxía da Luz á celebración do Ano Internacional da Luz
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2015 como o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz. Non é casualidade que se escollese precisamente este ano. E a razón non é outra máis que a conmemoración de diversos aniversarios: os traballos no campo da óptica realizados en 1015 por Alhacén, a natureza ondulatoria da luz proposta por Fresnel en 1815, o 150 aniversario da síntese electromagnética de Maxwell, o centenario da teoría xeral da relatividade de Einstein e as achegas de Charles Khao en 1965 sobre o emprego da fibra óptica nas comunicacións.
Estanse a realizar actividades de divulgación en todo o mundo, e nós propoñémonos desenvolver esta actividade en Galicia coa finalidade de achegar á sociedade a importancia da luz a as súas tecnoloxías na vida diaria e fomentar vocacións científicas.
Nome da exposición “A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz”.
Actividade de carácter divulgativo, lúdico e interactivo que está formada por varios carteis e mesas temáticas con experiencias e material manipulativo.
Tres liñas de carteis. Uns enfocados a facilitar a comprensión e o coñecemento científico e aportan a visión da construción da ciencia como unha tarefa colectiva, unha construción humana progresiva e non como un conxunto de verdades reveladas, o papel da experimentación no avance do coñecemento científico, o papel dos modelos e as aplicacións das propiedades da luz.
Outros, orientados a favorecer o papel da luz no coñecemento e investigación espacial, presentarán un panorama das ondas electromagnéticas e das súas aplicacións no dominio espacial. Para esta parte contamos coa colaboración do CNES -CENTRE NATIONAL D'ÉTUDES SPATIALES- Toulouse.
E outros analizan e explican fenómenos relacionados coa luz tanto cotiáns como de gran impacto futuro.
Os módulos de experiencias exploran a ciencia e a tecnoloxía que xira ao redor da Luz. As Matemáticas, a Física, a Química, a Robótica, a Arte, a Percepción e a Psicoloxía entran de cheo na nova exposición.
Así, podemos clasificar as experiencias baixo os seguintes epígrafes. En cada un deles citaremos, a título de exemplo, unha ou dúas das varias experiencias que aglutina,
-Luz e informática. Programas explicativos
-Sundials ou Reloxos de Sol. Código de barras. Lendo e creando códigos de barras de diversos tipos.Espellos, Lentes. Números e cores. Google cardboards para ver realidade virtual, realidade aumentada e 3d.
Luz e tecnoloxía
Portas de luz láser. Fotografía a alta velocidade. Luz e Arduino: 10 exemplos. Luz e robótica e informática con EV3
Robot que segue unha determinada liña co sensor de luz
Movemento con potencia proporcional á intensidade da luz que recibe. Moverse cara a luz. ..
Luz e Arte
Ideas sobre a visión e a percepción da cor que marcaron todo un século da arte pictórica. Ilusións ópticas. Anamorfismo.
Luz e Astronomía
Sextante, medida da Terra de Eratóstenes, cartel xigante de Historia da Astronomia
Luz e xeometría
Viaxe cara ao infinito, multiplicador de imaxes, periscopio, caleidoscopio…
Luz e Matemáticas
O principio de Fermat, medir as alturas con espellos (Euclides), medir con luz, simetrías con espellos, caleidoscopios poliédricos,,,....
Luz e cultura As festividades anuais celtas, Día e noite, Os deuses do Sol e da Luz...
Luz e percepción
Varios experimentos están relacionados co funcionamento do ollo, de como este recolle a luz e a procesa. Outros tratan a visión tridimensional e a súa simulación a partir de figuras bidimensionais.
Luz e física
Experimentos de Newton, a espectroscopia, os discos CD e DVD con lectura láser, os láseres, a luz coherente, onda e partícula, os buracos negros, relatividade e luz, etc ,etc
Onde está previsto realizar as exposicións?
En Lugo, no Museo Provincial de Lugo do día 14 ao 29 de novembro de 2015.
En Santiago, nas Galerías Sargadelos do día 3 ao día 11 de novembro de 2015. Inauguración o día 3 de novembro ás 7 da tarde.
No Muncyt, en Coruña, os días 11, 12 e 13 de decembro de 2015,
No Centro Ágora, na Coruña, do 26 ao 30 de setembro de 2016
Aínda máis exposicións Arte e Ciencia en Ourense do día 14 ao 20 de outubro de 2015.
Imaxes
- Log in to post comments